Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar. Curso 2022-2023
1.- NORMAS XERAIS
Dirixida ao alumnado do centro, que pode solicitar:
- ALUMADO MATRICULADO EN 1º E 2º DE ESO NO CURSO 2022/23: Só axudas para adquirir material escolar. Este alumnado non poderá solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto xa que ao ser o noso centro un centro EDIXGAL todo o alumnado destes niveis teñe garantidos un mínimo de 6 libros dixitais gratuitos.
- ALUMADO MATRICULADO EN 3º E 4º DE ESO NO CURSO 2022/23: Participación no fondo solidario de libros de texto e/ou axudas para adquirir material escolar.
2.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
- Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2021/22.
- Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2022/23 e devolvelos ao rematar este no mes de xuño.
- Destinar o importe do vale para libros a adquirir, única e exclusivamente, os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
- Destinar o importe do vale para material, única e exclusivamente, a adquirir o material escolar que necesite.
- Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
PRAZO: As solicitudes poderán facerse entre o 19 de maio e o 22 de xuño de 2022.
MODO: O solicitante será o pai/nai/titor legal do alumno.
- Presentación electrónica: unha solicitude por fillo/a.
- Presentación non electrónica: unha solicitude única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente
LUGAR: As solicitudes poderán facerse:
- Preferiblemente por vía electrónica nos formatos dispoñibles na aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros a través da sede electróncia da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
- Presencialmente no centro docente no que estea admitido o alumno para o curso 2022-2023. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/22.
- Calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
FORMULARIO: (Anexo I) dispoñible:
- No portal educativo, http://www.edu.xunta.gal
- Nos centros educativos
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:
Xunto coa solicitude haberá que entregar a seguinte documentación, referida á situación a 31 de decembro de 2020:
- Anexo II: comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
Segundo a situación do alumno/a haberá que entregar outra documentación (sentencia xudicial de separación ou divorcio, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbitofamiliar, resolución administrativa o xudicical que acredite a situación de acollimiento...).
4.- CALENDARIO DE APLICACIÓN
- Presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 (incluídos).
- Listaxes provisionais de admitidos e excluídos: 11 de xullo de 2022.
- Listaxes definitivas de admitidos e excluídos: 18 de xullo de 2022.
5.- LEXISLACIÓN APLICABLE