Admisión 2019
1.- CALENDARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020
Publicación de postos escolares | antes do 1 de marzo |
Presentación de solicitudes de admisión para novo alumnado | do 1 ao 20 de marzo |
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión no caso de non haber vacantes suficientes para todas as peticións | 10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes: do 25 de marzo ao 5 de abril ambos incluídos |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos | antes do 25 de abril |
Prazo de reclamación ante o Consello Escolar do centro | 5 días hábiles dende a publicación das listaxes. As reclamacións resolveránse en 5 días hábiles |
Públicación das listexas definitivas | antes do 15 de maio |
Prazo de interposición de recurso de alzada ante o titular da Xefatura Territorial | un mes a partir do día seguinte á publicación das listaxes definitivas |
2.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO
PRAZO: O alumnado novo que queira presentar solicitude de admisión neste centro terá que facelo do 1 ao 20 de marzo.
LUGAR: As solicitudes poderán facerse:
- no centro que se solicita en primeiro lugar ( de forma presencial)
- ou a través da aplicación informática: : http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.
Lémbrase que só se pode presentar unha única solicitude de admisión (no centro que se solicita praza en primeiro lugar). O non cumprimento deste feito determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Tamén deberán renunciar á praza no centro onde teñan reserva automática.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
DOCUMENTACIÓN: O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso
3.- NÚMERO DE VACANTES POR CURSO
Curso | Nº de vacantes |
1º ESO | 23 + 9 (*) |
2º ESO | 0 |
3º ESO | 10 |
4º ESO | 0 |
1º BACHARELATO | 35 (**) |
2º BACHARELATO | 36 (**) |
(*) En 1º de ESO poránse a disposición da Administración educativa tres postos escolares por unidade para alumnado con NEAE que serán asignados con prioridade pola Comisión de escolarización/Servizo Territorial de Inspección Educativa, segundo corresponda. Se estas prazas non se cubrisen sumaríanse ao resto das vacantes.
(**) En Bacharelato non hai distinción de vacantes por especialidade.
4.- BAREMACIÓN (SÓ APLICABLE EN CASO DE QUE O NÚMERO DE SOLICITUDES SUPERE AO NÚMERO DE VACANTES)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN
10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes: do 25 de marzo ao 5 de abril.
BAREMO APLICABLE
Criterios por orde de prioridade:
a.- Valoración da existencia de irmáns matriculados no centro.
1) Por unha irmá ou un irmán matriculado no centro: 8 puntos.
2) Polo segundo e seguintes irmáns matriculados no centro: 2 puntos por cada un.
No caso de irmás ou irmáns que nacesen dun parto múltiple, outorgaráselle a cada unha/un delas/deles a puntuación prevista para unha irmá ou un irmán matriculados no centro, sempre que soliciten o mesmo centro e o domicilio familiar estea na mesma área de influencia do centro.
b.- Valoración por ser traballador do propio centro.
Por nai, pai, titoras ou titores que traballen no centro: 3 puntos
c.- Valoración da proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo dalgún dos pais ou titores legais. A valoración terá carácter excluínte.
1) Proximidade do domicilio familiar:
a) Se o domicilio familiar se encontra na área de influencia do centro: 6 puntos.
b) Se o domicilio familiar se encontra nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos.
2) Proximidade do lugar de traballo:
a) Se o lugar de traballo do pai, nai ou titor legal está situado dentro da área de influencia do centro: 4 puntos.
b) Se o lugar de traballo do pai, nai ou titor legal está situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 2 puntos.
d.- Valoración da renda per cápita da unidade familiar.
Por renda per cápita da unidade familiar, valorada por referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM = 6390,13 €)
1) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
2) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.
3) Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: 1 punto.
4) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos
e.- Por condición de familia numerosa:
1) Por familia numerosa de categoría especial: 3 puntos.
2) Por familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos.
f.- Por condición de familia monoparental: 2 puntos
g.- Por concorrencia de discapacidade na alumna, no alumno ou nalgún dos seus proxenitores ou irmáns:
1) Por discapacidade da alumna ou alumno: 4 puntos.
2) Por discapacidade dunha/un das/os proxenitoras/es ou titoras/es: 3 puntos.
3) Por discapacidade dalgunha/un das/dos irmás/áns da alumna ou alumno: 1 punto por cada unha/un delas/es.
h.- Por expediente académico, no caso de acceso ás ensinanzas de bacharelato:
1) Nota media de sobresaliente: 2 puntos.
2) Nota media de notable: 1 puntos.
3) Por nota media de ben: 0,50 puntos.
i.- Por criterio complementario, consistente en residir na zona limítrofe: 1 punto.
No caso de empate na puntuación final, resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos referidos criterios atendendo a seguinte orde de prelación: a), b), c), d), e), f), g), h), i),
Se unha vez aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o resultado dun sorteo público, que realizará anualmente esta consellería a última semana do mes de febreiro sobre as letras dos apelidos do alumnado solicitente. Este sorteo aínda non se realizou neste curso.
5.- SEGUIMENTO E CONSULTA DO ESTADO DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES
O centro publicará as listaxes de admitidos/non admitidos:
- Listados provisionais: antes do 25 de abril (Reclamación: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación das listaxes)
- Listados definitivos: antes do 15 de maio
O alumnado e as súas familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado, utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
6. PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Todos os alumnos deberán formalizar a súa matrícula nos prazos sinalados a continuación. De non facelo así perderán o seu dereito á praza.
- Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo (*)
- Prazo extraordinario de matrícula (para os alumnos con materias pendentes en xuño): do 1 ao 10 de setembro (*)
(*) sen prexuízo de que o centro fixe un día concreto para a matrícula de cada nivel educativo.
7.- CENTROS ADSCRITOS
CEIP Carballeira, CEIP San Martiño, CEIP Cabanas
8.- ÁREA DE INFLUENCIA DO IES GONZALO TORRENTE BALLESTER
ESO
BACHARELATO
- Mapa: é a zona marcada como B
9.- SERVICIOS COMPLEMENTARIOS - TRANSPORTE
O alumnado que solicite e obteña praza nun centro escolar distinto ao que lle corresponda segundo a distribución das áreas de influencia, non terá dereito a ningún dos servizos complementarios establecidos pola consellería.
Rutas de transporte
Bikoka - Pte. do Couto
|
Súper Claudio - Pte. Muiños
|
Desguaces 2000- Alfa Romeo
|
Campodaporta - San Blas
|
San Blas - r/Fernández Ladreda (N. FIDE)
|
10.- NORMATIVA APLICABLE
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro de 2012)
- ORDE do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013)
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro de 2017)