Skip to Content

Anacos de Papel

Cantas emocións poden ir condensadas en anacos de papel!

O alumnado do IES Xoán Montes intercambia mensaxes de amor, aprecio e amizade por San Valentín.

anacos amor

Anacos de papel. Inés Iglesias. CC BY-SA

NOVAS DATAS. OBRADOIRO PARA AS FAMILIAS: COMUNICACIÓN EFICAZ COS NOSOS ADOLESCENTES

Desculpade as molestias, vémonos na obriga por motivos organizativos de retrasar unha semana o comezo do obradoiro dirixido ás familias: Comunicación eficaz cos nosos adolescentes.

As datas serán:

mércores 16 de febreiro de 17-19h

- 9 de marzo de 17-19h

- 16 de marzo de 17-19h

 

Prégase inscribirse antes do 9 de febreiro no correo: ines.iglesias@iesxoanmontes.gal

 

 

ACTIVIDADES EDLG 21-22

ACTIVIDADES EDLG 21-22

ESCOLMA*



+CERTAME DE GRAFITIS, DO 7 AO 21 DE FEBREIRO

+CERTAME DE HAIKUS, DO 7 AO 21 DE FEBREIRO

+CERTAME DE SKETCHS, DO 7 AO 21 DE MARZO

+CERTAME DE CONTOS, DO 28 DE MARZO AO 8 DE ABRIL

+CERTAME XACOBEO DO 19 AO 30 DE ABRIL

+SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, DO 2 A0 20 DE MAIO (CERTAMES DE NARRATIVA, POÉTICA, ENSAIO, TEATRO...)



*a totalidade das actividades… no blog, AS TRASNADAS DO XOÁN

CHARLA COAS FAMILIAS: "COMO FALAR PARA QUE ME ESCOITEN E COMO ESCOITAR PARA QUE ME FALEN"

Seguimos recibindo inscricións para a charla coas familias do IES Xoán Montes ata o día 24 de xaneiro no correo ines.iglesias@iesxoanmontes.gal.

O tema, imprescindible nos tempos que corren: Como falar para que me escoiten, como escoitar para que me falen.

Agardámosvos no Salón de actos da Deputación o mércores día 26 ás 19:30. (No caso de ser pechada a sala por cambio de normativa covid, faríamos a charla no ximnasio do IES Xoán Montes; de seren así soamente entrarían as 40 primeiras persoas apuntadas por rigoroso orde de inscrición).

charla familias

 

POSTAIS DE NADAL

O alumnado de 1ºESO do IES Xoán Montes deseñaron unhas fermosas postais para os seus mestres de primaria.

As postais foron elaboradas nas clases de inglés e de titoría empregando todo tipo de materiais, resultando unha gran variedade de deseños.

Para a entrega das postais contamos coa inestimable axuda duns eficientes paxes reais que levaron a cada centro as postais correspondentes. Moitas grazas, Gerardo!

Esperamos que os/as destinatarios/as desfrutaran moito da sorpresa!

 

Velaquí algunhas imaxes para ilustrar esta bonita acción.

 

Postal de Brais Vélez (1º ESO). Postal de Álvaro del Campo (1º ESO). Ruta de entrega de postais de Gerardo Baamonde. Sobres de entrega. Equipo de Acollida. 

 

Un mundo cheo de corazón

Agardamos que o novo ano 2022 sexa un ano de ilusións, éxitos e emocións.

E que consigamos entre todos construír un mundo cheo de CORAZÓN!

BO NADAL

A comunidade educativa do IES Xoán Montes deséxavos un Bo Nadal e próspero Ano 2022.

bo nadal

 

25N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo (1º BAC) realizou os seguintes carteis co motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, desexando que no futuro non haxa que conmemorar este día.

Despois de aprender termos que resultaban algo confusos como feminismo, sororidade ou violencia vicaria, reflexionamos sobre esta lacra que afecta á nosa sociedade.

O alumnado escolleu motivos, referencias ou citas históricas para realizar os carteis coa ferramenta Canva para dar visibilidade e denunciar os distintos tipos de violencia que sofren as mulleres.   

Distribución de máscaras

Aqui  se pode consultar a información sobre a distribución de máscaras.

Eleccións ao Consello Escolar.- Sector familias

Aqui se pode consultar información sobre a renovación parcial do Consello Escolar deste centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut