Lingua galega
INFORMACIÓN E ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA
TAREFAS A REALIZAR POR CURSOS
1º DE ESO
- Actividades 1º de ESO
- Actividades 1º de ESO do 30 de marzo ao 03 de abril de 2020
- Actividades 1º de ESO do 20 ao 27 de abril de 2020
- Libro "O Principiño" (para ler)
- Cuestionario sobre o libro " O Principiño".
- Actividades 1º de ESO do 27 de abril ao 03 de maio de 2020
- Actividades de Recuperación de 1º de ESO da 1ª Avaliación: expresión escrita.
- Actividades de traballo voluntario de 1º de ESO: Lingua Oral.
- Actividade voluntaria de 1º de ESO para o periodo do 11 ao 24 de maio.
- Actividades voluntarias de 1º de ESO para o periodo 25 de maio ao 07 de xuño
2º DE ESO
- Actividades 2º de ESO
- Actividades 2º de ESO do 30 de marzo ao 03 de abril de 2020
- Actividades 2º de ESO do 27 de abril ao 03 de maio de 2020
3º DE ESO
- Actividades 3º de ESO
- Actividades 3º de ESO do 30 de marzo ao 03 de abril de 2020
- Actividades 3º de ESO do 20 de abril ao 27 de abril de 2020
- Actividades 3º de ESO do 27 de abril ao 03 de maio de 2020
- Actividades de Recuperación de 3º de ESO da 1ª Avaliación: Literatura1.
- Actividades de ampliación de 3º de ESO (voluntarias).
- Actividades 3º de ESO. Día das Letras galegas.
- Actividades voluntarias de 3º de ESO para o periodo 25 de maio ao 07 de xuño
4º DE ESO
1º DE BACHARELATO
- Actividades 1º de Bacharelato
- Prácticas amorfolóxicas 1º de Bacharelato C e D
- Prácticas Literatura Medieval 1º de Bacharelato C e D.
- Actividades 1º de Bacharelato grupos A e B para o periodo do 30 de marzo ao 03 de abril de 2020
2º DE BACHARELATO
- Actividades 2º Bacharelato
- Novas actividades para 2º de bacharelato A ( do 30 de marzo ao 03 de abril de 2020)
- Probas de Selectividade de 2019 para facer (do 30 de marzo ao 03 de abril de 2020)
- Actividades 2º de Bacharelato GRUPOS B e C (do 27 de abril ao 03 de maio de 2020)
- Actividades de Recuperación de 2º de bacharelato A: Comprensión e expresión textual1.
- Actividades voluntarias para subir cualificación de 2º bacharelato A (actividades1)
- Actividades voluntarias para subir cualificación de 2º bacharelato A (actividades2)
- Exercicios de sintaxe ABAU para alumnado de 2º de bacharelato A
Literatura contra o maltrato
Enviado por Visitante o Xov, 29/11/2018 - 17:34Visita de Andrea Maceiras
Enviado por Visitante o Mér, 21/02/2018 - 18:13Visita ao Museo do Mar (Vigo)
Enviado por Visitante o Mar, 24/10/2017 - 14:44Os departamentos de Lingua Galega, Xeografía e Historia, Música e o Equipo de Dinamización e Normalización organizamos unha visita ao Museo do Mar en Vigo co alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato. Foi a ocasión perfecta para poder ver o Pergamiño Vindel, que contén as sete cantigas de amigo compostas por Martín Códax no século XIII, aproveitando que estará alí exposto ata o vindeiro 4 de marzo.
Tras pasar a mañá no Museo, antollouse boa idea viaxar en barco ata a Illa San Simón, co gallo de coñecer o seu pasado histórico como leprosaría, cárcere ou fogar de orfos. O tempo acompañou, polo que se puido gozar desta paisaxe única.
III CERTAME LITERARIO RELATOS DE AUGA INTELIXENTE
CARME URRUTIA GONZÁLEZ-FIERRO, DO IES A PONTEPEDRIÑA, FOI A GAÑADORA DO III CERTAME LITERARIO RELATOS DE AUGA INTELIXENTE.
Carmen Urrutia, do IES A Pontepedriña (primeira pola esquerda) gañou o III Certame literario Relatos de Auga Intelixente, organizado por Viaqua, na categoría de ESO, co seu relato “ Un balde de auga”. Este traballo foi coordinado pola profesora do Departamento de galego, Mari Carme García Ares.
Aqui aparece coa outra vencedora da categoria de Bacharelato e segundas clasificadas, no acto que se celebrou no concello para recibir os seus premios. Este acto estaba presidido polo edil de Educación e contaba coa presencia do director de Viaqua, Julio Masid, de membros da Corporación Municipal en representación de todos os partidos políticos e do xurado do premio.
A este premio presentáronse 561 relatos de alumnos e alumnas de toda Galicia.
Concurso de Viaqua: Relatos de Auga Intelixente
Enviado por Visitante o Mér, 15/03/2017 - 10:04A nosa alumna de 1º de ESO, Carmen Urrutia González-Fierro, resultou ganadora do concurso de Viaqua co seu poema Un balde de auga. Estaremos na entrega de premios a próxima semana.
Parabéns!!!
O IES “A Pontepedriña” foi o gañador da fase zonal do Club de Debate
Enviado por Visitante o Mér, 15/03/2017 - 09:58Version:1.0 StartHTML:0000000167 EndHTML:0000000624 StartFragment:0000000454 EndFragment:0000000608
O IES “A Pontepedriña” foi o gañador da fase zonal do Club de Debate
Version:1.0 StartHTML:0000000167 EndHTML:0000001435 StartFragment:0000000454 EndFragment:0000001419
Estaremos na fase final que terá lugar en Santiago o día 6 de maio.
O equipo formado por Víctor López Sayáns, Carmen Aguilera Paredes, Desirée Mosquera Penas, Xoán Domínguez San José, Carla Gómez Beiroa, Sofía Sánchez-Brunete Facal e César Queijeiro Suárez, está preparado polas profesoras Mariló Lagarón e Carme García.
A temática sobre a que tiveron que debater os sete equipos participantes foi:
“Debemos acoller as persoas refuxiadas”
Na fase final o tema sobre o que debatirán será:
“O futuro da lingua está na mocidade”
Cartas de San Valentin e máis en Normalización Lingüística
Premendo aquí pódese accrder aos gañadores do concurso de "Cartas de san Valentín" e máis novas relacionadas con Normalización.