Normalización Lingüística
Marxes: guía ilustrada do Vigo rebelde
Enviado por Anónimo o Xov, 12/05/2022 - 19:08Hoxe tivemos no centro a presentación do libro MARXES: GUÍA ILUSTRADA DO VIGO REBELDE, cos seus autores: David Rodríguez (autor da fotografías e das ilustracións) e Xurxo Martínez (autor dos textos). Ambos nos presentaron as corenta historias que conforman o libro, e que percorren a historia marxinal da cidade desde as revoltas irmandiñas até as manifestacións do 15M, pasando por varias folgas obreiras, entre as que podemos destacar a das traballadoras de Álvarez (en 1946!), reclamendo os alimentos da cartilla de abastecemento que lles foran negados. E entre as biografías de persoeiros/as singulares podemos destacar a do topógrafo anarquista que lle dá nome ao noso instituto: Don Ricardo Mella. Se queredes ler máis destas historias marxinais podedes coller o libro na biblioteca. Ou escoitar aquí abaixo a entrevista que lle fixemos aos autores ao rematar a charla:
Exposición das culturas
Enviado por Anónimo o Mar, 10/05/2022 - 15:09Comeza a semana cultural e xa vai collendo forma o noso mural das culturas... Moitas grazas a todo o alumnado participante. E grazas tamén polas exposicións e degustacións que nos estades ofrecendo nas aulas. Encántannos as vosas comidas, as vosas músicas, as vosas danzas, as vosas linguas... Viva a multiculturalidade!!!
Semana das Culturas
Enviado por Anónimo o Ven, 06/05/2022 - 14:14
Velaquí a programación da SEMANA DAS CULTURAS que preparamos entre o Equipo de Dinamización, de Igualdade, os Clubs de Lectura, a Emisora de Radio, Vicedirección, e diversos departamentos. Con ela queremos pór en valor a multiculturalidade do IES Ricardo Mella. Entre os países que conforman a nosa diversidade lingüística e cultural están Venezuela, Colombia, Brasil, Perú, Nixeria, Rumanía, Portugal... E unha ampla representación da cultura xitana. De todas elas aprenderemos ao longo da semana.
Desde a cultura galega achegaremos unha obra dunha das nosas festas máis xenuínas: un maio e unhas coplas, que adornarán a entrada do centro ao final da semana.
Estas actividades contan, entre outros, co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Charla con NEE BARROS
Enviado por Anónimo o Xov, 21/04/2022 - 18:33NEE BARROS visitou o noso centro para falarnos de literatura, de música, de transexualidade, de escrita adolescente e de Identidade, o seu primeiro e celebrado libro.
Con el charlamos no Salón de Actos e tamén na emisora de Radio, onde Marta Ocampo e Santiago Expósito, de 1º de Bacharelato H, lle fixeron a entrevista que podedes escoitar aquí abaixo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »