Normalización Lingüística
Saída a Compostela e Padrón
Enviado por kikestevez o Dom, 18/12/2022 - 12:06Nunha actividade organizada polos departamentos de Lingua Galega e Dinamización Lingüística, o pasado venres 16 de decembro, o alumnado dos grupos de 1º BACH H e de 2º BACH H realizou unha saída ata Compostela para visitar as dependencias do Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos Ilustres. No Museo puideron gozar coas diferentes salas dedicadas aos oficios tradicionais, á nosa música, ás nosas construcións... pero tamén con outros detalles, coma a escaleira helicoidal ou as recreacións auténticas de embarcacións galegas (como unha dorna). Por outra parte, puideron visitar o Mosteiro de Bonaval, no que coñeceron os sepulcros de Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas ou Ramón Cabanillas. Ademais, á volta cara a Vigo, paramos na Casa de Rosalía de Castro (Padrón), onde tivemos a sorte de coñecer o presidente da Fundación, o mestre Anxo Angueira. En definitiva, unha xornada de coñecemento e de diversión ao mesmo tempo, acompañadxs tamén dun tempo marabilloso.
Charla no Club de Lecturas en Igualdade
Enviado por kikestevez o Mér, 07/12/2022 - 09:16O pasado venres 2/12/22 tivemos a sorte de contar coa ilustradora e música Laura Romero, que nos falou sobre os seus comezos no mundo da ilustración; sen deixar de lado algunhas anécdotas do mundo musical . Alén disto, introduciunos no proceso de creación de "Ferreñas e Rock and Roll", e especificamente contounos como foi a realización de capítulos especiais, como os de Josefa de Bastavales, Pili Dios ou as gran Batuko Tabanka... Ademais, tamén tivemos con nós a Iria Pedreira Sanjurjo, que non puido vir fisicamente, pero que nos falou a través dun vídeo que nos mandou moi xentilemente...
Vivan as nosas mulleres músicas! Grazas Laura!! Foi un pracer !!
#FerreñaseRockandRoll#EDLGMella#ClubdeLecturasenIgualdade
Novo programa Na Onda do Mella!!
Enviado por kikestevez o Xov, 01/12/2022 - 20:46Xa está no aire "Proxecto Mámoas", o programa editorial do proxecto homónimo, que nos irá descubrindo a arte megalítica e de gravados en pedra que temos no concello de Vigo.
Non perdades este episodio de Proxecto Mámoas
Chegan os novos Clubs de Lectura!!
Enviado por kikestevez o Xov, 01/12/2022 - 20:38
Unha vez rematados os primeiros clubs do ano, chega a segunda quenda!! Desta volta, a propostas son as seguintes:
Club de Adult@s: Morning Star, de Xosé Miranda
Club de Lecturas en Igualdade: Corredora, de María Reimóndez
Club Xuvenil: A era de Lázaro, de Paula Carballeira
Club Manga: Tam, de Anémona de Río
E ti, xa es do Club?!
Charla do Club de Lecturas en Igualdade
Enviado por kikestevez o Dom, 27/11/2022 - 17:52- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »