PRÉSTAMO UNIVERSAL E GRATUÍTO PARA O ALUMNADO GALEGO DE CENTROS PÚBLICOS

A asemblea da ANPA AMOR RUIBAL do  IES PONTEPEDRIÑA celebrada o día 20 DE MARZO, logo de realizar un debate sobre a situación actual das familias no que atinxe á adquisición de libros de texto, no que se afirmou a aposta por un ensino gratuíto e financiado con fondos públicos, acordou:

1. Rexeitar o actual sistema, chamado de “gratuidade solidaria” como fórmula axeitada para a xestión das axudas para a adquisición de libros de texto.

2. Esixir da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a implantación dun sistema de préstamo universal e gratuíto para que o alumnado galego de centros públicos de ensino dispoñan dos libros de texto necesarios para desenvolver a etapa de ensino obrigatorio; na liña do manifestado pola Defensora do Pobo no seu “estudo de outubro de 2013 sobre a gratuidade dos libros de texto” no que recomenda “aplicar preferentemente sistemas de préstamo e reutilización dos libros de texto, pola súa maior eficiencia e menor custe”

3. Esixir da consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que poña a disposición dos centros de ensino os medios materiais e humanos abondos para a organización das campañas de préstamo.

4. A organización de programas de traballo tendentes á utilización ou elaboración de materiais didácticos que posibiliten un sistema docente que non precise de libros de texto como material imprescindíbel.

 

 

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014