Relación de libros de texto para o curso 2023-2024

A listaxe de libros de texto para o curso 2023-2024 é a seguinte:

Acto de graduación de 2º de bacharelato

Por fin. Despois dunha semana da súa celebración, xa podemos compartir con vós o acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato.
Agardamos que vos guste.

Gañadores do concurso de fotografia "Doce matemática"

Xa temos os gañadores do IX Certame de Fotografía Matemática "Doce Matemático". Este ano, por primeira vez, produciuse un empate nunha das categorías. Parabéns a todos os galardonados e moitas grazas a todo o alumnado pola súa participación, así como a todas aquelas persoas que votaron para elixir a fotografía máis popular.

Listaxes definitivas de admisión

Estimadas familias:

Informámoslles que a partir de hoxe poden consultar as listaxes definitivas de admitidos tanto no taboleiro de anuncios do noso centro como por vía electrónica a través da aplicación.

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

IX Certame Fotografía Matemática IES Gonzalo Torrente Ballester

Aquí tedes o vídeo con todas as fotografías participantes no IX Certame de Fotografía Matemática que un ano máis organizou o Departamento de Matemáticas do noso centro. A vindeira semana poderedes votar para elixir a "fotografía máis popular", para o cal se habilitará un formulario que tamén publicaremos. Coma sempre, animamos a todo o mundo a que valore o traballo dos nosos alumnos, xa que veredes que entre eles e elas temos a varios artistas

 

Exposición "Matemáticas é nome de muller"

O Departamento de Matemáticas leva xa varios anos traballando co alumnado para procurar dar visibilidade ás mulleres matemáticas ao longo da Historia, as cales, por desgraza, non adoitan aparecer habitualmente nos libros de texto e ás que non se lles teñen recoñecido as súas importantes achegas científicas ata hai ben pouco.
Durante estes días podedes visitar no vestíbulo do centro a exposición titulada “MATEMÁTICAS É NOME DE MULLER”. Consta dun total de 21 infografías de matemáticas de todos os tempos (tamén do século XXI), nas que se amosa o resultado dos proxectos de investigación levados a cabo por varios alumnos e alumnas de 2º Bacharelato dentro da área Matemáticas II.
O seguinte vídeo é un adianto do que atoparedes nesta exposición. Vinde descubrir canto lles debemos a todas esas mulleres científicas e matemáticas.

Calendario de exámenes de materias pendentes de 1º de Bacharelato

Calendario de exames para alumnado de 2º de bacharelato con materias pendentes de 1º de bacharelato

Admisión de Alumnado curso 2023-2024. Publicación das listas provisionais de admitidos.

Informamos que as listas provisionais de alumnado admitido para o curso 2023-2024 pódense consultar no taboleiro de anuncios do Centro ou por vía electrónica a través da aplicación admisionalumnado.

O prazo de reclamacións a estas listas é de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte á súa publicación e deberá facerse ante o Consello Escolar do Centro.

Exposición CineMath

Exposición elaborada por el alumnado de 1º de bachillerato de Matemáticas I sobre la presencia de las Matemáticas en el mundo del séptimo arte.

 

Admisión curso 2023-2024 - Cursos nos que hai que baremar

Informamos que no proceso de admisión de alumnado para o curso 2023-2024 temos que baremar nos seguintes nivies:

 

1º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACHARELATO modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

 

O prazo de presentación da documentación para a baremación é entre o 21 de marzo e o 3 de abril de 2023 (ámbolos dous incluídos)

 

Amisión alumnado curso 2023-2024 - Publicación de vacantes ofertadas

Publícanse as vacantes ofertadas no noso centro para a admisión de alumnado do curso 2023-2024.

Admisión de alumnado curso 2023-2024 - Criterio complementario do centro

Pódese consultar o criterio complementario de centro no seguinte ligazón.

Admisión de alumnado curso 2023-2024 - Alumnado Centros adscritos

Informamos que todo o alumnado dos Centros adscritos que solicitou praza no noso Centro está admitido.

Poden consultar os listados de alumnado no taboleiro de anuncios do noso Centro.

 

Admisión de alumnado curso 2023-2024 - Criterio complementario de Centro

Informamos que o criterio complementario aprobado polo Consello Escolar do centro IES Gonzalo Torrente Ballester con data 30/01/2023 consiste en "residir en zona limítrofe á área de influencia do centro", acreditado mediante volante de empadronamento ou certificado de convivencia.

Proceso de admisión curso 2023/2024

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023/2024

 

Se queres acceder á aplicación informática do proceso de admisión preme AQUÍ

 

Podes consultar o manual para as familias AQUÏ

 

Podes consultar a normativa sobre o proceso de admisión:

    • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
    • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Distribuir contido