Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
26
Start: 26/10/2018
End: 26/11/2018
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018Como cada dous anos renóvase o Consello Escolar, seguindo as instruccións derivadas da RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018. Temos que renovar as seguintes vacantes, que xunto co director e o xefe de estudos, suman os 18 membros do Consello Escolar:
Aportamos aquí o calendario aprobado pola Xunta Electoral escollida por sorteo o día 18/10/2018. Nos adxuntos a esta comunicación poden baixar os modelos de impreso para presentar as súas candidaturas (do día 29/10 ao día 07/11/2018), o calendario do proceso e as competencias propias do Consello Escolar. Grazas pola súa participación. PROCESO ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR Tendo en conta o Decreto 92/1988, do 28 de abril modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e a resolución do RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, (DOG do Luns, 8 de outubro de 2018 ) pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar:
IES de Porto do Son a 17/09/2018
Start: 26/11/2018 20:35
Que sería do outono sen os cogumelos? Pois o mesmo que o verán sen sol...non pode ser! No ciclo queremos vivir, experimentar cada estación do ano ó máximo, aproveitando todo o que nos da cada unha dela. O outono é para os cogumelos sen excepción, así que decidimonos adentrarnos neste contido da man de Antón Becares. Primeiro tivemos unha pequena parte teórica e mais tarde tivemos ruta con recollida e identificación dos cogumelos.
Start: 26/11/2018 21:06
As/os alumnas/os do ciclo achegaronse ó mundo da natación e do triatlón da man de David Almuiña (alumno de 1º ESO do noso centro), Susana Lorenzo e Juan Carlos Brión Lema (entrenadores de natación e triatlón). Puideron coñecer como entrenaron e que adaptacións houbo que levar a cabo con persoas con discapacidade visual.
Start: 26/11/2018 21:12
O luns 26 de novembro aproveitando un pequeno respiro en canto á chuvia, calzamonos as botas, collimos a mochila, o mapa, os "tupers" e botamonos ó monte. Camiña que te camiña, fixemos 29 quilómetros por toda a nosa serra do Barbanza. E s - p e c - t a - c u - l a r ! ! !
| 27
| 28
all day
O pasado Venres 23 de Novembro desprazáronse a Noia un total de 55 deportistas de 1º, 2º e 3º de ESO para competir na proba de Campo a Través nas diferentes categorías. As primeiras en tomar a saída foron as rapazas do equipo Infantil feminino, ás 11.45, acadando un 5º posto na súa categoría. Tras elas tocoulles aos Infantís masculinos, quedando no posto 11 por equipos. A continuación a representación do equipo Cadete Feminino fixo unha excelente carreira, acadando o 2º posto por equipos e a nivel Individual Xiana Filgueiras quedou en 3ª posición. Por último, competiu o equipo Cadete Masculino acadando un traballado 2º posto por equipos, e a nivel individual Alejandro Vázquez chegou en 3ª posición e Rafael Sampedro nunha meritoria 5º praza.
Equipo cadete feminino e Alejandro Vázquez competindo No centro estabamos manifestándonos en contra da Violencia de Xénero, pero esta protesta tamén se levou a Xogade. Ben sabemos da discriminación e o machismo que aínda se vive no ámbito do deporte. Reflexionar e tentar mudar esta realidade forma parte tamén do día a día da educación. Dende o IES de Porto do Son queremos ter voz e actuar!
A seguinte carreira, xa clasificatoria para a seguinte fase, será no parque do Loreto (Porto do Son) o vindeiro Mércores 19 de Decembro. Noraboa a tódolos/as participantes polo seu esforzo e comportamento!!! Moito ánimo e pronta recuperación aos lesionados/as. | 29
| 30
| 1
| 2
|