Presentación Ensinanzas de Adultos 19/20
DATAS PRESENTACIÓN ADULTOS E COMEZO ACTIVIDADE LECTIVA
O día 23 de setembro, luns, ás 18:30h terá lugar, no salón de actos do centro, a presentación do novo curso escolar nas Ensinanzas de Adultos,co equipo directivo e os profesores que imparten nos respectivos niveis.
Ó rematar os alumnos e mailos titores xuntaranse nas respectivas aulas onde se lles fará entrega dos horarios e responderán ás dúbidas que poidan xurdir.
As clases comezarán ó día seguinte, 24 martes, para a Educación Secundaria Adultos niveis I e III , Castelán e Galego para estranxeiros, CUALE Inglés e Francés e Ciclo de Turismo no horario fixado. As de Bacharelato Semipresencial e Técnico deportivo de fútbol comezarán o día 30 de setembro, luns.