Notas da 2ª avaliación
Estimadas famílias
Na tarde de hoxe, venres 27 de marzo, recibimos instrucións da Consellaria de Educación para realizar a 2ª avaliación antes do 3 de abril (venres da próxima semana), data prevista antes do Estado de Alarma, con instrucións de non termos en conta a materia dada nin os exercícios feitos desde o día 16 de marzo.
Con esta decisión das autoridades, o profesorado vese na obriga de calcular a nota da avaliación (unha vez acordadas polos departamentos as rectificacións oportunas da programación no apartado de avaliación) co, mais ou menos abundante, material avaliábel do que se fixo no trimestre até o momento da Alarma.
Tamén será necesario revisar, nas respectivas programacións, o peso da nota da 2ª avaliación na nota final do curso, do que procuraremos informalos nun momento futuro, cando saibamos a que aternos respecto do confinamento e das datas para finalizar o curso.
Espero teñan em conta estas circunstancias para sopesar os resultados (tanto positiva como negativamente).
As notas serán remitadas o día tres, sempre que sexa posíbel, por ABALAR ás familias que estean dadas de alta e por correo electrónico para os que non estean en ABALAR e teñan deixado un correo para contactar. Noutro caso recomendo se poñan en contacto co tutor para, na medida do posíbel estabelecer un mecanismo (correo ordinário, p.ex.) para informalos das notas dos seus fillos.
Um saúdo e moito ánimo
nota informativa sobre Estado de Alarma
NOTA INFORMATIVA
A consecuencia do ESTADO DE ALARMA decretado polo goberno de España (Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo) o CENTRO PERMANECERÁ PECHADO a todos os efectos até o día 29 de marzo.
Porén os profesores do centro manterán a comunicación cos alumnos a través dos diversos sistemas informáticos dos que se dispón (abalar, aula virtual, correo electrónico e, nos casos en que xa existise comunicación previa, polos medios que se estiveran utilizando).
O Decreto citado determina que os prazos de solicitude de praza e matrícula ou calquera outro proceso administrativo fican adiados até a normalización da situación (en principio o prazo ampliarase unha semana despois da normalización da situación)
Para informacións doutra índole, de carácter urxente, poderán chamar por teléfono, entre as 10 e as 13 horas, ao número 886159156, por email ao correo ies.torrente.ballester@edu.xunta.gal ou a través da páxina web do centro.
Reserva de praza para alumnos dos centros adscritos
En relación coa reserva de praza no noso centro, todo o alumnado dos centros adscritos ao IES Torrente Ballester que a solicitaron foi admitido. Lembramos ao alumnado e ás familias deste alumnado que no mes de xuño deberán formalizar a matrícula no centro no día ou días que se sinalen coa antelación suficiente.
Calendario admisión curso 2020-21
CALENDARIO DE ADMISIÓN para o próximo curso 2020-21
Publicación de vacantes escolares |
Antes do 1 de marzo |
Presentación de solicitudes para novo alumnado |
Do 1 ao 20 de marzo |
Presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión (de non haber vacantes suficientes para todas as solicitudes) |
Do 23 de marzo ao 2 de abril 10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes ao prazo de presentación de solicitudes) |
Publicación das listaxes de admitidos e non admitidos |
Antes do 25 de abril |
Prazo para reclamacións ante o Consello Escolar |
5 días hábiles desde a publicación de listaxes |
Publicación das listaxes definitivas |
Antes do 15 de maio |
Presentación de solicitudes de admisión de novos alumnos
a)
PRAZO: do 1 ao 20 de marzo
b)
PROCEDEMENTO:
a.
Presencial (nas oficinas do centro que se solicita en primeiro lugar (de facerse en máis de un perderíase o dereito de prioridade)
b.
A través de sede electrónica: http://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado
c)
DOCUMENTACIÓN:
a.
Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar (cando denegue consulta)
b.
Documento acreditativo da idade da alumna ou alumno
c.
Documento acreditativo dos requisitos académico exixidos en cada nivel educativo
d.
Se é o caso, convenio regulador do divorcio ou separación
Prazas vacantes no IES Torrente Ballester para o próximo curso 2020-21
nivel |
Número de prazas vacantes |
1º ESO |
5 |
2º ESO |
0 |
3º ESO |
5 |
4º ESO |
18 |
1º BACH |
39 |
2º BACH |
76 |
O centro publicará listaxes provisionais de admitidos/non admitidos antes do 25 de abril e definitivos antes do 15 de maio
Para a consulta do estado do procedemento de tramitación as familias poden consultar na web http://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
Para conservar o dereito á praza solicitada, os alumnos deberán formalizar a matrícula nos prazos que seguen:
a)
Prazo ordinario: 25 de xuño ao 10 de xullo
b)
Prazo extraordinario (alumnos con pendentes de xuño): 1 ao 10 de setembro
Reunión de urxencia - Viaxe a Italia
Estimadas familias:
Ante as últimas novas sobre a evolución do 2019-nCoV (Coronavirus) en Italia, convocámolas a unha reunión de urxencia que terá lugar mañá venres 28 de febreiro ás 20:00 horas no salón de actos do IES Gonzalo Torrente Ballester.
Nesta reunión abordaranse as distintas alternativas que se poden adoptar e tomarase unha decisión consensuada.
Solicitude da Tarxeta Sanitaria Europea
Para todo o alumnado que vai participar na viaxe de estudos a Roma é recomendable que tramiten a solicitude da Tarxeta Sanitaria Europea. O procedemento é moi sinxelo e chega nuns 10 días.
Para solicitala poden visitar a seguinte páxina ou no teléfono 901-166-565
Viaxe de estudos a Roma
Próximos xa á realización da viaxe de estudos a Roma, compre asegurarse de que contamos con toda a documentación necesaria. Tal como se especifica na web do Ministerio do Interior deben cumprirse dous requisitos indispensables:
- Todos os menores españois deberán levar o seu DNI en vigor para viaxar fose do territorio nacional, e dentro da Unión Europea, o Espazo Económico Europeo e a Confederación Helvética, ou o seu Pasaporte en vigor se viaxa fóra dos devanditos territorios (terceiros Estados).
- Os menores de 18 anos españois que vaian viaxar ao estranxeiro, non acompañados de calquera dos seus representantes legais (proxenitores ou titor/é), precisarán ademais do DNI ou Pasaporte en vigor, unha declaración asinada de permiso de viaxe fóra do territorio nacional. Para a súa formalización deberá comparecer nunha Comisaría de Policía Nacional ou nun Posto da Garda Civil. Unicamente é necesaria a comparecencia dun dos representantes legais do menor, sempre que posúa a potestade, a capacidade legal oportuna e o consentimento do outro proxenitor, e no seu caso, o dos terceiros dos que facilita datos. Para a comprobación da súa identidade, debe levar consigo un documento de identidade en vigor (DNI ou pasaporte) e a documentación que acredite a filiación e patria potestade do menor (DNI, pasaporte, libro de familia, etc.).
Poden descargar o formulario premendo no título desta entrada ou en:
DATA LÍMITE DE ENTREGA NO CENTRO: 28 DE FEBREIRO
Felicitación de Nadal
O alumnado e o claustro de profesorado do IES Gonzalo Torrente Ballester quérenlles desexar unhas boas festas e un feliz Nadal.
Conferencia "La difícil tarea de educar hoy"
No IES Sánchez Cantón de Pontevedra, o próximo dia 14 novembro, xoves, ás 18'30 horas psicóloga Rocío Ramos-Paúl pronunciará unha conferencia co título de "La difícil tarea de educar hoy"
Actividade para Nais e Pais contra a Violencia de Xénero
Informamos do obradoiro para promover a igualdade e a prevención contra a violencia de xénero, dirixido ás nais e pais do alumnado do Ies Torrente Ballester que se realizará no centro o próximo mércores 7 de novembro e adxuntamos o cartel en arquivo.
Teléfono contra a violencia
TELÉFONO CONTRA A VIOLENCIA
Desde a ANPA “El Pino” queremos presentarvos o Teléfono contra a Violencia de Xénero. É unha das actividades de promoción da igualdad e da prevención da violencia de xénero, financiadas para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e coordinadas pola Secretaría de Igualdade e pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co obxecto de eliminar a discriminación entre homes e mulleres e a promoción da igualdad, xunto coa prevención e erradicación da violencia contra as mulleres.
Este servizo estará activado desde o 30 de noviembre do 2019 e está dirixido a todo o ecosistema educativo do centro, é dicir, alumnado, profesorado, pais e nais e cualquera persoa que teña relación co centro educativo.
O teléfono é o 688 655 099 , número en que os espertos do Equipo WATS atenderán calquera consulta relacionada con casos de violencia de xénero que se poidan dar no noso centro.
Se es vítima, ou coñeces alguén que está a ser vítima de violencia de xénero, manda unha mensaxe de WhatsApp para que se poida dar solución o antes posible.
O uso é moi sinxelo, con enviar unha mensaxe a través do WhatsApp ao número 688 655 099 o Equipo WATS estuda o caso e dá resposta nun máximo de 24 horas. Un esperto contactará coa persoa que pide axuda e a aconsellará sobre a mellor maneira de proceder, garantindo o respecto á privacidade do relatado.
Reunións de titores/as cosas familias
Os vindeiros 12 e 13 de novembro levaranse a cabo as reunión a dos titores/as dos respectivos grupos cosas familias.
Calendarios de exames
Xa están publicados os calendarios de exames correspondentes á 1ª avaliación para todos os cursos da ESO e 1º de bacharelato. No caso de 2º de bacharelato figuran os de todo o curso.
No seguinte video titorial poden aprender o modo de acceso aos mesmos.
Viaxe de estudos de 4º ESO
Formulario de inscrición ENLACE
Nos ficheiros adxuntos teñen o calendario de pagos, as coberturas do seguro de cancelación (opcional) e o programa da viaxe.
Comeza a andadura do STEMbach
Alumnos de tres institutos trabajarán para desarrollar su vocación científica
Los IES Torrente Ballester, A Xunqueira II y Johan Carballeira estrenan el Stembach, el bachillerato de excelencia
Preme na imaxe para acceder ao artigo da "La Voz de Galicia" do pasado domingo 13 de outubro
Listaxes definitivas de admitidos e excluídos fondo solidario de libros de texto do curso 2019-2020
Faise pública a listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto. Nesta listaxe hai que ter en conta que:
- Só aparece o alumnado que entregou a solicitude no noso centro antes do verán. Polo tanto non aparecen nin o alumnado repetidor de 4º que o solicitase en setembro nin o alumnado que trasladou a súa solicitude ao noso centro ao matricularse en setembro. Este alumnado será comunicado á maior brevidade posible dos libros asignados.
- O alumnado de 1º e 2º de ESO non teñen dereito ao préstamo deste fondo xa que o noso centro é centro e-dixgal neses niveis.
A listaxe pode consultarse no seguinte ENLACE ADMITIDAS e ENLACE EXCLUÍDAS .
presentación alumnos do ies Torrente no curso 2019-20
|
Os alumnos de 1º ESO comezarán as clases no martes co horario habitual (de 8'30 a 14'10).
O martes, a seguir das presentacións, os alumnos terán a clases segundo o horario correspondente.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »