Festa Holi de fin de curso
Ven celebrar con nós o remate das clases. Apúntate en Vicedirección.
Calendarios de exames de materias pendentes
Aquí vos deixamos os calendarios de exámenes de materias pendentes de ESO e bacharelato.
Admisión 2019: Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido
Publícanse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido no proceso de admisión para o curso 2019-2020 para os cursos:
1º DE BACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
Segundo a normativa vixente, poderase formular reclamación a estas listaxes ante o Consello Escolar do Centro nun prazo de 5 días hábiles, contados ao partir do seguinte ao da publicación das listaxes, polo que o prazo de reclamación será do 25 de abril ao 2 de maio de 2019 (ambos incluídos)
Admisión 2019: Cursos nos que hai que baremar
Informamos que nos seguintes cursos temos que realizar o proceso de baremación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2019-2020
1º ESO
2º ESO
O prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios do baremo é dende o 25 de marzo ao 5 de abril de 2019 (ambos incluídos).
Admisión 2019
1.- CALENDARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020
Publicación de postos escolares | antes do 1 de marzo |
Presentación de solicitudes de admisión para novo alumnado | do 1 ao 20 de marzo |
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión no caso de non haber vacantes suficientes para todas as peticións | 10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes: do 25 de marzo ao 5 de abril ambos incluídos |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos | antes do 25 de abril |
Prazo de reclamación ante o Consello Escolar do centro | 5 días hábiles dende a publicación das listaxes. As reclamacións resolveránse en 5 días hábiles |
Públicación das listexas definitivas | antes do 15 de maio |
Prazo de interposición de recurso de alzada ante o titular da Xefatura Territorial | un mes a partir do día seguinte á publicación das listaxes definitivas |
2.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO
PRAZO: O alumnado novo que queira presentar solicitude de admisión neste centro terá que facelo do 1 ao 20 de marzo.
LUGAR: As solicitudes poderán facerse:
- no centro que se solicita en primeiro lugar ( de forma presencial)
- ou a través da aplicación informática: : http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.
Lémbrase que só se pode presentar unha única solicitude de admisión (no centro que se solicita praza en primeiro lugar). O non cumprimento deste feito determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Tamén deberán renunciar á praza no centro onde teñan reserva automática.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
DOCUMENTACIÓN: O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso
3.- NÚMERO DE VACANTES POR CURSO
Curso | Nº de vacantes |
1º ESO | 23 + 9 (*) |
2º ESO | 0 |
3º ESO | 10 |
4º ESO | 0 |
1º BACHARELATO | 35 (**) |
2º BACHARELATO | 36 (**) |
(*) En 1º de ESO poránse a disposición da Administración educativa tres postos escolares por unidade para alumnado con NEAE que serán asignados con prioridade pola Comisión de escolarización/Servizo Territorial de Inspección Educativa, segundo corresponda. Se estas prazas non se cubrisen sumaríanse ao resto das vacantes.
(**) En Bacharelato non hai distinción de vacantes por especialidade.
4.- BAREMACIÓN (SÓ APLICABLE EN CASO DE QUE O NÚMERO DE SOLICITUDES SUPERE AO NÚMERO DE VACANTES)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN
10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes: do 25 de marzo ao 5 de abril.
BAREMO APLICABLE
Criterios por orde de prioridade:
a.- Valoración da existencia de irmáns matriculados no centro.
1) Por unha irmá ou un irmán matriculado no centro: 8 puntos.
2) Polo segundo e seguintes irmáns matriculados no centro: 2 puntos por cada un.
No caso de irmás ou irmáns que nacesen dun parto múltiple, outorgaráselle a cada unha/un delas/deles a puntuación prevista para unha irmá ou un irmán matriculados no centro, sempre que soliciten o mesmo centro e o domicilio familiar estea na mesma área de influencia do centro.
b.- Valoración por ser traballador do propio centro.
Por nai, pai, titoras ou titores que traballen no centro: 3 puntos
c.- Valoración da proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo dalgún dos pais ou titores legais. A valoración terá carácter excluínte.
1) Proximidade do domicilio familiar:
a) Se o domicilio familiar se encontra na área de influencia do centro: 6 puntos.
b) Se o domicilio familiar se encontra nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos.
2) Proximidade do lugar de traballo:
a) Se o lugar de traballo do pai, nai ou titor legal está situado dentro da área de influencia do centro: 4 puntos.
b) Se o lugar de traballo do pai, nai ou titor legal está situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 2 puntos.
d.- Valoración da renda per cápita da unidade familiar.
Por renda per cápita da unidade familiar, valorada por referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM = 6390,13 €)
1) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
2) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.
3) Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: 1 punto.
4) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos
e.- Por condición de familia numerosa:
1) Por familia numerosa de categoría especial: 3 puntos.
2) Por familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos.
f.- Por condición de familia monoparental: 2 puntos
g.- Por concorrencia de discapacidade na alumna, no alumno ou nalgún dos seus proxenitores ou irmáns:
1) Por discapacidade da alumna ou alumno: 4 puntos.
2) Por discapacidade dunha/un das/os proxenitoras/es ou titoras/es: 3 puntos.
3) Por discapacidade dalgunha/un das/dos irmás/áns da alumna ou alumno: 1 punto por cada unha/un delas/es.
h.- Por expediente académico, no caso de acceso ás ensinanzas de bacharelato:
1) Nota media de sobresaliente: 2 puntos.
2) Nota media de notable: 1 puntos.
3) Por nota media de ben: 0,50 puntos.
i.- Por criterio complementario, consistente en residir na zona limítrofe: 1 punto.
No caso de empate na puntuación final, resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos referidos criterios atendendo a seguinte orde de prelación: a), b), c), d), e), f), g), h), i),
Se unha vez aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o resultado dun sorteo público, que realizará anualmente esta consellería a última semana do mes de febreiro sobre as letras dos apelidos do alumnado solicitente. Este sorteo aínda non se realizou neste curso.
5.- SEGUIMENTO E CONSULTA DO ESTADO DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES
O centro publicará as listaxes de admitidos/non admitidos:
- Listados provisionais: antes do 25 de abril (Reclamación: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación das listaxes)
- Listados definitivos: antes do 15 de maio
O alumnado e as súas familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado, utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
6. PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Todos os alumnos deberán formalizar a súa matrícula nos prazos sinalados a continuación. De non facelo así perderán o seu dereito á praza.
- Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo (*)
- Prazo extraordinario de matrícula (para os alumnos con materias pendentes en xuño): do 1 ao 10 de setembro (*)
(*) sen prexuízo de que o centro fixe un día concreto para a matrícula de cada nivel educativo.
7.- CENTROS ADSCRITOS
CEIP Carballeira, CEIP San Martiño, CEIP Cabanas
8.- ÁREA DE INFLUENCIA DO IES GONZALO TORRENTE BALLESTER
ESO
BACHARELATO
- Mapa: é a zona marcada como B
9.- SERVICIOS COMPLEMENTARIOS - TRANSPORTE
O alumnado que solicite e obteña praza nun centro escolar distinto ao que lle corresponda segundo a distribución das áreas de influencia, non terá dereito a ningún dos servizos complementarios establecidos pola consellería.
Rutas de transporte
Bikoka - Pte. do Couto
|
Súper Claudio - Pte. Muiños
|
Desguaces 2000- Alfa Romeo
|
Campodaporta - San Blas
|
San Blas - r/Fernández Ladreda (N. FIDE)
|
10.- NORMATIVA APLICABLE
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro de 2012)
- ORDE do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013)
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro de 2017)
Xornada de Portas Abertas
O vindeiro mércores 13 de febreiro imos realizar unha Xornada de Portas Abertas para que as familias que o desexen poidan coñecer a nosa oferta formativa e as instalacións do centro.
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2019 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 15 de febreiro, ambos incluídos.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso.
Normativa de aplicación
-
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Enquisa sobre usos lingüísticos das familias do centro
Durante este curso 2018-2019 estase a elaborar o Proxecto Lingüístico de Centro. É por este motivo polo que lles agradeceriamos que cubrisen a seguinte enquisa sobre os usos lingüísticos das familias do centro.
Recollida solidaria de xoguetes
A partir de mañá comezamos unha campaña solidaria de recollida de xoguetes, tanto novos coma usados, no centro. Podedes facer as vosas aportacións no punto de recollida habilitado na entrada do instituto.
Colabora con nós e fai feliz a outros rapaces!!!
Votacións ao Consello Escolar
Lembrámoslles que mañá mércores 28 de novembro celebrarase a votación para a elección dos representantes das familias no Consello Escolar do centro. Dada a relevancia deste órgano na vida do noso instituto, animámoslles a participar.
A votación realizarase en horario de mañá (de 09:00 a 14:00) e tarde (de 17:00 a 20:00).
Eleccións ao Consello Escolar 2018
Sorteo dos membros titulares e suplentes da Xunta Electoral
- Celebrarase o vindeiro 30 de novembro ás 12:05 na secretaría do centro.
Constitución da Xunta Electoral
- 5 de novembro ás 12:05 na sala de titorías do centro.
Prazo de admisión de candidaturas aos distintos sectores
- Do 6 ao 12 de novembro de 09:00 a 14:00 na secretaría do centro.
Proclamación dos candidatos/as
- 16 de novembro ás 12:05 na secretaría do centro.
Exposición do censo electoral de pais/nais/titotes legais
- Ata o 16 de novembro.
Campaña electoral
- Do 16 ao 24 de novembro.
Votacións
- 28 de novembro.
Presentacións para ás familias
O vindeiro mércores 26 de setembro realizaremos a presentación do curso escolar 2018-2019 para as familias do noso alumnado. Agardamos contar coa vosa presenza.
Listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto. Curso 2018-2019
Faise pública a listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto. Nesta listaxe hai que ter en conta que:
- Só aparece o alumnado que entregou a solicitude no noso centro antes do verán. Polo tanto non aparecen nin o alumnado repetidor de 4º que o solicitase en setembro nin o alumnado que trasladou a súa solicitude ao noso centro ao matricularse en setembro. Este alumnado será comunicado á maior brevidade posible dos libros asignados.
- O alumnado de 1º de ESO non ten dereito ao préstamo deste fondo xa que o noso centro é centro e-dixgal nese nivel. Os fondos que aparecen na listaxe son os das materias que non teñen libro dixital e que ata o ano pasado prestáronse neste fondo solidario.
A listaxe pode consultarse no seguinte ENLACE.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »