ANPA
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA
Enviado por anpapontepedriña o Dom, 16/10/2016 - 07:34
NAIS, PAIS E/OU TITORES DO ALUMNADO DO IES PONTEPEDRIÑA:
Desde a directiva da ANPA Amor Ruibal, convocámosvos a unha asemblea extraordinaria coa seguinte orde do día:
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Día e Hora: xoves, 20 de outubro de 2016 ás 19,00h. en primeira convocatoria e ás 19:30h. en segunda.
Puntos da orde do día:
-
Renovación da Xunta Directiva: elección de novos representantes ou disolución da asociación.
-
Información sobre a LOMCE: REVÁLIDAS, recollida de sinaturas, calendario de mobilizacións, ...
-
Información sobre as actividades de normalización linguística promovidas polo Concello.
Debido á enorme repercusión do tema das reválidas no futuro dos nosos fillos agradecemos a máxima difusión entre as familias e a asistencia á xuntanza. Agardámosvos!
OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS
Enviado por anpapontepedriña o Dom, 16/10/2016 - 07:31
O vindeiro MARTES 18 de outubro, arranca o obradoiro de artes escénicas 2016-2017, en horario de 15:15 - 16:15.
AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE PARTICIPAR.APÚNTATE
A actividade organizada pola equipa de Dinamización Lingüística e a Anpa e é totalmente LIBRE E GRATUITA para tódolos alumnos.
Agardámosche, non deixes de participar!!!
CONVOCATORIA ORDINARIA
Enviado por anpapontepedriña o Dom, 02/10/2016 - 16:36
NAIS, PAIS E/OU TITORES DO ALUMNADO DO IES PONTEPEDRIÑA:
Desde a directiva da ANPA Amor Ruibal, convocámosvos a unha asemblea ordinaria seguinte orde do día:
CONVOCATORIA ORDINARIA
Día e Hora: mércores, 05 de outubro de 2016 ás 19,00h. en primeira convocatoria e ás 19:30h. en segunda.
Puntos da orde do día:
-
Aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
-
Aprobación, se procede, das contas 2015-16 e orzamento previsto para o curso 2016-17
-
Renovación da Xunta Directiva: elección de novos representantes
-
Avaliación do Obradoiro de teatro: votación sobre a súa continuidade .
-
Inicio do curso: Libros, organización dos curso, dotación de profesorado, obras. Toma de decisións se procede
-
Rogos e preguntas
COLABORA CON NÓS.
FAITE SOCI@ PARTICIPA NO CURSO 2016/2017
Quixeramos lembrarvos que a cota de socio/a é de 20€ por familia, podendo realizarse o pagamento en prazos ou adiarse a calquera momento do ano escolar en curso. Polo que vos rogamos que vos asociededes para facer oír a vosa voz. Os acordos poden cambiarse participando nas xuntanzas e opinando arredor das decisións tomadas.
Nº conta: IBAN : ES 50 3070 0035 2161 0542 1629 (Santiago Guayaquil nº 1) Cota 20€
CAIXA RURAL GALEGA
BOLETÍN DE INSCRICIÓN
Nai/pai, titor-a, Dna/D………………………………………………………………….………………………………………………………………….
Rúa…………………………………………………………...................…………….Nº……………..Portal………….….Piso….....
C.Postal………..………..Poboación…………………......……..………………….Concello………………………….......………..
DATOS D@ ALUMNADO
Nome
|
Apelidos
|
Curso
|
|
|
|
|
|
|
Tfno……......………………………………………..Móbil.......…...……………………………………………………………………
e-mail……………………..................…………………………………………………………………………………………………..
……................………………………………………………, a…...........de………………………………………….do 20.............
O/A, pai/nai, titor/a (sinatura)
Os seus datos persoais serán incorporados a un ficheiro da ANPA IES PONTEPEDRIÑA para para fins de comunicación e divulgación de temas relacionados coa educación do seu fillo/a. Vostede ten dereito de acceso, oposición, rectificación e cancelación destes datos que deberá exercer mediante escrito a anpa.pontepedrina@yahoo.es.
(Selo do Banco) (Exemplar para Buzón da ANPA)
Fondo Solidario e Cheques
Enviado por lopezrico o Mér, 13/07/2016 - 15:22O IES PONTEPEDRIÑA
INFORMA:
- QUE AS ADXUDICACIÓNS DOS LIBROS CONCEDIDOS PARA 1º E 3º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA POLA XUNTA DE GALICIA, DENTRO DO SEU PROGRAMA DE PRÉSTAMO, NON PODERÁ SAÍR ATA O DÍA 15 DE SETEMBRO.
- A dirección do IES é coñecedora dos problemas que este feito produce nas familias (non saben cantos libros teñen concedidos, nin cales son), pero non é responsabilidade do Centro. Son as instrucións que da a Consellería e é imposíbel xerar ningún listado na aplicación correspondente.
- A día 12 de setembro o único que podemos publicar son as listaxes provisionais de admitidos. *
Agardamos podan desculpar as molestias ocasionadas.
* Poden consultar esta listaxe premendo nesta LIGAZÓN
SANTIAGO, 12 DE SETEMBRO DE 2016
LIBROS DE TEXTO
Enviado por anpapontepedriña o Lun, 20/06/2016 - 09:28
NAIS, PAIS , TITORES e ALUMNOS DO IES PONTEPEDRIÑA:
Estimados pais/nais/titores e alumn@s do IES Pontepedriña: lémbrase que os alumnos de 1º e 3º ESO que aproben en xuño PODERÁN DONAR os libros de texto que NON foron adquiridos co cheque ao persoal docente o día 27de xuño no momento da entrega das notas. Os libros entregados serán repartidos de maneira solidaria polo centro entre os novos alumnos de 1º e 3º.
Os alumnos con materias pendentes para SETEMBRO poderán facelo tamén o día da entrega das notas de setembro.
Posteriormente a Dirección daralle traslado a ANPA, unha relación co nome e número de libros doado por cada alumno, que pasará a formar parte dunha “LISTA PREFERENTE”, de tal xeito que no vindeiro banco para o curso 2017/18 teñan prioridade á hora de retirar libros, xunto cos socios da Anpa. PEDIMOS A VOSA COLABORACION E PARTICIPACION en esta entrega solidaria, que fará posible que no futuro continúe funcionando o sistema de banco de libros.
Lembrade, que a ANPA traballa pola gratuidade universal dos libros no ensino público.
Para calquera dúbida podedes dirixir as vosas consultas ao seguinte correo: anpa.pontepedrina@yahoo.es
XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA FUNDACION SECRETARIADO XITANO
Enviado por anpapontepedriña o Lun, 06/06/2016 - 04:32CHARLA EDUCACION SEXUAL
Enviado por anpapontepedriña o Lun, 06/06/2016 - 04:23
O próximo martes,7 de xuño ás 18:00h, na Biblioteca pública de Santiago, na Avda Xoán XXIII, terá lugar a conferencia EDUCACIÓN SEXUAL PARA UNHA EDUCACIÓN EN IGUALDADE E DIVERSIDADE.
Esta conferencia, organizada conxuntamente polo Concello de Santiago de Compostela e a Federación de ANPAS de Compostela, vai dirixida a nais e pais é consistirá nunha sesión de dúas horas con profesionais especializados que tratan de reflexionar sobra a inclusión das diversidades sexuais dende as familias.
Educar na igualdade e na diversidade non sempre é cousa sinxela, pero a Educación Sexual perfílase como unha ferramenta eficaz que permite entender a diversidade dos sexos e as súas interaccións, para así construír relacións sans, igualitarias e facer as vivencias de cada quen positivas. O obxectivo deste encontro é que cada un/ha de nós atopemos as chaves para educar ás nosas crianzas do xeito que cremos mellor.
A entrada é libre e non precisades inscribirvos, pero se queredes traer ás vosas crianzas, para as que teremos organizado un servizo de ludoteca, necesitamos sabelo de antemán. Podedes comunicalo a anpascompostela@gmail.com
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016/2017
Enviado por anpapontepedriña o Lun, 23/05/2016 - 03:14
INFORMACION AOS PAIS/NAIS/TITORES E ALUMNADO
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016/2017
Estimados pais/nais/titores e alumn@s do IES Pontepedriña: como xa moitos de vós coñecedes, ao longo destes últimos anos veu funcionando con razoable resposta pola vosa parte o BANCO DE LIBROS da ANPA.
No presente curso implantouse en 1º e 3º ESO a nova Lei de Educación (LOMCE), motivo polo cal houbo que renovar case a totalidade dos libros de texto. O vindeiro curso implantarase en 2º e 4º ESO, polo que, do mesmo xeito, se prevé a total renovación dos libros.
Por este motivo, vaise dar unha circunstancia excepcional no funcionamento do BANCO, en colaboración co centro educativo:
Os alumnos de 1º e 3º ESO PODERÁN DONAR os libros que NON foron adquiridos co cheque ao persoal docente cando rematen as clases. Loxicamente non poderán recibir LIBROS do BANCO a cambio, pois os de 2º e 4º serán de nova adquisición. Os libros entregados serán repartidos de maneira solidaria polo centro entre os novos alumnos de 1º e 3º.
Posteriormente a Dirección daralle traslado a esta ANPA, unha relación co nome e número de libros doado por cada alumno, que pasará a formar parte dunha “LISTA PREFERENTE”, de tal xeito que no vindeiro banco para o curso 2017/18 teñan prioridade á hora de retirar libros, xunto cos socios da Anpa.
Facemos, polo tanto, un CHAMAMENTO Á VOSA COLABORACION E PARTICIPACION en esta entrega solidaria, que fará posible que no futuro continúe funcionando este sistema. Lembrade, así e todo, a ANPA traballa pola gratuidade universal dos libros no ensino público.
Para calquera dúbida podedes dirixir as vosas consultas ao seguinte correo: anpa.pontepedrina@yahoo.es