Proclamación das candidaturas polos distintos sectores ao Consello Escolar
SECTOR - Nais, pais e titores/as legais do alumnado:
1.- Dª Alejandra Garrido Aguete
2.- Dª Mª Begoña Díaz Fernández
SECTOR - Profesorado:
1.- Dª Ana Martín Fernández
2.- Dª Cristina Cobas Paz
3.- Dª Nuria Isabel Fernández García
4.- Dª Saray Fernández Iglesias
5.- D. Juan Carlos Vinagre Torres
6.- Mª Mercedes Suárez Albares
7.- Ana Blanco Esteban
SECTOR - Alumnado:
1.- Alexandre Garrido Roca
Apertura do prazo de reclamación á proclamación das candidaturas: diás 22 e 23 de novembro.
Premios no II Concurso de drons na aula
O pasado xoves 10 de novembro o alumnado de 3º de Educación Dixital e de 4º da ESO de Tecnoloxía do IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra participou no XIII Edición do Obradoiro e concurso galego de Robótica e drons titulado “A maxia da Robótica e dos drons” organizado por Igaciencia coa colaboración do Concello da Coruña.
Neste concurso participaron máis de 800 alumnos galegos da ESO, Bacharelato e FP cuio obxetivo é formar ao alumnado no eido da Robótica e a programación.
Os gañadores do “II Concurso de drons na aula” na categoría de 4º da ESO, Bacharelato e Formación Profesional foron Ángel Rey Cores, María Argibay Pastoriza e Pablo Álvarez Méndez, alumnos de 4º da ESO do noso centro, acompañados pola profesora Elena Vázquez.
A entrega de premios tivo lugar o venres 11 de novembro ás 17,30 no Centro Sociocultural Ágora na Coruña polo responsable de Igaciencia e polo Conselleiro de Educación, Memoria histórica, Innovación, Industria e e Emprego Jesús Celemín quen destacou o enxeño e imaxinación do alumnado participante.
|
Recomendacións para reducir o peso das mochilas
O peso das mochilas do alumnado é un problema que pode chegar a afectar a súa sacude. Aquí vos deixamos algunhas recomendacións acordadas polo claustro de profesorado.
Eleccións ao Consello Escolar
Poden consultar toda a información relativa ao proceso electoral ao Consello Escolar no seguinte cronograma.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar presentando a candidatura polo correspondente sector: responsables, alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos. Nos arquivos adxuntos teñen o formulario que deben presentar por rexistro na administración do centro ata o 18 de novembro, inclusive.
Premios OPEN Science
Listados definitivos do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2022-2023
No taboleiro interior do centro está exposto o listado definitivo de vales de material (todos os cursos de ESO) e os libros de préstadmo asignados (3º e 4º de ESO) para o curso 2022-2023.
IMPORTANTE: Modificación del listado de préstamo de libros de 2º de ESO
Debido a que as materias de Tecnoloxía e Valores pasan a ser materias e-dixgal en 2º de ESO e non precisarán de libro de texto físico para o curso 2022/2023, todo o alumnado que tiña adxudicado un destes dous libros ten agora adxudicado outro máis.
Os listados poden consultarse no taboleiro de anuncios do interior do centro.
Listados provisionais do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2022-2023
No taboleiro interior do centro está exposto o listado provisional de vales de material (todos os cursos de ESO) e o número de libros de préstadmo asignados (3º e 4º de ESO) para o curso 2022-2023.
O prazo de reclamación é de dous días.
O listado definitivo publicarase a partir do venres 15 de xullo.
Premio extraordinario da familia profesional de Edificación e Obra Civil de FP de grao superior para toda Galicia
O IES Gonzalo Torrente Ballester quere felicitar a Irene Veiga e Manuel Souto, ambos alumnos do noso Ciclo Superior Proxectos de Edificación e sendos finalistas no premio extraordinario da familia profesional de Edificación e Obra Civil de FP de grao superior para toda Galicia, correspondente ao curso 2020/21, e en especial a ela, Irene Veiga Mouzo, que resultou finalmente gañadora do devandito premio extraordinario (DOG 07/07/2022).
Listado libros de préstamo de 2º de ESO
No taboleiro interior do centro está exposto o listado de libros de préstamo que ten o centro para 2º de ESO para o curso 2022-2023.
Pregamos póñanse en contacto con nós ante calquer erro no listado ou calquera dúbida ou aclaración.
Apertura do prazo de matrícula para o curso 2022/2023 para o Ciclo Superior de proxectos de edificación
Enlaces:
Enlaces a las empresas colaboradoras:
Entrega de notas curso 2021/2022
A entrega de notas da avaliación extraordinaria de 1º e 2º de Bacharelato realizarase:
- Día 23 de xuño, ás 13:30 horas na aula de referencia entregaremos as cualificacións en papel.
- Dís 23 de xuño, a partir das 14 horas estarán dispoñibles as notas en Abalar.
A entrega de notas da avaliación ordinaria de ESO realizarase:
- Día 27 de xuño, a partir das 21-22 horas estarán dispoñibles as notas en Abalar.
- Día 28 de xuño, ás 11 horas na aula de referencia entregaremos as cualificacións en papel.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »