Calendario de probas da convocatoria extraordinaria de setembro - curso 2017-2018

O calendario de probas dos exames da convocatoria extraordinaria de setembro de 2018 pódense consultar no seguinte

Enlace

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar curso 2018-2019

Publícase a listaxe provisonal de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2018-2019

Listaxe de solicitudes admitidas

Listaxe de solicitudes excluídas

Contra estas listaxes poderase presentar reclamación ata o día 16 de xullo de 2018 incluído.

 

Os cheques de material estarán dispoñibles para a súa recollida na administración do centro nas seguintes datas:

  • Alumnado matriculado en xuño: a partir do 20 de xullo de 2018.
  • Alumnado matriculado en setembro: a partir do 17 de setembro de 2018.

Lembramos que os cheques deben recollelos as persoas solicitantes en persoa e que en caso de non poder facelo deberán autorizar por escrito a outra persoa maior de idade a recollelo no seu nome,

 

Lembramos tamén que o alumnado que solicitou o fondo de libros e xa teña algún libro seu (por repteición, telo dalgún irmán/a ou calquera outro motivo) deberá indicalo na administración do centro antes do día 10 de setembro de 2018 para intentar que os libros asignados do fondo sexan outros dos que xa se teñen.

Calendario de matrícula - xuño 2018

O periódo de matrícula de xuño de 2018 realizarese en horario de 9:30 a 13:30 nas fiestras de administración segundo o seguinte calendario:

 

Día Curso
2 xullo 1º de ESO
3 xullo 2º e 3º de ESO
4 xullo 4º de ESO
5 xullo 1º de Bacharelato
6 xullo 2º de Bacharelato
9 de xullo Incidencias

Relación de libros de texto - Curso 2018/2019

Relación de libros de texto para todos os cursos de ESO e Bacharelato para o curso 2018-1019

 

Convocados os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2017/18

O día 11 de maio, publicouse no DOG a Orde do 26 de abril de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18.

Máis info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180511/AnuncioG0164-300418-0006_gl.html

Reunión informativa sobre a matrícula de 4º ESO e Bacharelato

Informámoslles que mañá mércores 27 de xuño terán lugar sendas reunións explicativas sobre a oferta académica do noso centro para 4º ESO e Bacharelato

Xornada de Portas abertas para o alumnado do CEIP San Martiño

Este venres 8 de xuño celebramos unha xornada de portas abertas para o alumnado do CEIP San Martiño que se incorporará ao noso centro o vindeiro curso. Pasámolo xenial amosándolles o centro e compartindo con eles esta mañá.

 

...

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar. Curso 2018-2019

1.- NORMAS XERAIS

Dirixida ao alumnado do centro, que pode solicitar:

  • Participación no fondo solidario de libros de texto para o alumnado de ESO.
  • Axudas para adquirir material escolar para o alumnado de ESO.

 

2.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2017/2018. 
  • Conservar en bo estado os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso escolar 2018/2019.
  • Destinar o importe do vale de material a adquirir o material escolar que necesite.

 

3.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PRAZO: As solicitudes poderán facerse entre o 22 de maio e o 22 de xuño de 2018.

MODO: O solicitante será o pai/nai/titor legal do alumno.

  • Presentación electrónica: unha solicitude por fillo/a.
  • Presentación non electrónica: unha solicitude única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente

LUGAR: As solicitudes poderán facerse:

  • Preferiblemente por vía electrónica nos formatos dispoñibles na aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros a través da sede electróncia da Xunta de Galicia.https://sede.xunta.gal.
  • Presencialmente no centro docente no que estea admitido o alumno para o curso 2018-2019.
  • Calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

FORMULARIO: (Anexo I) dispoñible:

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

Xunto coa solicitude haberá que entregar a seguinte documentación, referida á situación a 31 de decembro de 2016:

  • Anexo II: comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

Segundo a situación do alumno/a haberá que entregar outra documentación (sentencia xudicial de separación ou divorcio, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbitofamiliar, resolución administrativa o xudicical que acredite a situación de acollimiento...).

 

4.- CALENDARIO DE APLICACIÓN

  • Presentación de solicitudes: do 22 de maio ao 22 de xuño (incluídos).
  • Listaxes provisionais de admitidos e excluídos: 12 de xullo de 2018.
  • Listaxes definitivas de admitidos e excluídos: 14 de setembro de 2018.
  • Entrega de vales de material: unha vez formalizada a matrícula para o curso 2018-2019 (publicaránse as listaxes segundo estean dispoñibles).
  • Entrega de libros do fondo: do 17 ao 27 de setembro.

 

5.- LEXISLACIÓN APLICABLE

Admisión 2018: Publicación das listaxes definitivas de alumnado

Listaxes definitivas de admitidos e non admitidos:

 1º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BAC CIENCIAS

1º BAC HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

 

Segundo a normativa vixente, poderase formular recurso de alzada diante do titular da Xefatura Territorial no prazo dun mes, contados ao partir do seguinte ao da publicación das listaxes.

Exposición "María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes"

Temos o privilexio de ser o centro no que se estrea a exposición itinerante "María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes" da Consellería de educación. Xunta de Galicia e coordinada por David Pintor
Somos o único centro do Concello de Pontevedra no que se poderá visitar a exposición, así que si queredes disfrutar dela vulide porque estará con nós ata o 27 de maio.

Gala "Ben veñas, maio" 2018

Rematou o Ben veñas, maio 2018 deste ano e con el a nosa participación, que nesta edición foi especialmente exitosa: arrasamos na modalidade de relato curto cos tres premios, un primeiro en banda deseñada e un segundo en poesía.

 

 

Exposición "Sombra e Luz"

Por fin chegou!!! Xa temos no centro a exposición coa que gañamos o primeiro premio do concurso convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 
Aínda que será remitida a tódolos centros de Secundaria de Galicia e aos centros de estudos galegos no estranxeiro, podedes vir visitala dende o vindeiro luns ao noso centro.
Queremos aproveitar para reivindicar o excelente traballo levado a cabo polo equipo de profesorado e alumnado que participou na súa elaboración.


Gañadores do certame "Ben veñas, maio!"

Estamos moi orgullosos da nosa participación no certame "Ben veñas, maio 2018" no que resultamos gañadores de cinco premios:

  • Modalidade de relato curto:
    • Primeiro premio: Clara Castro López
    • Segundo premio (ex aequio) Andrés Pardo Carballo
    • Segundo premio (ex aequio): Emilia Alario Pastoriza
  • Modalidade de banda deseñada:
    • Primeiro premio: Diego Moledo Mouriño
  • Modalidade de poesía:
    • Segundo premio: Laura Corral Fernández

Parabéns a todos os gañadores e ao profesorado que os animou a participar.

  

 

Premios Extraordinarios de Bacharelato

Pódese acceder a toda a información dos premios extraordinarios de Bacharelato no seguinte enlace:

Premios extraordianrios de bacharelato 

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2018

Publicadas as listaxes provisionais de alumnado de seleccionados/as e de suplentes.

Unha vez rematado o prazo indicado na nota informativa do 5 de abril, de recepción da documentación requirida ás persoas solicitantes e de atención das reclamacións, publícanse as listaxes indicadas no artigo 16.3 da Orde de convocatoria.

+ info: https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Admisión 2018: Publicación das listaxes provisionais de alumnado

Listaxes provisionais de admitidos e non admitidos:

 1º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BAC CIENCIAS

1º BAC HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

 

 

Segundo a normativa vixente, poderase formular reclamación a estas listaxes ante o Consello Escolar do Centro nun prazo de 5 días hábiles, contados ao partir do seguinte ao da publicación das listaxes, polo que o prazo de reclamación será do 25 de abril de 2018 ao 2 de maio de 2018 (ambos incluídos)

 

Distribuir contido