Exposición "Sombra e Luz"

Por fin chegou!!! Xa temos no centro a exposición coa que gañamos o primeiro premio do concurso convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 
Aínda que será remitida a tódolos centros de Secundaria de Galicia e aos centros de estudos galegos no estranxeiro, podedes vir visitala dende o vindeiro luns ao noso centro.
Queremos aproveitar para reivindicar o excelente traballo levado a cabo polo equipo de profesorado e alumnado que participou na súa elaboración.