RESOLUCIÓN BOLSAS DE CONVOCATORIA XERAL
Onte publicáronse na páxina web do Ministerio os listados definitivos de bolseiros da convocatoria xeral do actual curso 2015/16. Pódese acceder dende o seguinte enlace: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/bachillerato/becas-generales-no-universitarias.html
O prazo para a presentación de recurso de reposición por parte do alumnado comeza o 10 de maio e finaliza o 9 de xunio de 2016.
Un PDF coas listaxes por centros pódese consultar e descargar premendo no adxunto
CUALIFICACIÓNS FINAIS DE 2º DE BACHARELATO. PROCEDEMENTO PARA AS RECLAMACIÓNS
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Inovación Educativa, ven de ditar unha circular pola que se establece o procedemento que compre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato.
Esta circular pódese consultar e descargar premendo abaixo no adxunto.
ACTUALIZACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS PROCESO DE ADMISIÓN 2016-17
Premendo nos arquivos adxuntos accédese aos Listaxes Provisionais do Proceso de Admisión para o curso 2016 -17
PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO 2016-17
Solicitudes de admisión para 1º de E.S.O, 2º de E.S.O e para 1º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais
Xa que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, faise necesario presentar a documentació que xustifique os criterios do baremo.
O prazo de presentación é do 1 ao 12 de abril, ámbos os dous inclusive
Solicitudes de admisión para 3º de E.S.O, 1º de Bacharelato de Ciencias e 2º de Bacharelato
Nestes casos, xa que o número de solicitudes é inferior ao de prazas ofertadas, todas as solicitudes están admitidas e non é necesaria a presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo
Pontevedra a 29 de marzo de 2016
O secretario
Francisco Pacios Álvarez
8 de Marzo. Día Internacional da Muller
DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA A Carta das Nacións Unidas, asinada en San Francisco en 1945, foi o primeiro acordo internacional que proclamou que a igualdade dos sexos era un dereito humano fundamental. A Organización de Nacións Unidas, no ano 1975, estableceu o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller, en honra aos sucesos acaecidos o 8 de marzo de 1857, e dos que xorden dúas versións. A primeira delas xira ao redor dun tráxico episodio desenvolvido na cidade de Nova York e que terminase coa vida de 129 traballadoras téxtiles.
|
De acordo a esta versión, durante o transcurso dunha folga convocada como resposta ao despedimento masivo aplicado pola patronal fronte ás denuncias relacionadas coas deplorables condicións de traballo, as traballadoras decidiron encerrarse no establecemento fabril. "Súbitamente" produciuse un voraz incendio que terminou coa vida daquelas mulleres que só reclamaban polos seus dereitos. Ao enterro asistiron máis de 100.000 persoas. A segunda versión, ligada a investigacións como as da historiadora canadense Renée Côté, o 8 de marzo vincúlase coa realización dunha mobilización de protesta organizada polo gremio de costureras da compañía téxtil de Lower East Side, de Nova York, na que se bregaba por unha xornada laboral de ¡10! horas. Pero máis aló destas versións, o certo é que a historia do 8 de marzo atópase asociada directamente a cuestións propias da historia do século XX como a Primeira Guerra Mundial, a Revolución Rusa, a loita polo sufraxio feminino, as pugnas entre socialistas e sufraxistas, e o crecente auxe do sindicalismo feminino durante as primeiras décadas, tanto en Europa, como Estados Unidos e Latinoamérica. |
A cor lila con que se identifica este día é porque dese ton era o tecido que estaban facendo as obreiras o día que morreron. |
Obradoiro de prensa - A voz do Quinto
O pasado venres día 19 tivemos a ocasión de presentar no Salón de Actos do instituto "A voz do Quinto", o xornal solidario resultante do obradoiro de prensa que este curso organizamos no centro. A el asistiron sete alumnos/as, aínda que inicialmente eran trece, e tiveron a ocasión de aprender cuestións relacionadas co xénero xornalístico e coa educación en valores e para o desenvolvemento. Como monitora desta actividade actuou Carmen Novas, responsable de comunicación para o desenvolvemento de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), organización que xunto con Asemblea de Cooperación pola Paz leva xa varios cursos colaborando co noso centro. "A voz do Quinto" é un pequeno xornal cuxa intención é a de promover valores solidarios e concienciar fronte ás inxustizas. Esta edición inclúe artigos sobre igualdade entre homes e mulleres, a protección animal e ambiental, o comercio xusto, o desenvolvemento dos países do Sur... Os que queirades ler a versión completa do xornal, podedes facelo a través desta ligazón.
A memoria das mulleres
Representacións teatrais
Dentro da mostra de teatro organizada con motivo do "Ben veñas, maio", dous grupos de teatro do noso instituto van representar cadansúa obra. As actuacións terán lugar o vindeiro xoves 7 de maio. Por unha banda, ás 12.30 horas todos os alumnos de 1º C de ESO, dirixidos pola súa titora Sara Valenzuela, representarán a obra O Entroido, unha adaptación dun texto de Manuel Lourenzo. Por outra banda, ás 18.00 horas o grupo "Os autorizados", formado por alumnos de diferentes cursos, representará a obra Comedia bífida, de Manuel Núñez Singala. "Os autorizados" son: Adrián López, Alexandre Balea, Celia Martínez, Cristina Rodríguez, Daniel Veiga, Esteban Carballude, Joaquín Méndez, Lucía González, Nara Mahou, Noemia Veiga e Julien F. Courcier (director do grupo). As funcións serán no Teatro Principal de Pontevedra e dende o equipo directivo convidamos a todos os membros da nosa comunidade educativa a asistir a estas actividades.
II Certame de fotografía matemática - Premio popular
Probas PISA (abril-maio de 2015)
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO (curso 2015-2016)
O luns 2 de marzo comezará o prazo de solicitude de prazas para o curso 2015-2016. Este proceso estará regulado pola Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013). A través deste artigo poderanse seguir todas as novidades relacionadas co proceso de admisión e tamén se terá acceso a toda a información relativa a esta convocatoria. En todo caso, lémbrase a todos os interesados que o PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ESTARÁ ABERTO DO 2 Ó 23 DE MARZO, ambos os dous días incluídos.
- Información xeral sobre o proceso de admisión (inclúe a oferta de prazas).
- Criterios complementarios e procedemento de acreditación.
- Impreso de solicitude de admisión (editable).
- Anexo A.
- Entrega de documentación xustificativa do baremo só para alumnos de 1º de ESO (25 de marzo ó 7 de abril).
- LISTA PROVISIONAL DE ALUMNOS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS.
- NOVO!!! LISTA DEFINITIVA DE ALUMNOS ADMITIDOS.
- NOVO!!! LISTA DEFINITIVA DE ALUMNOS NON ADMITIDOS.
- NOVO!!! RECURSO QUE SE PODE INTERPOÑER CONTRA AS LISTAS DEFINITIVAS.
Encontro literario no IES G. Torrente Ballester
O noso instituto está a organizar un encontro literario con tres dos escritores máis recoñecidos actualmente no eido da novela negra e policial. Estes son:
- Dolores Redondo, autora da Triloxía de Baztán, da que se levan vendidos máis de medio millón de exemplares;
- Domingo Villar, creador do carismático policía vigués Leo Caldas, protagonista das súas novelas Ollos de auga e A praia dos afogados;
- Pedro Feijoo, autor da intrigante Os fillos do mar e da desasosegante A memoria da choiva.
Ademais, contaremos coa presenza como moderador de Ramón Rozas, periodista e comentarista cultural do Diario de Pontevedra.
O encontro terá lugar no Salón de Actos do instituto o vindeiro mércores dezaoito de febreiro ás sete da tarde; no seu transcurso os convidados debaterán sobre a novela negra e policial, sobre a creación literaria e sobre as preguntas que o auditorio lles dirixa, e farannos partícipes dalgunhas das súas anécdotas, coas que sen dúbida gozaremos... ou sufriremos. O evento estará aberto a toda a cidadanía, xa que así o aconsellaban a relevancia dos tres escritores que nos acompañarán e a ocasión especial que para o noso centro representa organizar un evento destas características.
Dende o equipo directivo e o equipo de bilbioteca do centro convidamos a participar nesta actividade a todas as persoas que poidan estar interesadas nela. Xuntamos a esta pubicación o cartel do encontro.
Presentación do libro "Corazóns e coitelos"
Celebración do Samaín
Día da Biblioteca Escolar
Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA El Pino
Material escolar para familias en situación precaria
Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Premios extraordinarios de Bacharelato
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »