Información xeral
Guía de Lecturas para o Verán 2017
Enviado por admin o Lun, 19/06/2017 - 16:09Listaxes provisionais de admitidos e admitidas para o curso 2017-18
O IES A Pontepedriña publica as listaxes provisionais de admitidos e admitidas para o curso 2017-18.
Os alumnos e alumnas procedentes dos centros adscritos (para Educación Secundaria o CEIP de Os Tilos e o CEIP Ramón Cabanillas; en Bacharelato os Centros Públicos Integrados Prurilingües de Vedra (Vedra), Antonio Orza ( Boqueixón) e Fonte-Diaz ( Touro) e os Centros Privados Concertados Prurilingües San Pelayo e San José de Cluny de Santiago de Compostela), teñen todos praza no centro, así como os alumnos e alumnas que actualmente cursan estudos no IES A Pontepedriña.
Os alumnos e alumnas que optaron ás vacantes a través do proceso de admisión son os que figuran nas listaxes que se relacionan.
Para 2º de E.S.O. non existe lista de admitidos e admitidas por non existir vacantes. Estos alumnos e alumnas deberán esperar o prazo de asignación subsidiaria.
- Listaxes admitidos e admitidas en Educación Secundaria
- Listaxe de admitidos e admitidas en Bacharelato
III CERTAME LITERARIO RELATOS DE AUGA INTELIXENTE
CARME URRUTIA GONZÁLEZ-FIERRO, DO IES A PONTEPEDRIÑA, FOI A GAÑADORA DO III CERTAME LITERARIO RELATOS DE AUGA INTELIXENTE.
Carmen Urrutia, do IES A Pontepedriña (primeira pola esquerda) gañou o III Certame literario Relatos de Auga Intelixente, organizado por Viaqua, na categoría de ESO, co seu relato “ Un balde de auga”. Este traballo foi coordinado pola profesora do Departamento de galego, Mari Carme García Ares.
Aqui aparece coa outra vencedora da categoria de Bacharelato e segundas clasificadas, no acto que se celebrou no concello para recibir os seus premios. Este acto estaba presidido polo edil de Educación e contaba coa presencia do director de Viaqua, Julio Masid, de membros da Corporación Municipal en representación de todos os partidos políticos e do xurado do premio.
A este premio presentáronse 561 relatos de alumnos e alumnas de toda Galicia.
O IES “A Pontepedriña” foi o gañador da fase zonal do Club de Debate
Enviado por Visitante o Mér, 15/03/2017 - 09:58Version:1.0 StartHTML:0000000167 EndHTML:0000000624 StartFragment:0000000454 EndFragment:0000000608
O IES “A Pontepedriña” foi o gañador da fase zonal do Club de Debate
Version:1.0 StartHTML:0000000167 EndHTML:0000001435 StartFragment:0000000454 EndFragment:0000001419
Estaremos na fase final que terá lugar en Santiago o día 6 de maio.
O equipo formado por Víctor López Sayáns, Carmen Aguilera Paredes, Desirée Mosquera Penas, Xoán Domínguez San José, Carla Gómez Beiroa, Sofía Sánchez-Brunete Facal e César Queijeiro Suárez, está preparado polas profesoras Mariló Lagarón e Carme García.
A temática sobre a que tiveron que debater os sete equipos participantes foi:
“Debemos acoller as persoas refuxiadas”
Na fase final o tema sobre o que debatirán será:
“O futuro da lingua está na mocidade”
Instrucción sobre o proceso de admisión de alumnado en centros públicos para curso 2017-18
Descarga o documento PDF na seguinte ligazón:
Máis información nos seguintes documnetos para descargar:
Relación de vacantes para o curso 2017-2018
Descarga o docuemento PDF na seguinte ligazón:
XII Olimpíada de Bioloxía - Fase autonómica
Enviado por nlucas o Mar, 17/01/2017 - 15:38Este ano foi a facultade de Bioloxía da USC quen acolleu a fase autonómica da XII Olimpíada de Bioloxía. Así que o pasado venres 13 de Xaneiro alí estiveron as nosas catro representantes: un ano máis 100% de mulleres. Parabéns ás nosas mellores biólogas pola súa participación.
Máis información na web da organización e na do Colexio de Biólogos de Galicia
Noelia Martínez Lorenzo Belén Nieves Fernández Aldara Díaz Marín Uxía Moreira Campos |
Fartos de tanta violencia
Enviado por lopezrico o Mar, 20/12/2016 - 06:25A Comunidade Educativa do IES Pontepedriña rexeita tallantemente a violencia de xénero. Unha das últimas vítimas, Ana María Enjamio Carrillo foi alumna do noso centro, na súa lembranza e na de tódalas vítimas gardamos cinco minutos de silencio.
Alumnado, profesorado e persoal non docente concentrámonos no patio do centro para poñer de manifesto a nosa repulsa diante deste terríbel crime