O Consello da Xunta acordou na súa última xuntanza poñer a disposición dun milleiro de familias con recursos limitados un ordenador portátil e unha conexión á rede (gratuíta grazas á colaboración dos operadores Orange, Vodafone e R), para facilitarlle a este alumnado o seguimento da actividade educativa.
Os departamentos didácticos e profesorado acordaron co alumnado distintos medios de contacto, envío de material e tarefas e corrección destas. Posto que algúns empregan a aula virtual, deixamos aquí un enlace que pode ser do seu interese, xa que se trata dunha guía rápida para o uso desta aula.
Infórmase á comunidade educativa do IES Xoán Montes que se procede á suspensión de todo tipo de actividade lectiva a partir do próximo luns 16 de marzo de 2020 por un período de 14 días.