Blogues

PRÉSTAMO UNIVERSAL E GRATUÍTO PARA O ALUMNADO GALEGO DE CENTROS PÚBLICOS

A asemblea da ANPA AMOR RUIBAL do  IES PONTEPEDRIÑA celebrada o día 20 DE MARZO, logo de realizar un debate sobre a situación actual das familias no que atinxe á adquisición de libros de texto, no que se afirmou a aposta por un ensino gratuíto e financiado con fondos públicos, acordou:

1. Rexeitar o actual sistema, chamado de “gratuidade solidaria” como fórmula axeitada para a xestión das axudas para a adquisición de libros de texto.

2. Esixir da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a implantación dun sistema de préstamo universal e gratuíto para que o alumnado galego de centros públicos de ensino dispoñan dos libros de texto necesarios para desenvolver a etapa de ensino obrigatorio; na liña do manifestado pola Defensora do Pobo no seu “estudo de outubro de 2013 sobre a gratuidade dos libros de texto” no que recomenda “aplicar preferentemente sistemas de préstamo e reutilización dos libros de texto, pola súa maior eficiencia e menor custe”

3. Esixir da consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que poña a disposición dos centros de ensino os medios materiais e humanos abondos para a organización das campañas de préstamo.

4. A organización de programas de traballo tendentes á utilización ou elaboración de materiais didácticos que posibiliten un sistema docente que non precise de libros de texto como material imprescindíbel.

 

 

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

Proxecto "unacebraenelagua"

cebra

Este
curso o alumnado de 4º ESO participa no proxecto promovido polo grupo
Acuigen do Departamento de Xenética da USC. O acuario está instalado no
laboratorio de Bioloxía.

" da violencia de xénero ós Dereitos Humanos"

Na entrada do instituto estará durante dúas semanas, ata o xoves 19 de decembro, a exposición cedida por Amnistía Internacional sobre violencia de xénero.

cambio nº de conta - inscricion 2013

 

ANPA
I.E.S. Pontepedriña

 anpa.pontepedrina@yahoo.es

R/
Amor Ruibal 28 CIF: G15345366

15702 Santiago de Compostela (A Coruña)

 

Nºconta ANPA: 3070 0035 21 6105421629 (Santiago Guayaquil nº 1)                                                                                             Cota 20€

CAIXA RURAL GALEGA

 

BOLETÍN DE INSCRICIÓN

Nai/pai,titor-,Dna/D…............……………..............………...............

Rúa…………………………………………………………................…Nº……..Portal…….Piso……...

C.Postal………..…...Poboación……....……..…………Concello……........…………………………

 

DATOS D@ ALUMNADO

 

Nome

Apelidos

Curso

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tfno……......…………………Móbil.......…...……………………

e-mail……………………..................…………………………………………………………………………..

…….....……………………, a…....de…………………………do 20............….

O/A, pai/nai, titor/a  (sinatura)

 

 

(Selo do Banco)                                                                                                                                                  (Exemplar para o Buzón da ANPA)

BANCO DE LIBROS – SETEMBRO 2013

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DO IES PONTEPEDRIÑA

BANCO DE LIBROS – SETEMBRO 2013

Estimadas familias:
A ANPA puxo en marcha no curso 2011-12  un “banco de libros”.  En xuño deste curso 2012-13, volvemos repetir o intercambio. A iniciativa tivo moi boa collida, pero botamos en falta libros de 1º e 2º de BACHARELATO, pola contra o alumnado de 4º ESO foi exemplar na súa solidariedade, pois, a pesar de non ter opción a recibir libros de 1º de Bacharelato, participou activamente neste banco de libros, que seguirá á vosa disposición en Setembro.

Como podedes imaxinar, organizar isto non  foi un proceso sinxelo e requeriu da boa vontade e colaboración de todas as persoas interesadas.

Pedimos desculpas se nalgún caso se produciron problemas de comunicación entre as familias e  os membros das distintas ANPAS implicadas no proceso ou se non foron satisfeitas todas as vosas demandas ou necesidades.

A ANPA tomou nota das persoas que entregaran libros, das que viñeron a recollelos e das que están pendentes de recollelos e/ou entregalos despois dos exames extraordinarios.

Polo que queremos informarvos das datas nas que estaremos á vosa disposición no BANCO DE LIBROS de SETEMBRO:

? A  mañá do  venres 6 de setembro, para RECOLLIDA DE LIBROS

? A tarde do luns 9 de setembro, para a ENTREGA DE LIBROS

SE ALGUNHA PERSOA ESTIVESE INTERESADA E NON PUIDESE PASAR POLO INSTITUTO  ALGÚN DESES DOUS DÍAS NAS HORAS INDICADAS, PODE POÑERSE EN CONTACTO COA ANPA :

? TEL: 639975156 (Sofia)

? TEL: 663588556 (Luísa)

? Correo-e: anpa.pontepedriña@yahoo.es

Pontepedriña, martes 3 de Xullo de 2012

Moitas grazas pola vosa colaboración!

A ANPA

(http://www.edu.xunta.gal/centros/iespontepedrina/ )

REPRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO FARSA PLAUTINA

A ANPA invita a nais e pais á representación que o grupo de teatro do instituto fará o xoves 20 ás 20:30 h. da obra " Farse plautina" de Agustín Magán (tempo estimado de duración:40m.)

BANCO DE LIBROS PARA O CURSO 2013-14

A ANPA pon en marcha, de novo, o "banco de libros".

Este curso recolleremos nós, na ANPA, todos os libros  (os que entregamos o curso pasado e os que entreguedes os que esteades dispostos a participar este curso)

Datas para a recollida dos libros de texto dos soci@s da ANPA: día 27 de xuño entre as 18:00h. e as 20:00.

Data para a recollida dos libros de texto de toda a comunidade edducativa: día 28 de xuño entre as 10:00h e as 14:00.

O Reparto de libros realizarase o martes 2 de xullo entre as 18:00 e as 20:00 h.

FOLGA CONTRA A LOMCE

O próximo 9 de maio está convocada unha xornada de folga e
mobilizacións contra a LOMCE. Nesta ocasión todo o mundo está
convocando, e toda a comunidade educativa está convocada; e aínda que
para todos nós ese día sexa, casualmente, non lectivo; isto non quere
dicir que non teñamos a intención de apoiar publicamente, e de
participar coa nosa presenza, os actos que se realicen. Por iso:


A Federación Compostela de Anpas de ensino público Galego, diante das
convocatorias de folga xeral do ensino realizadas para o próximo 9 de
maio, comunicamos que:

- Apoiamos totalmente a convocatoria de folga no ensino público para o 9 de maio.
- Animamos á participación na concentración que se ha realizar ás 11:30 do mesmo día na praza do Toural, en Compostela.
- Rexeitamos, unha vez máis e coa mesma forza ca sempre, o que se coñece como Lei Wert, ou LOMCE, porque é un proxecto profundamente negativo para a nosa sociedade.
- Queremos unha educación pública integradora, laica,
igualitaria, garante de valores democráticos e fornecedora de cohesión
social.
- Entendemos a educación como un valor colectivo
que nos mellora como individuos e como partes do grupo social, e non
podemos concebila organizada sobre criterios mercantilistas ou
empresariais.


Por todo iso estaremos o día 9 apoiando todo aquilo que
se faga en calquera punto da nosa xeografía, e que serva para dicir moi
alto, que non queremos esta lei, que non a necesitamos, e que
pelexaremos contra dela ata que desapareza do noso futuro.

CONVOCATORIA ANPA 2013

 

 

 

            tlf.659555109 

anpa.pontepedrina@yahoo.es

 

 

 

NAIS, PAIS E/OU TITORES DO ALUMNADO DO IES PONTEPEDRIÑA: 


 

Desde a directiva da ANPA Amor Ruibal, queremos  convocarvos a unha asemblea  coa seguinte orde do día: 


 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 


 

Día e Hora: Martes, 30 de Abril de 2013 ás 19,30h. en primeira convocatoria e ás 20,00h. en segunda.  

Punto único da orde do día: 

1. Aprobación, se procede, da integración da nosa ANPA na Federación de ANPAS de Compostela.  


 

CONVOCATORIA ORDINARIA 


 

Día e Hora: Martes, 30 de Abril de 2013, celebrarase a continuación da Asemblea Extraordinaria. 

Orde do día: 

1. Lectura e aprobación da acta anterior. 

2. Charla arredor da ORIENTACIÓN PARA OS ESTUDOS UNIVERSITARIOS. 

3. Actividade de TEATRO 

4. Banco de libros. 

5. Convocatoria de Folga no Ensino para o 9 de Maio de 2013. 

6. Suxerencias e preguntas. 


 

Quixeramos
lembrarvos que na derradeira Asemblea Xeral de Socios/as, celebrada en
Outubro de 2012, os/as alí presentes acordaron que, no presente curso,
terán preferencia á hora de participar no Banco de Libros os socios/as
da ANPA. A cota é de 20€ e pode realizarse o pagamento en prazos ou
adiarse até o trimestre do curso que mellor conveña a cada familia. Polo
que vos rogamos que vos asociededes para facer oír a vosa voz. Os
acordos poden cambiarse participando nas xuntanzas e opinando arredor
das decisións tomadas.
 

Tamén
queremos lembrarvos que as formacións sindicais (de estudantes e
profesorado), a CONFAPA, a Federación de ANPAS e as Plataformas que
defenden o ensino público galego, convocaron para o vindeiro 9 de maio
unha Folga Xeral no Ensino como medida de loita contra os recortes pero
tamén, moi especialmente, para tentar paralizar a entrada en vigor da
nova lei educativa, LOMCE.
 

Engadimos
a esta convocatoria a FICHA DE INSCRICIÓN, a CONVOCATORIA DA CHARLA DE
ORIENTACIÓN, e o MANIFESTO DA PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO
PÚBLICO.
 


 

FAI OÍR A TÚA VOZ! VEN E PARTICIPA!


 

ANPA I.E.S. Pontepedriña anpa.pontepedrina@yahoo.es
R/ Amor Ruibal 28 CIF: G15345366

15702 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Nº conta ANPA: 3070 0035 21 6105421629 (Santiago de Guayaquil nº 1)       Cota 20€

CAIXA RURAL GALEGA


 

BOLETÍN DE INSCRICIÓN

Nai/pai, titor-a, Dna/D…………………………………………………………………………........

Rúa…………………………………………………………............Nº……..Portal…….Piso……...

C.Postal………..…...Poboación……....……..…………Concello……........…………………


 

DATOS D@ ALUMNADO

Nome

Apelidos

Curso


 

 

 

 

 

 

 



Tfno……......…………………Móbil.......…...…………e-mail……………………………………

……................……………………, a…....de…………………………do 20............….

O/A, pai/nai, titor/a  (sinatura)



(Selo do Banco)                     (Exemplar para Buzón da ANPA)

……………………………………………


*

ANPA I.E.S. Pontepedriña

anpa.pontepedrina@yahoo.es

R/ Amor Ruibal 28 CIF: G15345366

15702 Santiago de Compostela

(A Coruña)



A EQUIPA DE ORIENTACIÓN E A ANPA DO IES  PONTEPEDRIÑA


infórmanlle da actividade

dirixida principalmente para nais/pais

ORIENTACION DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS D@ ALUMNADO

Lugar:  IES Pontepedriña (Aula de usos múltiples)
Día e Hora:
Xoves 23 de maio ás 19.35 h.
Ponente:
Luis Mª Hervella Torrón, Profesor da USC e coordinador do programa A PONTE

 

CONFERENCIA SOBRE DISTINTAS FORMAS DE MEMORIZACIÓN E TÉNICAS DE ESTUDO

CONFERENCIA EDUCATIVA GRATUITA A CARGO DO COACH INTERNACIONAL, EXPERTO EN DESENVOLVEMENTO INTELECTUAL

MIGUEL BOCCO PIQUE

SOBRE LECTURA RÁPIDA, DISTINTAS FORMAS DE MEMORIZACIÓN E TÉCNICAS DE ESTUDO EN XERAL, TODO ISTO CON DOMOSTRACIÓNS A CARGO DO COACH E A PARTICIPACIÓN DO PÚBLICO PRESENTE.

DESCUBRA O QUE SEU FILLO É CAPAZ DE LOGRAR, SE SORPRENDERÁ!!

INVITACIÓN ESPECIAL PARA PAIS/NAIS E ALUMNADO

MARTES 16 DE ABRIL ÁS 18.45 HS.

NO NOSO IES.

Distribuir contido