Curso 2019/20

Horario cuale

HORARIO CUALE CURSO 19/20
 INGLÉS
 A1…………………… 
MARTES      16:30-17:45
                                  MÉRCORES 16:30-17:45
  
B1…………………..   XOVES 17:15-18:30
                                  VENRES 16:00-17:15
  FRANCÉS
 B1……………………..       XOVES 16:00-17:15
                                        VENRES 17:15-18:30
  

CASTELÁN  E GALEGO ESTRANXEIROS
CASTELÁN………..MÉRCORES 16:00-16:50
 
GALEGO………….MÉRCORES 16:50-17:40


Presentación Ensinanzas de Adultos 19/20

DATAS PRESENTACIÓN ADULTOS E COMEZO ACTIVIDADE LECTIVA

O día 23 de setembro, luns, ás 18:30h terá lugar, no salón de actos do centro, a presentación do novo curso escolar nas Ensinanzas de Adultos,co  equipo directivo e os  profesores  que imparten nos respectivos niveis.

Ó rematar os alumnos e mailos titores xuntaranse nas respectivas aulas onde se lles fará entrega  dos horarios e responderán ás dúbidas que poidan xurdir.

As clases comezarán ó día seguinte, 24  martes,  para a Educación Secundaria Adultos niveis I e III , Castelán e Galego para estranxeiros, CUALE Inglés e  Francés e Ciclo de Turismo no horario fixado. As  de Bacharelato Semipresencial e Técnico deportivo de fútbol comezarán o día 30 de setembro, luns.

HORARIO DE COMEZO DE CURSO EN DIÚRNO

HORARIO DE COMEZO DO CURSO EN DIÚRNO

 

LUNS DÍA 16 DE SETEMBRO DE 2019

 

09:00h: PRESENTACIÓN ESO

 

ESO 1º

- 9:00h :  Benvida do director, cos titores, no salón de actos ao alumnado e familias.

- 9:20h - 9:30h: Reunión do equipo directivo cos pais de 1º ESO

- 9:20 h:Presentación do alumnado cos titores nas clases

 

ESO 2º, 3º E 4º

- 9:00 h: Presentación cos titores nas aulas

- 10.00h: Benvida do director, cos titores, no salón de actos

 

-10:30h: Regreso dos autobuses, que acercarán ó alumnado aos seus domicilios

 

O transporte levará aos alumnos ás horas indicadas

 

13:00h: PRESENTACIÓN BAC

 

            -13:00h: Benvida do director, cos titores, ao alumnado no salón de actos

            -13:30h: Presentación cos titores nas aulas

 

O martes 17 de setembro as clases serán no horario habitual (8:45 a 14:15)

O  transporte e o comedor funcionarán con normalidade

Premios Inspiraciencia

O día 6 de setembro a alumna Sandra Rodríguez Macía, que rematará os seus estudos de Bacharelato no noso centro este próximo curso, participou no Aquarium de Donostia na entrega de premios da novena edición do prestixioso "Concurso de Relatos de Inspiración Científica Inspiraciencia", convocado polo CSIC. A pesar de que nesta edición a competencia era moita, pois presentáranse 377 obras escritas en catalán, castelán, éuskaro e galego, o seu relato “A fantástica formación da Lúa” foi merecente na categoría xuvenil en galego do segundo premio. O xurado destacou a súa orixinalidade, calidade artística e contido científico.

O galardón está dotado cun diploma, un certificado, un completo e variado lote de libros da editorial Galaxia, ademais de material escolar. Dende o CSIC puxeron tamén á súa disposición unha bolsa de 400€ co fin de sufragar os gastos da súa viaxe e a dunha persoa acompañante.

Dende o centro reiteramos unha vez máis os nosos parabéns, agardando seguir acompañando a Sandra nos seus éxitos non só literarios.

Vales material escolar

 

Estimadas familias:  

   Xa se atopan dispoñibles na secretaría do centro os VALES PARA AXUDAS DE ADQUISICIÓN DE

MATERIAL ESCOLAR para o próximo curso 2019/2020. Poden pasar a recollelos en horario de 9:30- 13:30h

durante todo o mes de xullo ou a partir do día 2 de setembro.

Distribuir contido