Reunión alumnado 1º de ESO curso 2022-2023
O día 15 de xuño ás 18:00 horas haberá unha reunión para familias ea lumnado que vai cursar 1º de ESO no noso centro no curso 2022-2023.
Exames convocatoria extraordinaria 1º e 2º Bacharelato
As datas e horarios dos exámes da convocatoria extraordinariade bacharelato do curso 2021/22 son as
Calendario de matrícula para o curso 2022/23
O periódo de matrícula para o curso 2022/23 realizarese en horario de 9:30 a 13:30 nas fiestras de administración segundo o seguinte calendario:
Día | Curso |
29 xuño | 1º de ESO |
1 xullo | 1º de Bacharelato |
4 xullo | 2º de Bacharelato |
5 xullo | 2º de ESO |
6 xullo | 3º de ESO |
7 xullo | 4º de ESO |
8 de xullo | Incidencias |
Entrega de notas da terceira avaliación en ESO e da avaliación ordinaria en 1º de Bacharelato
A entrega de notas da terceira avaliación nos grupos da ESO realizarase do seguinte xeito:
- O luns, 6 de xuño, entre as 21 e as 22 horas estarán dispoñibles as notas na aplicación Abalarmóbil.
- O martes, 7 de xuño, no horario lectivo, o titor/a entregará boletín de notas asinadas xunto cos informes específicos asinados por cada profesor/a das materias que teñen que recuperar cara á avaliación ordinaria. As actividades de recuperación e ampliación de cada materia realizaranse ata o 22 de xuño incluído.
A entrega de notas da avaliación ordinaria nos grupos 1º de Bacharelato realizarase do seguinte xeito:
- O mércores, 8 de xuño, entre as 21 e as 22 horas estarán dispoñibles as notas na aplicación Abalarmóbil.
- O xoves, 9 de xuño, no horario lectivo, o titor/a entregará boletín de notas asinadas. As actividades de preparación das materisa para a avaliación extraordinaria e de ampliación realizaranse ata o 22 de xuño incluído.
- O periodo de reclamacións contra as calificación da avaliación ordinaria será o 9 e o 10 de xuño.
O Clube de Ciencias en Ponteciencia 2022
O noso clube de ciencias participa en Ponteciencia 2022.con 3 proxectos chulísimos sobre a aplicación da tecnoloxía a resolver problemas da vida cotiá para invidentes e daltónicos, sobre o aproveitamento da auga para regar plantas e sobre sobre a producción de bioelectricidade con plantas.
Todos os proxectos se poderán visitar no horario de visita libre:
- O venres 27 de maio de 2022 de 18;30 a 19:30.
- O sábado 28 de maio de 2022 de 11:00 a 13:30
O Programa é o seguinte:
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar. Curso 2022-2023
1.- NORMAS XERAIS
Dirixida ao alumnado do centro, que pode solicitar:
- ALUMADO MATRICULADO EN 1º E 2º DE ESO NO CURSO 2022/23: Só axudas para adquirir material escolar. Este alumnado non poderá solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto xa que ao ser o noso centro un centro EDIXGAL todo o alumnado destes niveis teñe garantidos un mínimo de 6 libros dixitais gratuitos.
- ALUMADO MATRICULADO EN 3º E 4º DE ESO NO CURSO 2022/23: Participación no fondo solidario de libros de texto e/ou axudas para adquirir material escolar.
2.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
- Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2021/22.
- Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2022/23 e devolvelos ao rematar este no mes de xuño.
- Destinar o importe do vale para libros a adquirir, única e exclusivamente, os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
- Destinar o importe do vale para material, única e exclusivamente, a adquirir o material escolar que necesite.
- Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
PRAZO: As solicitudes poderán facerse entre o 19 de maio e o 22 de xuño de 2022.
MODO: O solicitante será o pai/nai/titor legal do alumno.
- Presentación electrónica: unha solicitude por fillo/a.
- Presentación non electrónica: unha solicitude única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente
LUGAR: As solicitudes poderán facerse:
- Preferiblemente por vía electrónica nos formatos dispoñibles na aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros a través da sede electróncia da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
- Presencialmente no centro docente no que estea admitido o alumno para o curso 2022-2023. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/22.
- Calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
FORMULARIO: (Anexo I) dispoñible:
- No portal educativo, http://www.edu.xunta.gal
- Nos centros educativos
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:
Xunto coa solicitude haberá que entregar a seguinte documentación, referida á situación a 31 de decembro de 2020:
- Anexo II: comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
Segundo a situación do alumno/a haberá que entregar outra documentación (sentencia xudicial de separación ou divorcio, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbitofamiliar, resolución administrativa o xudicical que acredite a situación de acollimiento...).
4.- CALENDARIO DE APLICACIÓN
- Presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 (incluídos).
- Listaxes provisionais de admitidos e excluídos: 11 de xullo de 2022.
- Listaxes definitivas de admitidos e excluídos: 18 de xullo de 2022.
5.- LEXISLACIÓN APLICABLE
Admisión de alumnado 2022-2023: Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos
As familias solicitantes de praza no proceso de admisión para o curso 2022-2023 poden consultar a resolución definitiva de admitidos e non admitidos no taboleiro do centro e na aplicación de admisión (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) con certificado dixital ou Chave365 (Menú Solicitudes > As miñas solicitudes).
A data de publicación é 13 de maio de 2022.
Entrega de notas e reclamacións alumnado 2º Bacharelato
A entrega de notas da terceira avaliación e avaliación ordinaria do alumnado de 2º de Bacharlelato será:
- Mércores 18 de maio entre as 20 e as 21 h. por Abalar. A partir desta comunicación electrónica comezará a contar o prazo para realizar reclamacións ás calificacións.
- Xoves 19 de maio ás 11 h. en papel na súa aula de referencia.
O prazo de presentación de reclamacións será ata o venres 20 de maio ás 14h. na oficina do centro.
Obradoiros para as familias Concello de Pontevedra
Dende o Concello de Pontevedra ofertamos Obradoiros Familiares que están pensados como un espazo puntual de reunión para familias, no que se aborda un tema de interese de forma monográfica e intensiva (cada temática trátase nun obradoiro de 1:30 de duración), impartidos por profesionais expertos en educación e prevención.
As temáticas son as seguintes:
Obradoiro 1. “Familias dixitais I. Aprendendo conceptos.
Obradoiro 2. “Familias dixitais II. O novo mundo virtual”.
Obradoiro 3. "Fortalecendo familias: Prevención do consumo de drogas".
Obradoiro 4. “Falando de sexualidade en familia”.
Obradoiro 5. "O papel da familia nos hábitos de estudo".
Tendes máis información no documento adxunto.
Pregamos difusión entre as familias.
GRAZAS
Adaptación da concreción curricular 2021-2022
Poden consultar a adaptación da concreción curricular do curso 2021-2022 na seguinte ligazón.
Admisión de alumnado 2022-2023: Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos
As familias solicitantes de praza no proceso de admisión para o curso 2022-2023 poden consultar a resolución provisional de admitidos e non admitidos no taboleiro do centro e na aplicación de admisión (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) con certificado dixital ou Chave365 (Menú Solicitudes > As miñas solicitudes). Ábrese dende hoxe un prazo de cinco días hábiles para a presentación de alegacións.
As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.
VIII Certame de Fotografía Matemática
Chegado o último trimestre do curso académico, o Departamento de Matemáticas do IES Gonzalo Torrente Ballester organiza o xa tradicional Concurso de Fotografía Matemática, o cal este ano ten como título "Series e Padróns".
Escaneando o código QR incluído no seguinte cartel, poderedes ler as bases do concurso.
Un ano máis, a entrega de fotografías realizarase a través dun formulario ao que accederedes empregando a vosa dirección de correo electrónico do dominio do instituto. Despois do cartel atoparedes outro código QR que vos levará directamente a ese cuestionario.
ACCESO AO FORMULARIO PARA A ENTREGA DE FOTOGRAFÍAS:
Proceso admisión curso 2022/2023
PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023
Se queres acceder á aplicación informática do proceso de admisión preme AQUÍ
RESERVA DE PRAZA. Desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.
Por parte do alumnado dos centros adscritos (CEIP Cabanas, CEIP San Martiño e CEIP A Carballeira)
Farase: por medios telemáticos no enderezo http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou no centro de orixe.
VACANTES. Antes do 1 de marzo publicación dos postos vacantes no centro. Ver vacantes
SOLICITUDE DE ADMISIÓN.Desde o 1 ao 21 de marzo, ambos inclusive.
Por parte de alumnado que non pertence a un centro adscrito ou que se reincorpore ao sistema educativo.
A solicitude será única. De ter presentadas máis de unha perderá os dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.
Presentarase: por medios telemáticos no enderezo http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou ben na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar.
BAREMACIÓN.Entre o 24 de marzo e o 6 de abril.
Cando a demanda de prazas sexa superior á oferta de vacantes, as familias poderán presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión alegados na súa solicitude. De non facelo entenderase que renuncia á valoración correspondente.
CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO. Residir en zona limítrofe á area de influencia do centro (acreditado mediante volante histórico de convivencia)
LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN. Publicaranse antes do 25 de abril.
Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión.
Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse á corticeira do hall do centro ou ben a través sede electrónica coa súa conta.
LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN. Publicaranse antes do 15 de maio.
Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión.
Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse á corticeira do hall do centro ou ben a través sede electrónica coa súa conta.
MATRÍCULA. Para todo o alumnado, sexa novo ou non, que quera cursar estudos no centro.
-
Matrícula ordinaria (Xuño/xullo). Entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.
Para o alumnado novo e o alumnado do centro.
Podes consultar a normativa sobre o proceso de admisión:
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do a lumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Concurso pilabot
Publicación de candidaturas aos distintos sectores do Consello Escolar
Informámoslles que na sesión da Xunta Electoral do centro celebrada con data de 17 de novembro, esta procedeu a:
- Proclamación das candidaturas presentadas polos distintos sectores segundo se indica seguidamente:
SECTOR DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS DO ALUMNADO
1.- D./Dª Pablo Ramos Tetilla
SECTOR DO ALUMNADO
1.- D./Dª Elena Garnelo González
- Aprobación e publicación definitiva dos distintos censos electorais que poden consultar no taboleiro de anuncios do centro.
- Designación mediante sorteo dos catro membros, tanto titulares como suplentes, que formarán parte das mesas electorais correspondentes.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »