BioXeoReto

Concurso BioXeoReto

Dende o 3 de febreiro ao 10 de marzo

 

 

 

 

      O concurso durará tres semanas. Os luns se colocarán as tarefas a resolver e o venres da

mesma semana será o último día para entregar as respostas.

     

A participación pode ser individual ou en grupos (máximo 3 alumnos/as do mesmo nivel educativo).

 

 

CLICKONPHYSICS

CLICKONPHYSICS

O pasado venres 3 de febreiro o profesor da Escuela Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas, don Benito Vázquez,

impartiu unhas charlas prácticas aos alumnos de 1º e 2º de Bacharelato.

 

 

 

 

 

 

Luns 30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e da Paz

30 DE XANEIRO DE 2017

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Taboleiro

(traballos realizados polo alumnado da materia de Relixión)

 

 

O día 30 de xaneiro, aniversario da morte do Mahatma Gandhi, conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Foi o profesor e inspector de ensino, Llorenç Vidal, quen fixo a proposta, no ano 1964, de crear unha xornada educativa de pacificación co fin de levar aos educandos,  polo medio da reflexión persoal, ao descubrimento da mensaxe fundamental: "O amor é mellor que o odio, a non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra".

 

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL

Sorriso. Optimismo. Ánimo. Son as palabras que me veñen á cabeza cando penso en Antón. E, por suposto, "GENIAL!", porque seguramente é a palabra que máis veces lle escoitei pronunciar.

-  Que tal o curso, Antón?

GENIAL!

-  Que tal o verán, Antón?

GENIAL!

- E o grupo deste ano, Antón?

GENIAL!

 

E ti sabes que un día por semana Antón ten que ir a un hospital fóra de Pontevedra. E sabes que Antón ten que pasar por operacións e por fisioterapia. Pero sabes que Antón volverá entrar no instituto co seu sorriso. E volverá contestar "GENIAL!!" cando lle preguntes. E Antón participará no Samaín e no Entroido, disfrazándose, pasándoo ben e facéndollo pasar ben aos demais.

E agora, ademais de sabelo nós, os que con el compartimos o Torrente, sábeo máis xente, porque a Consellería recoñeceulle o seu traballo e o seu esforzo cun premio.

O que igual os demais non saben e que, ANTÓN, TI SI QUE ES "GENIAL" !!

 

DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA

1 DE DECEMBRO

DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA

 

Obradoiro da Cruz Vermella para os grupos de 1º ESO

 

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

25 de Novembro

Día Internacional da Eliminación da Violencia contras as Mulleres

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

PALOMA OTERO LÓPEZ

 

Hoxe, venres 4 de Novembro, aparece publicada no DOG a Orde do 21 de Outubro de 2016, pola que se conceden os Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao Rendemento Académico correspondentes ao curso 2015-2016.

Dende o IES Gonzalo Torrente Ballester queremos amosar a nosa satisfacción por representar á cidade de Pontevedra na listaxe definitiva de gañadores; pero, sobre todo, queremos felicitar á nosa alumna PALOMA OTERO LÓPEZ, merecedora de tal galardón, quen, ademais, foi seleccionada para participar nos Premios Nacionais de Educación, na modalidade de Secundaria Obrigatoria.

 

PARABÉNS, PALOMA!

 

 

 

 

PRESENTACIÓN DO ALUMNADO NO INICIO DO CURSO ACADÉMICO

O vindeiro Xoves 15 de Setembro dá inicio o curso escolar 2016/2017 e, como vén sendo tradicional, queremos dar a benvida a todos os nosos alumnos e alumnas mediante un breve acto de presentación, o cal terá lugar no Salón de Actos do noso centro, segundo o horario que a continuación se indica. Posteriormente, os titores e titoras asignados a cada grupo acompañarán aos estudantes á súa aula, onde charlarán durante uns minutos cos rapaces, comentándolles aqueles aspectos que consideren oportunos.

AVISO:    Os días das presentacións non funcionará o servizo de transporte escolar.

 


 

LICITACIÓN CAFETERÍA

Premendo aquí pódese consultar a listaxe provisional das propostas de licitación do servizo de cafetería do IES para o curso académico 2016/2017.

LIBROS DE TEXTO: VALES DE AXUDA E FONDO SOLIDARIO

Os alumnos e alumnas que aprobaron todas as materias na convocatoria ordinaria de Xuño e que xa formalizaron a súa matrícula en 2º ESO ou 4º ESO, poden pasar pola Secretaría do centro a recoller os vales de axuda para a adquisición de libros de texto para o curso académico 2016/2017. O resto dos vales serán entregados en Setembro, unha vez realizada a avaliación final extraordinaria.

Por outra banda, a cotinuación aparecen publicadas as listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO no vindeiro ano académico.

APLICACIÓN ABALARMÓBIL

Coa intención de continuar a integrar as novas tecnoloxías no ámbito educativo, a Xunta de Galicia pon a disposición das familias e dos centros escolares galegos a aplicación abalarMóbil, a cal permite que vostedes consulten a información relativa aos seus fillos e fillas a través do teléfono móvil dende calquera lugar e dun xeito inmediato.

Esta aplicación é totalmente gratuíta e a súa descarga pode ser feita dende Apple Store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).

Deben vostedes ter presente que o teléfono no que descarguen a aplicación ten que ser o móbil que indiquen no impreso de matrícula dos seus fillos ou fillas como número de contacto, mencionando, ademais, no momento de formalizar esta matrícula, que pretenden darse de alta na aplicación ou que xa a teñen habilitada nese mesmo número de teléfono.

 

As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer en calquera caso das seguintes informacións:

  • Acceder aos datos persoais.
  • Consultar as cualificacións.
  • Consultar as faltas de asistencia e puntualidade.
  • Consultar as faltas de conduta.
  • Consultar os datos do centro educativo.
  • Consultar os avisos ou notificacións enviadas polo centro educativo.

Dependendo de se o profesorado do alumno ou alumna está, a súa vez, dado de alta como docente no Espazo Abalar e das funcionalidades que desexe habilitar, as familias tamén poderán ter a súa disposición:

  • Xustificar as faltas de asistencia e de puntualidade.
  • Consultar os avisos ou notificacións do profesorado.
  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado.
  • Solicitar unha entrevista cun profesor ou profesora.

 No seguinte vídeo explícanse dun xeito moi sinxelo os pasos que vostedes deben seguir para darse de alta na aplicación abalarMóbil e o modo de manexarse dentro dela. A continuación, aparece tamén unha ligazón á guía de abalarMóbil para as familias en formato PDF, que poden descargar, se así o desexan.

 

 

GUÍA abalarMóbil PARA AS FAMILIAS

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2016/2017

 

Premendo sobre cada nivel, accédese á información relativa aos libros de texto correspondentes ao mesmo para o vindeiro curso académico 2016/2017.

 

1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º BAC 2º BAC

PRAZOS PARA AS RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS (ESO e 1º BAC)

 

O vindeiro luns 27 de Xuño de 2016, ás 10:00 horas, serán entregados os boletíns das cualificacións finais a todo o alumnado de ESO e 1º Bacharelato.

No caso de que exista algún desacordo coa cualficación final outorgada nalgunha materia, estas son as normas e os prazos a ter en conta para realizar algunha reclamación:

  • Despois das aclaracións oportunas co/a profesor/a, se procede, o/a alumno/a (nos casos de maiores de 18 anos) ou o seu representante legal, pai/nai (nos casos de menores de 18 anos), poderán solicitar por escrito (existe un modelo de impreso nas oficinas do centro) a revisión da cualificación no prazo de 2 días lectivos a partir daquel no que se produciu a súa comunicación. Polo tanto, dita solicitude poderá ser presentada ata as 14:00 horas do día 29 de Xuño de 2016.
  • O Departamento correspondente resolverá a reclamación nun prazo máximo de 2 días lectivos, sendo comunicada a resolución ao/á alumno/a ou á súa familia pola Xefatura de Estudos do centro.
  • No caso de persistir o desacordo, o/a alumno/a (nos casos de maiores de 18 anos) ou o seu representante legal, pai/nai (nos casos de menores de 18 anos) poderán solicitar por escrito ao Director do centro (existe un modelo de impreso nas oficinas do centro), no prazo de 2 días lectivos a partir da última comunicación do centro, que eleve a reclamación á Xefatura Territorial.
  • O tempo máximo para a resposta da Xefatura Territorial ás reclamacións de ESO e Bacharelato será de 15 días lectivos.

 

PROCESO DE ADXUDICACIÓN DA CAFETERÍA DO CENTRO

Para dar cumprimento á instrución 4/2016 de 30 de Maio de 2016 para a contratación do servizo de xestión e explotación de cafeterías en centros docentes non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ábrese un prazo para que calquera persoa física ou xurídica, con capacidade de obrar, poida presentar as ofertas oportunas.

O procedemento a seguir, as condicións esixidas e os criterios para a valoración das ofertas recibidas veñen reguladas na citada orde.

Prazo de presentación das ofertas:       DO 22 DE XUÑO AO 10 DE XULLO DE 2016

Lugar de presentación das ofertas:      OFICINA ADMINISTRATIVA DO IES GONZALO TORRENTE BALLESTER

Datos de contacto:

IES GONZALO TORRENTE BALLESTER. Rúa Herminia Fariña, s/n.- 36003. Pontevedra

Teléfono:   886159156

Correo electrónico:   ies.torrente.ballester@edu.xunta.es

Páxina web:   www.edu.xunta.gal/centros/iestorrenteballester

 

Para máis INFORMACIÓN, consultar os documentos que se xuntan a continuación:

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. CURSO 2016-17

Premendo nos 2 adxuntos, pódense consultar e descargar os seguintes documentos:

-O documento coa data de publicación das listaxes e o recurso a interpor no seu caso, firmado e selado.

- As listaxes definitivas do proceso de admisión para o curso 2016-17. Nas listaxes figuran tanto os admitidos coma os non admitidos.

 

Distribuir contido