Aportación complementaria para a adquisición de máscaras para o alumnado
A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG n° 218 do 12 de novembro) que anuncia unha aportación complementaria aos centros para a adquisición de máscaras para o alumnado.
As devanditas máscaras distribuiranse entre o alumnado pertencente a familias cuxa renta per cápita non supere o limiar dos 6000 €.
Asignaranse directamente ao alumnado beneficiario de axudas para material escolar (cheque 50 €).
Con todo, tamén pode recibilas o resto do alumnado que non foi beneficiario destas axudas por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito e presente a solicitude presencialmente no centro antes do 26 de novembro de 2021.
Presentación de candidaturas ás eleccións ao Consello Escolar 2021-2022
Informamos que o vindeiro martes 9 de novembro ábrese o prazo para presentar as candidaturas polos distintos sectores ás eleccións ao Consello Escolar do IES Gonzalo Torrente Ballester. Dito prazo rematará o martes 16 de novembro.
Podedes cubrir o formulario de presentación de candidaturas:
- Premendo nesta ligazón.
- Descargando o arquivo adxunto.
- Solicitándoo nas oficinas de administración do centro.
Dito formulario poderá presentarse ata o martes 16 de novembro na administración do instituto.
Animámosvos a participar no órgano colexiado máis importante do centro.
COMUNICACIÓN DA DATA E HORA DO SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DA XUNTA ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Informámoslles que o vindeiro venres 29 de outubro de 2021 ás 10:00 vaise realizar o sorteo público para a designación dos integrantes da Xunta Electoral para as eleccións ao Consello Escolar do IES Gonzalo Torrente Ballester.
Timbre musical
Listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto
Informámoslles que xa está á súa disposición a listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto, que poden consultar na apliación Fondolibros, no taboleiro do centro ou chamando ao 886159156.
Ademáis, a partir de mañán, xoves 16 de setembro, poderán recoller os vales de axuda para a adquisición de material.
Graduación de 2º de bacharelato
O vindeiro 15 de xullo terá lugar a ceremonia de graduación do alumnado de 2º de bacharelato. O acto realizarase nas pistas exteriores do centro e manteranse todas as medidas sanitarias establecidas polo protocolo COVID:
- Distancia de 1,5 m entre asistentes.
- Uso obrigatorio de mascarilla.
- Aforo limitado e nominativo.
Listaxe de admitidos e excluídos no Fondo Solidario de Libros de Texto
Informámoslles que xa está publicada a listaxe de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto. Dita listaxe pode ser consultada:
1- No taboleiro de anuncios do centro.
2- Por internet con certificado dixital ou Chave 365 na aplicación Fondolibros.
3- Telefonicamente no 886159156
IMPORTANTE: O prazo de reclamacións é de dous días.
ENTREGA DE NOTAS XUÑO 2020-21
Durante a semana do 21 ao 25 realizarase a entrega de notas ao alumnado dos diversos niveis do centro segundo este calendario:
Entrega de notas da convocatoria extraordinaria de 2º Bac: día 23 ás 12:00 h. (nas aulas de referencia)
Entrega de notas de 1º da ESO: día 24 ás 11:00 h. (nas aulas de referencia)
Entrega de notas de 2º da ESO: día 25 ás 10:30 h 2º A (aula 110)
Ás 11:00 h 2º B (aula 111)
Ás 11:30 h 2º C (aula 112)
Ás 12:00 h 2º D (aula 113)
Ás 12:30 h 2º E (aula 114)
Entrega de notas de 3º da ESO: día 24 ás 13:00 h (nas aulas de referencia)
Entrega de notas de 4ª da ESO: día 25 ás 12:00 h (nas aulas 109 4º A, 108 4º B, 107 4º C e 106 4º D)
Entrega de notas de 1º Bach: día 25 ás 13:00 h (nas aulas 109 1º A, 108 1º B, 107 1º C e 106 1º D)
CALENDARIO CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º BACH
Entre os días 16 de xuño e o 22 de xuño o alumnado con materias pendentes de 1º de bach ou con materias suspensas de 2º de bacharelato terán ocasión de realizar probas para superalas segundo o calendario que figura como anexo. O calendario anexo sufriu modificacións polo que é substituído por un actualizado.
TORRENTE SOLIDARIO na páxina do IES
Desde hoxe, 31 de maio de 2021, todos os interesados e todas as interesadas no blogue Torrente Solidario, promovido polo alumnado de VoEs, poderán entrar nel a partir da ligazón aloxada no fondo da barra á dereita. Desfrutade dela
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar. Curso 2021-2022.
1.- NORMAS XERAIS
Dirixida ao alumnado do centro, que pode solicitar:
- ALUMADO DE 1º E 2º DE ESO: Só axudas para adquirir material escolar. Este alumnado non poderá solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto xa que ao ser o noso centro un centro EDIXGAL todo o alumnado destes niveis teñe garantidos un mínimo de 6 libros dixitais gratuitos.
- ALUMADO DE 3º E 4º DE ESO: Participación no fondo solidario de libros de texto e/ou axudas para adquirir material escolar.
2.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
- Devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2020/2021.
- Conservar en bo estado os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso escolar 2021/2022.
- Destinar o importe do vale de material a adquirir o material escolar que necesite.
3.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
PRAZO: As solicitudes poderán facerse entre o 21 de maio e o 22 de xuño de 2021.
MODO: O solicitante será o pai/nai/titor legal do alumno.
- Presentación electrónica: unha solicitude por fillo/a.
- Presentación non electrónica: unha solicitude única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente
LUGAR: As solicitudes poderán facerse:
- Preferiblemente por vía electrónica nos formatos dispoñibles na aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros a través da sede electróncia da Xunta de Galicia.https://sede.xunta.gal.
- Presencialmente no centro docente no que estea admitido o alumno para o curso 2021-2022. cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 21/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 20/21.
- Calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
FORMULARIO: (Anexo I) dispoñible:
- No portal educativo, http://www.edu.xunta.gal (premendo en Fondo Libros)
- Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería.
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:
Xunto coa solicitude haberá que entregar a seguinte documentación, referida á situación a 31 de decembro de 2019:
- Anexo II: comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
Segundo a situación do alumno/a haberá que entregar outra documentación (sentencia xudicial de separación ou divorcio, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbitofamiliar, resolución administrativa o xudicical que acredite a situación de acollimiento...).
4.- CALENDARIO DE APLICACIÓN
- Presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021 (incluídos).
- Listaxes provisionais de admitidos e excluídos: 9 de xullo de 2021.
- Listaxes definitivas de admitidos e excluídos: 15 de setembro de 2021.
- Entrega de vales de material: do 16 ao 25 de setembro de 2021.
- Entrega de libros do fondo: do 16 ao 25 de setembro de 2021.
5.- LEXISLACIÓN APLICABLE
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »