Oferta educativa, ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Seccións bilingües

Educación secundaria obrigatoria

             A ordenación académica da Educación Secundaria Obrigatoria ven regulada polo Decreto 86/2015, do 25 de xuño ( DOG do 29 de xuño de 2015), así como pola Orde do 15 de xullo de 2015 ( DOG do 21 de xullo de 2015) e a Orde do 13 de xullo de 2016 ( DOG do 04 de agosto de 2016), que determinan entre outras cousas a carga horaria por materia, os curículos, as condicións de promoción por curso e a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros.

A continuación amósase un resumo da estructura das materias para cada curso coa adaptación á oferta que se realiza da mesma no noso centro. Após del recóllense algún aspectos xerais que tamén poden ser de interese: Acceso e permanencia; Promoción e titulación na Educación Secundaria; Medidas de Atención a Diversidade; Programas de Mellora; Relixión e Valores Éticos 

Descagar na seguinte ligazón a oferta educativa dA ESO: DESCARGAR PDF (0,5MB)

OFERTA EDUCATIVA.

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

1º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

MATERIAS OBRIGATORIAS

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN

DO CENTRO

· Bioloxía e Xeoloxía                                     (4 h)

· Ciencias Sociais. Xeografía e Historia.          (3 h)

· Educación Física.                                       (2 h)

· Educación Plástica, Visual e Audiovisual.      (2 h)

· L. Castelá e Literatura.                               (4 h)

· L. Galega e Literatura.                                (4 h)

· L. Estranxeira (escoller):                           (3 h)              

         ¨  Francés

         ¨  Inglés

· Matemáticas                                               (5 h)

· Relixión / Valores Éticos:                             (1 h)

         ¨  Relixión Católica

         ¨  Valores Éticos

· Segunda Lingua Estranxeira.                       (2 h)

Escoller:

    ¨  Francés

    ¨  Inglés

· Titoría                                                         (1 h)

(Todas de 1 h semanal)

A materia que elixas non poderás cursala en 2º

¨  Agricultura Ecolóxica e Nutrición

¨  Iniciación á Programación

¨  Promoción de Estilos de Vida Saudables

¨  Santiago e os seus camiños

2º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

MATERIAS OBRIGATORIAS

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN

DO CENTRO

· Ciencias Sociais. Xeografía e Historia.       (3 h)

· Educación Física.                                     (2 h)

· Física e Química.                                     (3 h)

· L. Castelá e Literatura.                             (3 h)

· L. Galega e Literatura.                              (3 h)

· L. Estranxeira (escoller):                        (3 h)              

         ¨ Francés

         ¨  Inglés

· Matemáticas                                             (5 h)

· Música                                                     (2 h)

· Relixión / Valores Éticos:                           (1 h)

         ¨  Relixión Católica

         ¨  Valores Éticos

· Segunda Lingua Estranxeira. Escoller:  (2 h)

    ¨  Francés

    ¨  Inglés

· Tecnoloxía                                                (3 h)

· Titoría                                                      (1 h)

(Todas de 1 h semanal)

ATENCIÓN! Non se poderá elixir a materia que se cursou en 1º de ESO

¨  Agricultura Ecolóxica e Nutrición

¨ Iniciación á Programación

¨  Promoción de Estilos de Vida Saudables

¨  Santiago e os seus camiños

3º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

MATERIAS OBRIGATORIAS

MATERIAS OPTATIVAS

· Alternativas referidas á relixión:                               (1 h)

        ¨  Relixión Católica

        ¨  Valores Éticos

· Ciencias Sociais. Xeografía e Historia. (Elixir):           (3 h)

        ¨  Bilingüe (Inglés)

        ¨  Non bilingüe

       (De non poder ser impartida por problemas organizativos, será  substituída por Bioloxía e Xeoloxía)

· Bioloxía e Xeoloxía.                                                 (2 h)

        ¨  Bilingüe (Inglés)

        ¨  Non bilingüe

· Educación Física.                                                    (2 h)

· Educación Plástica, Visual e Audiovisual.                  (2 h)

· Física e Química.                                                    (2 h)

· L. Castelá e Literatura.                                           (3 h)

· L. Galega e Literatura.                                            (3 h)

· L. Estranxeira (escoller):                                        (3 h)      

        ¨  Francés

        ¨  Inglés

· Matemáticas. Elixir entre:                                    (4 h)

    ¨ Matemáticas orientadas ás ensinanzas Académicas

        (Para cursar Bacharelato)

    ¨ Matemáticas orientadas ás ensinanzas Aplicadas.

        (Para cursar ciclos formativos medios)

NOTA: O tipo de Matemáticas cursadas non se poderá

modificar en 4º de ESO.

· Música                                                              (2 h)

          ¨  Bilingüe (Inglés)

          ¨  Non bilingüe

· Tecnoloxía.                                                        (2 h)

· Titoría                                                                (1 h)

¨ Cultura Clásica   (2 h)

¨ 2ª Lingua Estranxeira. Escoller:

¨  Francés  (2 h)

¨  Inglés     (2 h)

4º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

MATERIAS COMÚNS

Marcar a opción de matemáticas, Lingua estranxeira, Relixión ou Valores éticos

· CC SS Xeografía e historia   (3 h)

· Educación física                    (2 h)

· Lingua castelá e literatura     (3 h)

· Lingua galega e literatura      (3 h)

· Matemáticas:(Obrigatorio cursar a opción elixida en 3º)

¨  Ensinanzas académicas (Para Bacharelato)  (4 h)

¨  Ensinanzas aplicadas (Para F. Profesional)   (4 h)

· Primeira lingua estranxeira:  (3 h)

¨  Francés I

¨  Inglés I

· Elixir entre:                           (1 h)

¨  Relixión

¨  Valores éticos

OPCIÓNS

(Marca a opción elixida e, abaixo, as materias optativas que correspondan)

OPCIÓN ENSINANZAS ACADÉMICAS

-      

BACHARELATO -  (3 + 3 = 6 h)

OPCIÓN ENSINANZAS APLICADAS

-      

CICLOS FORMATIVOS - (3 + 3 = 6 h)

CIENCIAS:

· Bioloxía e xeoloxía (3 h)

¨ Bilingüe (en Inglés)

¨ Non bilingüe

· Física e química     (3 h)

LETRAS:

· Economía  (3 h)

· Latín         (3 h)

ENSINANZAS APLICADAS

· Iniciación á actividade emprendedora e empresarial                

                                                                                  (3 h)

Elixir unha materia entre:

¨  Ciencias aplicadas á actividade profesional                (3 h)

¨  Tecnoloxía                                                              (3 h)

MATERIAS OPTATIVAS (3 + 3 = 6 h)

(Marca TRES en cada columna por orde de preferencia)

Só se cursará unha de cada columna

MATERIAS OPTATIVAS (3 + 3 = 6 h)

(Marca TRES en cada columna por orde de preferencia)

Só se cursará unha de cada columna

¨  2ª lingua estranxeira

¨  Cultura clásica

¨  TICs

¨  Cultura científica

¨  Economía

¨  Educación plástica e visual

¨  Filosofía

¨  Música

¨  Tecnoloxía

¨  2ª lingua estranxeira

¨  Cultura clásica

¨  TICs

¨  Educación plástica e visual

¨  Filosofía

¨  Música

· Troncal non elixida antes:

¨  Ciencias aplicadas á actividade profesional

¨  Tecnoloxía

Acceso e permanencia.

A ESO é unha etapa educativa que ten carácter obrigatorio e gratuíto e que se cursa, de xeito ordinario, entre os 12 e os 16 anos. Ao seu remate obtense, coas condicións que se indican máis adiante, o título de graduado en ESO, que é necesario para continuar estudos de Bacharelato ou de Formación Profesional de grao medio.

            O alumnado pode permanecer cursando a ESO no réxime ordinario ata o ano no que cumpra os 18 de idade. Porén, pódese permanecer ata os 19 no caso de ter que repetir 4º curso e só ter repetido unha vez en toda a etapa.

Despois do límite de idade anterior, no caso de non obter o título de graduado en ESO poden rematarse estes estudos polo réxime de ensinanzas para adultos. Tamén poden seguir estudos no réxime de adultos os maiores de dezaseis anos que teñan un contrato laboral que non lles permita acudir aos centros educativos en réxime ordinario e os deportistas de alto rendemento. Ademais, o alumnado maior de 18 anos pode presentarse ás probas libres para a obtención do graduado en ESO que organiza cada ano a Consellería de Educación.

            Promoción e titulación na ESO.

Ao remate de cada curso lévase a cabo unha sesión de avaliación final ordinaria, no mes de xuño, na que se determina o grado de consecución das competencias e o logro dos obxectivos a través dos criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe. Se o alumno/a non acadan os mínimos esixidos en unha ou varias materias deberán realizar as probas extraordinarias correspondentes, que se levan a cabo nos primeiros días do mes de setembro.

No caso de 1º, 2º e 3º de ESO, para promocionar ao curso seguinte é necesario superar o curso anterior ou ter como máximo dúas materias con avaliación negativa cando non se cumpran as condicións que seguidamente se redactan. Repetirán curso cando teñan avaliación negativa en tres ou máis materias, ou en dúas materias que sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.

De forma excepcional, poderá autorizarse a promoción dun alumno ou unha alumna con avaliación negativa en tres materias cando se dean conxuntamente as seguintes condicións:

a) Que dúas das materias con avaliación negativa non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.

b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias con avaliación negativa non lle impide ao alumno ou á alumna seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa.

c) Que se lle apliquen ao alumno ou á alumna as medidas de atención educativa propostas no consello orientador.

Poderá tamén autorizarse de xeito excepcional a promoción dun alumno ou unha alumna con avaliación negativa en dúas materiasque sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas, cando o equipo docente considere que o alumno ou a alumna poden seguir con éxito o curso seguinte, que teñen expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa, e sempre que se lle apliquen ao alumno ou á alumna as medidas de atención educativa propostas no consello orientador. Para os efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou a alumna deben cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos e as alumnas poidan cursar máis materias do devandito bloque.

As materias coa mesma denominación en diferentes cursos da educación secundaria obrigatoria consideraranse como materias distintas.

Se non se promociona deberáse repetir o curs, agás que xa se estivese repetindo, en cuxo caso pásase ao seguinte, xa que a normativa impón un límite máximo dunha repetición por curso (agás en 4º, que se pode repetir por terceira vez se non se repetiu ningún outro curso de ESO). Ademais, só se pode repetir nun máximo de dous cursos en toda a etapa.

            É importante ter presente que cando se pasa ao curso seguinte con materias suspensas, estas deberán ser recuperadas, o que significa na práctica que o alumno ou alumna terá unha maior carga no número de materias que debe superar para acadar unha avaliación final completamente positiva. En definitiva, as materias pendentes contan como unha materia máis no cómputo, anteriormente sinalado, do número de materias que determina a promoción (e a titulación).

  Ao remate do 4º curso a avaliación determina a titulación ou non do alumnado. Os alumnos e as alumnas que obtivesen ou ben avaliación positiva en todas as materias ou ben negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas obterán a titulación sen facer a proba de avaliación final ( coñecida como reválida) mentres quede en suspenso a súa aplicación e/ou se modifique a actual lexislación.

Para finalizar con estes aspectos, sinalaremos que ao repetir curso o alumnado deberá volver a cursar todas as materias que teñen carácter obrigatorio, pero pode cambiar a súa matrícula nas que teñan carácter optativo e, no caso de 4º de ESO, o itinerario escollido.

Atención a Diversidade.

            O centro ten autonomía para organizar os grupos e as materias de maneira flexible e para adoptar as medidas de atención á diversidade máis adecuadas ás características do seu alumnado e que permitan o mellor aproveitamento dos recursos de que dispoña. As medidas de atención á diversidade  forman parte do proxecto educativo.

            Para o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), polas súas altas capacidades intelectuais, por se incorporar tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar, estableceranse as medidas curriculares e organizativas necesarias co fin de que poida alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais e os obxectivos e competencias establecidas en cada etapa para todo o alumnado.

            A escolarización do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo rexerase polos principios de normalización e inclusión, e asegurará a súa nondiscriminación e a igualdade efectiva no acceso e na permanencia no sistema educativo.

Programas de Mellora

            Os programas de mellora da  aprendizaxe e do rendemento constitúe unha medida de atención  á diversidade que se pode desenvolver a partir do segundo curso da educación secundaria obrigatoria, segundo o procedemento establecido pola consellería con competencias en materia de educación.

            Estes programas irán dirixidos preferentemente a alumnos e alumnas que presenten dificultades relevantes de aprendizaxe non imputables á falta de estudo ou esforzo.

            O equipo docente poderalles propor aos pais, ás nais ou aos/ás titores/as legais a incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento dos/das alumnos/as que repetisen cando menos un curso en calquera etapa e que, logo de cursado o primeiro curso de educación secundaria obrigatoria, non estean en condicións de promoción ao segundo curso, ou que logo de cursar o segundo curso non estean en condicións de promoción ao terceiro. 

            O programa desenvolverase a o longo dos cursos segundo e terceiro no primeiro suposto, ou só en terceiro curso no segundo suposto. Os alumnos e as alumnas que, cursando terceiro curso de educación secundaria obrigatoria, non estean en condicións de promoción ao cuarto curso poderán incorporarse excepcionalmente a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento para repetir terceiro curso.

            En todo caso, a súa incorporación requirirá a avaliación tanto educativa como psicopedagóxica, a través de informe do equipo docente e do ditame emitido polo Departamento de Orientación, e realizarase despois de oídos/as os/as propios/as alumnos/as, e os seus pais ou nais ou titores/as legais.

            A avaliación do alumnado que curse un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento terá como referente fundamental as competencias e os obxectivos da educación secundaria obrigatoria, así como os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables.

Valores éticos e relixión

Ao inicio de cada curso, no proceso de matriculación, os pais, nais ou titores legais do alumnado menor de 18 anos deberán indicar a opción que escollen para estas ensinanzas, sen que esa elección condicione a dos anos escolares seguintes (é dicir, pode cambiarse mesmo repetindo curso)

No caso da Relixión pódese optar por calquera das confesións relixiosas que recolle a disposición adicional segunda da Lei orgánica 2/2006 (actualmente son as seguintes: católica, evanxélica, islámica e xudaica).

 Tanto a materia de Valores Éticos como de Relixión son avaliables, computándose do mesmo xeito que calquera outra materia aos efectos de promoción e titulación anteriormente sinalados. Porén, non computarán en convocatorias nas que se consideren os expedientes académicos (becas e axudas, por exemplo), nin na obtención da nota media para diversos efectos (como a admisión do alumnado ou cando se trate de procesos de selección de calquera tipo).

            A materia de Valores Éticos ten como obxectivo básico orientar o alumnado adolescente na escolla do seu proxecto de vida persoal. A orientación de  Valores Éticos permitirá que ese proxecto se vaia enchendo de xeito acorde coa racionalidade práctica. Isto supón que o proxecto, por racional, vai requirir virtudes intelectuais como o rigor, a coherencia, a honradez intelectual ou o apego á realidade. Pola dimensión práctica desa racionalidade, o proxecto requirirá que o alumnado vaia construíndo, desde a reflexión, un código ético de valores e normas que determinarán as súas decisións para guiar a súa conduta de tal xeito que realce a súa dignidade persoal e, ao mesmo tempo, permita a súa realización plena e feliz como persoas e a promoción de relacións sociais marcadas polo recoñecemento das outras persoas, o respecto cara a elas, e pola finalidade de alcanzar cotas cada vez maiores de xustiza, tanto no nivel máis próximo á persoa como no nivel global.

Enlaces:

Primeiro de bacharelato

            O Decreto 86/2015, , do 125 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 29 de xuño de 2015), a Orde do 15 de xullo de 2015, polo que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria e Baclarelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta ( DOG do 21 de xullo de 015), a Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se amplica a relacion de materias de libre configuración autonómica  de elección para os centros docentes nas etapas de Educación Secundaria e Bacharelato e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG do 04 de agosto de 2016) e a Resolución do 15 de xullo de 2016  da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, pola que se dictan instruccións para impartir, no curso 2016-17, do currículo establelcido no decreto 86/2015, do 25 de xuño ( DOG do 01 de agosto de 2016) regulan o Bacharelato na actualidade.

            Como complemento a esta lexislación publicarónse unhas Aclaracións da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa a diversos aspectos do bacharelato derivado do réxime transitorio da implantación da Lei Orgánica 8/2013, de 09 de decembro ( LOMCE), realizadas en resposta as consultas formuladas no inicio do curso 2016-17.

            A continuación amósase o listado das materias de cada curso, coa adaptación á oferta que se realiza no noso centro, no que se imparten as modalidades de Ciencias e de Humanidades e ciencias sociais. Após recóllense algúns aspectos xerais que tamén poden ser de interese, como son o límite de permanencia na etapa, a promoción de curso e titulación, os cambios de modalidade, e as ensinanzas de Relixión e Valores Éticos

            É importante que se teña en conta que nas materias que teñen na súa denominación "II" é necesario superar previamente a "I" para que poida ser avaliada a II correspondente. No caso da Lingua estranxeira o idioma ten que ser o mesmo na I que na II.

            Así mesmo, hai materias de 2º curso para as que é necesario ou ben cursar (e superar) previamente unha materia de 1º ou ben acreditar os coñecementos necesarios, segundo o procedemento que establecen os departamentos didácticos correspondentes. Estas materias indícanse coa nota "precisa de..."

Descagar na seguinte ligazón a oferta educativa de primeiro de bacharelato:

OFERTA EDUCATIVA - PRIMERO BACHARELATO

1º DE BACHERELATO DE CIENCIAS

1º DE BACHERELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Algúns aspectos normativos sobre o Bacharelato

Acceso e permanencia

             Poderán acceder aos estudos de bacharelato os alumnos e as alumnas que estean en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria e teñan superada a avaliación final de educación secundaria obrigatoria pola opción de ensinanzas académicas.

            De acordo co artigo 53.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, o título de técnico de artes plásticas e deseño permitirá o acceso directo a calquera das modalidades de bacharelato. Así mesmo, conforme o artigo 65.3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, o título de técnico deportivo permitirá o acceso a calquera das modalidades de bacharelato.

            O bacharelato abrangue dous cursos, desenvolverase en modalidades diferentes e organizarase de modo flexible, coa finalidade de que poida ofrecer unha preparación especializada ao alumnado acorde coas súas perspectivas e os seus intereses de formación ou permita a incorporación á vida activa logo de finalizado este.

            Os alumnos e as alumnas poderán permanecer cursando bacharelato en réxime ordinario durante catro anos. Despois dese período pódese continuar estudos no réxime de ensinanzas de persoas adultas.

Nos casos de enfermidade prolongada, incorporación a un posto de traballo ou de obrigas de tipo familiar ou persoal que impidan seguir de xeito normal os estudos,pódeselle solicitar á dirección do centro, antes do 30 de abril, a anulación da matrícula. A solicitude(*) debe ir acompañada das xustificacións pertinentes. Se a resolución é favorable o ano non computará aos efectos do límite de permanencia máxima na etapa antes mencionado.

(*)Pódese descargar un modelo de solicitude nesta páxina

            Ao remate do bacharelato obtense o título de bacharel, que faculta para acceder aos estudos universitarios e de Formación profesional de grao superior.

Promoción e titulación

Ao final de cada curso lévase a cabo unha sesión de avaliación final ordinaria, no mes de xuño, na que se determina o grao de consecución dascompetencias e o logro dos obxectivos da etapa nas avaliacións continua e final das materias dos bloques de materias troncais, específicas e de libre configuración autonómica

Os alumnos e as alumnas terán promoción de primeiro a segundo de bacharelato cando teñan superadas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias, como máximo. En todo caso, deberán matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro. Os centros docentes deberán organizar as consecuentes actividades de recuperación e a avaliación das materias pendentes. 

            Para os efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou  a alumna deben cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración  autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos e as alumnas poidan cursar máis materias do devandito bloque.

            Sen superar o prazo máximo para cursar o bacharelato, os alumnos e as alumnas poderán repetir cada un dos cursos de bacharelato unha soa vez como máximo, aínda que excepcionalmente poderán repetir un dos cursos unha segunda vez, logo dun informe favorable do equipo docente

Cambio de modalidade

PRIMEIRO CURSO DE BACHARELATO 

O alumnado que no ano académico 2015- 2016 realizou o primeiro curso de bacharelato e deba permanecer no mesmo curso no 2016 -2017, deberá matricularse de todas as materias, repetir o curso na súa totalidade e non manterá as cualificacións obtidas no curso anterior.

SEGUNDO CURSO DE BACHARELATO 

O  alumnado que cursou as ensinanzas de segundo de bacharelato no curso 2015-2016 e finalizou con avaliación negativa nalgunha das materias cursadas poderá optar, por repetir o curso completo ou por matricularse unicamente das materias non superadas. Os centros garantirán que o alumnado teña información sobre esta posibilidade.

O alumnado que opte por repetir o segundo curso de bacharelato completo non manterá as cualificacións das materias superadas previamente.

O alumnado que se matricule no 2ºcurso de bacharelato unicamente das materias non superadas rexerase polas seguintes regras en cada un dos casos:

a) Materias pendentes de superación de segundo curso con idéntica denominación na planificación LOE e LOMCE e incluidas na planificación da LOMCE no bloque de materias troncais xerais: deberá cursar a mesma materia ou materias que tivera pendentes de superar. 

b) Materias pendentes de superación de segundo curso con diferente denominación LOE e LOMCE eincluídas na planificación da LOMCE como materias troncais xerais pero incluídas no anexo único da Orde ECD/462/2016,  [300]de 31 de marzo (o caso da Lingua estranxeira): deberá cursar a materia. 

c) Materias pendentes de superación de segundo curso con idéntica denominación en LOE e LOMCE e clasificadas en LOMCE como materias troncais de opción ou específicas, o alumnado poderá optar por:

—Cursar a mesma materia ou materias que tivera pendentes de superar de segundo.

—Substituír o mesmo número de materias pendentes de superar por outras, entre as perencentes ao mesmo bloque de materias determinadas no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, non cursadas previamente. No caso de materias troncais de opción, se opta por substituílas por outra deberá ser da mesma modalidade e non cursada previamente. Cando a materia pendente sexa Historia da Filosofía, que pasa de ser materia común de todas as modalidades de bacharelato na LOE a ser materia troncal de opción da modalidade de Humanidades coa LOMCE, o alumnado da modalidade de Humanidades que teña suspensa a materia de Historia da Filosofía, se opta por substituíla debe ser por outra pertencente ao mesmo bloque de materias troncais de opción, da mesma modalidade e non cursada previamente. 

Se o alumnado cursa a modalidade de Ciencias ou de Artes e ten pendente de superar a materia de Historia da Filosofía pode optar por:

 —cursala de novo, na condición de materia específica dentro das materias troncais de opción doutra modalidade.

— substituíla, por outra materia dentro do bloque das materias específicas. Hai que ter en conta que dentro dese bloque de materias específicas pode estar incluída unha materia  troncal de opción.

d) Materia ou materias pendentes de superación de segundo curso LOE que desaparecen da oferta educativa do segundo curso LOMCE.

            O alumnado que ten pendente a materia de Literatura Universal, materia propia das modalidades de Humanidades e Artes na LOE e que na estrutura LOMCE non está incluída nese segundo curso, deberá substituíla por outra da súa elección dentro das troncais de opción ou específicas.

e) Materias pendentes de segundo curso con idéntica denominación en LOE e LOMCE e incluidas en LOMCE como materias de libre configuración autonómica, o alumnado poderá optar por:

 —Cursar a mesma materia ou materias que tivera pendentes de segundo (Sería o caso da materia Electrotecnia)

—Substituíla por outras entre as pertencentes ao mesmo bloque de materias. 

            Os centros, de acordo coa súa organización docente, permitirán que o alumnado que o solicite poida asistir ás clases das materias que ten superadas e daquelas materias (como Latín, Matemáticas Aplicadas ás CC.SS e Fundamentos da Arte) que algún alumnado non cursou pero que podería preparar para a realización da avaliación individualizada, no caso de que opte por realizar esta proba.

            Todas aquelas situacións individuais do alumnado que non estean contempladas na Orde  ECD/2016 de 31 de marzo, serán resoltas pola Dirección Xeral, previo informe do Servizo de  Inspección Educativa.

Relixión e Valores Éticos. 

            Ao inicio de cada curso, no proceso de matriculación, o alumnado maior de idade ou, en caso contrario, os seus pais, nais ou titores legais, deberá indicar a opción que escolle para estas ensinanzas, sen que esa elección condicione a dos anos escolares seguintes.

            No caso da Relixión pódese optar por calquera das confesións relixiosas que recolle a disposición adicional segunda da Lei orgánica 2/2006 (actualmente son as seguintes: católica, evanxélica, islámica e xudaica). 

            A avaliación da materia de relixión católica realizarase nos mesmos termos e cos mesmos efectos ca a das outras materias do bacharelato. A avaliación doutras confesións relixiosas axustarase ao establecido nos acordos de colaboración en materia educativa subscritos con elas polo Estado español.

            Coa finalidade de garantir o principio de igualdade e a libre concorrencia, as cualificacións desta materia non computarán na obtención da nota media para os efectos de acceso á universidade, a ciclos superiores de formación profesional e a outros estudos nin nas convocatorias para a obtención de bolsas e axudas ao estudo en que deban entrar en concorrencia os expedientes académicos.

            A materia de Valores Éticos ten como obxectivo básico orientar o alumnado adolescente na escolla do seu proxecto de vida persoal. A orientación de  Valores Éticos permitirá que ese proxecto se vaia enchendo de xeito acorde coa racionalidade práctica. Isto supón que o proxecto, por racional, vai requirir virtudes intelectuais como o rigor, a coherencia, a honradez intelectual ou o apego á realidade. Pola dimensión práctica desa racionalidade, o proxecto requirirá que o alumnado vaia construíndo, desde a reflexión, un código ético de valores e normas que determinarán as súas decisións para guiar a súa conduta de tal xeito que realce a súa dignidade persoal e, ao mesmo tempo, permita a súa realización plena e feliz como persoas e a promoción de relacións sociais marcadas polo recoñecemento das outras persoas, o respecto cara a elas, e pola finalidade de alcanzar cotas cada vez maiores de xustiza, tanto no nivel máis próximo á persoa como no nivel global.

Enlaces:

Segundo bacharelato

Descagar na seguinte ligazón a oferta educativa de segundo de bacharelato:

MATERIAS A CURSAR EN 2º DE BACHARELATO DE CIENCIAS

IMPORTANTE: As materias que levan o distintivo “II” tiveron que ser cursadas en 1º para poder elixilas en 2º. O mesmo sucede con “Química” e “Física” que só se elixirán se en 1º se cursou “Física e química”

MATERIAS A CURSAR EN 2º DE BACHARELATOS DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

IMPORTANTE: As materias que levan o distintivo “II” tiveron que ser cursadas en 1º para poder elixilas en 2º. 

Estrutura Ciclos Formativos

ESTRUCTURA CICLOS FORMATIVOS 

            O Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos. (DOG do 15 de setembro de 2014); a Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas. (DOG do 2 de xullo de 2015); a Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2016/17. (DOG do 23 de xuño de 2016) e a Resolución do 4 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2016/17. (DOG do 18 de agosto de 2016)  son o marco legal que soporta a estructura dos ciclos formativos en Galicia.

            De acordo coa oferta do noso centro, a continuación amósase o listado dos módulos de cada ciclo formativo. Após recóllense algúns aspectos xerais que tamén poden ser de interese.

DESCARGA NESTA LIGAZÓN PDF DE OFERTAS DE CICLO FORMATIVOS

OFERTA CICLOS FORMATIVOS

CICLO MEDIO “ACTIVIDADES COMERCIAIS”

CURSO PRIMEIRO

CURSO SEGUNDO

Aplicacións informáticas para o comercio (5 h/sem)

Comercio electrónico                     (7 h/sem)

Dinamización do punto de venda (6 h/sem)

Servizos de atención comercial     (5 h/sem)

Formación e orientación laboral (4 h/sem)

Técnicas de almacén                      (7 h/sem)

Inglés (6 h/sem)

Venda técnica                                 (7 h/sem)

Márketing na actividade comercial   (6 h/sem)

Xestión dun pequeno comercio  (10 h/sem)

Procesos de venda    (6 h/sem)

Formación en centros de traballo.

Xestión de compras  (3 h/sem)

CICLO SUPERIOR “COMERCIO INTERNACIONAL”

CURSO PRIMEIRO

CURSO SEGUNDO

Formación e orientación laboral  (4 h/sem)

Comercio dixital internacional    (6 h/sem)

Inglés                                           (6 h/sem)

Financiamento internacional       (6 h/sem)

Negociación internacional           (5 h/sem)

Loxística de almacenamento      (7 h/sem)

Transporte internacional de mercadorías (7 h/sem)

Márketing internacional               (7 h/sem)

Xestión administrativa do comercio internacional (7 h/sem)

Medios de pago internacionais   (5 h/sem)

Sistema de información de mercados (5 h/s)

Xestión económ. e financeira da empresa (7h/sem)

Proxecto de comercio internacional

Formación en centros de traballo

CICLO SUPERIOR “XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS”

CURSO PRIMEIRO

CURSO SEGUNDO

Formación e orientación laboral  (4 h/sem)

Escaparatismo e deseño de espazos comerciais (6 h/sem)

Inglés                             (6 h/sem)

Loxística de almacenamento              (7 h/sem)

Investigación comercial     (5 h/sem)

Loxística de aprovisionamento           (6 h/sem)

Márketing dixital             (7 h/sem)

Organización de equipos de vendas  (5 h/sem)

Políticas de márketing        (7 h/sem)

Técnicas de venda e negociación       (6 h/sem)

Xestión económica e financeira da empresa (7h/sem)

Xest. de produtos e promoción no punto de venda (6 h/s)

Proxecto de xestión de vendas e espazos comerciais

Formación en centros de traballo

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

CURSO PRIMEIRO

CURSO SEGUNDO

Tratamento informático de datos (7 h/sem)

Aplicacións básicas de ofimática  (10 h/sem)

Tecnicas básicas de merchandising (6h/sem)      

Atención a Clientela            (3 h/sem)

Operacións auxiliares de almacenaxe (5h/sem)

Preparación de pedidos e venda de productos  (5 h/sem)

Ciencias Aplicadas I             (6 h/sem)

Organización de equipos de vendas  (5 h/sem)

Comunicación e Sociedade    (7 h/sem)

Titoría ( 1 h/sem)

 Comunicación e Sociedade II (6 h/s)

Titoría (1 h/sem)

Formación en centros de traballo ( 320 horas)

FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL

XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS

CURSO PRIMEIRO

CURSO SEGUNDO

Escaparatismo e deseño de espazos comerciais (3 h/sem)

Formación e Orientación laboral (5h/sem)                                 

Loxística de almacenamento              (5 h/sem)

Investigación comercial    (4 h/sem)

Loxística de aprovisionamento           (5 h/sem)

Márketing dixital             (10 h/sem)

Organización de equipos de vendas  (4 h/sem)

Políticas de márketing    ( h/sem)

Técnicas de venda e negociación       (5 h/sem)

Xestión económica e financeira da empresa (8h/sem)

Xest. de produtos e promoción no punto de venda (5 h/s)

Proxecto de xestión de vendas e espazos comerciais

Formación en centros de traballo (410 horas)

FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL

COMERCIALIZACIÓN PRODUTOS ALIMENTARIOS

CURSO PRIMEIRO

CURSO SEGUNDO

Escaparatismo e deseño de espazos comerciais (3 h/sem)

Formación e Orientación laboral (5h/sem)                                 

Loxística de almacenamento              (5 h/sem)

Investigación comercial      (4 h/sem)

Loxística de aprovisionamento           (5 h/sem)

Márketing dixital               (10 h/sem)

Organización de equipos de vendas  (4 h/sem)

Políticas de márketing      ( h/sem)

Técnicas de venda e negociación       (5 h/sem)

Xestión económica e financeira da empresa (8h/sem)

Xest. de produtos e promoción no punto de venda (5 h/s)

Proxecto de xestión de vendas e espazos comerciais

Formación en centros de traballo (410 horas)

Admisión a Ciclos Formativos.

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

Algúns aspectos normativos sobre a Formación Profesional

Que é a Formación Profesional?

A formación profesional é un conxunto de accións formativas, durante un período máximo de dous anos, que te capacitan para o exercicio dunha profesión e te preparan para o acceso ao emprego.

Como está organizada?

A formación profesional ordénase segundo un grupo de ocupacións –familias profesionais– (comunicación, imaxe e son; electricidade e electrónica; actividades marítimo-pesqueiras, sanidade, etc.)..

Pola súa vez, as familias profesionais están constituídas por ciclos formativos que poden ser de Grao Medio e Grao Superior.

Cada ciclo formativo comprende un conxunto de módulos profesionais de formación teórica e práctica.

Tanto os ciclos de grao medio como os de grao superior inclúen un módulo de formación en centros de traballo (FCT), de duración comprendida entre tres e seis meses, para o que se dispón de axudas económicas.

Como podo acceder?

Podes realizar o acceso ben directamente ou ben mediante unha proba, se non reúnes os requisitos do acceso directo.

-- Acceso a Grao Medio:

1.-Directo: cómpre teres o título de graduado/a en educación secundaria ou equivalente.

2.-Mediante proba: podes concorrer, con carácter xeral, se cumpriches 17 anos ou se os cumpres no ano en que se realicen as probas.

-- Acceso a Grao Superior:

1.-Directo: cómpre dispores do título de bacharelato ou equivalente.

2.-Mediante proba: podes acceder se tes 19 anos ou se os cumpres no ano de realización da proba, ou 18 anos se tes o título de técnico nun ciclo formativo que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción á que opta, consonte ao que se establece no Anexo V da orde do 02 de decembro de 2008.

Que modalidades podo estudar?

Neste Centro podes cursar ciclos formativos de forma presencial:

·   

Ciclo Medio de Comercio

·   

Ciclo Superior de Xestión de vendas e espazos comerciais.

·   

Ciclo Superior de Comercio Internacional

Onde e cando podo facer a inscrición?

A Dirección xeral publica o procedemento de Admisión ( consultar http://www.edu.xunta.es/fp/). Para o curso 2016-17 foi do 27 de xuño o 5 de xullo de 2016.

            A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

            Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

            No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

Ao rematar, que titulación teño?

Cando conclúas un ciclo formativo podes obter estes títulos:

– Técnico/a da correspondente profesión, en caso de superares todos os módulos que integran o ciclo formativo de grao medio.

No mundo laboral, sitúate nun nivel 2 de cualificación dentro da Unión Europea.

– Técnico/a superior da correspondente profesión, se os módulos que superaches integran un ciclo formativo de grao superior.

No mundo laboral, sitúate nun nivel 3 de cualificación dentro da Unión Europea.

E despois, que saídas teño?

-- Ciclos Medios

Saídas profesionais: podes acceder directamente ao mercado laboral ou converterte en emprendedor/a ao constituír a túa propia empresa.

Saídas académicas: co título de técnico/a podes acceder ao primeiro curso de calquera modalidade de bacharelato. Tamén tes a posibilidade de cursar un ciclo de grao superior se cumpres os requisitos de acceso directo (Título de Bacharelato) ou superas a proba de acceso para estes ciclos.

-- Ciclos Superiores

Co título de técnico/a superior podes acceder directamente, sen proba de acceso, a determinadas ensinanzas universitarias. Nos actuais plans de estudos de 1º e 2º ciclo só podes acceder a determinadas titulacións.

Para iso, as universidades reservan:

– O 15 % das prazas en titulacións de primeiro ciclo (enxeñarías técnicas, diplomaturas, maxisterio, etc.).

– O 7 % das prazas en titulacións de primeiro e segundo ciclo (enxeñarías, licenciaturas, etc.).

            Cos novos títulos de FP podes acceder a calquera titulación independentemente do ciclo superior cursado. Non obstante, poderanse establecer prioridades na vinculación dos títulos de técnico superior coas ramas de coñecemento en que se estruturan as ensinanzas.

            Podes chegar a validar, segundo o caso, de 60 a 120 ECTS (sistema Europeo de transferencia de créditos) dos novos títulos universitarios de grao, equivalente a un ou dous cursos académicos.

Enlaces:

Características xerais das Seccións Bilingües

O IES Pontepedriña foi un dos dous centros cos que se iniciou en Galicia, no curso 1999-2000, o plan experimental de Seccións europeas, que posteriormente deu lugar ao plan de Seccións bilingües, regulado pola Orde do 18 de abril de 2007 (DOG do 7 de maio de 2007).

As seccións bilingües son materias de ESO ou Bacharelato ou módulos de Formación profesional que se imparten de xeito bilingüe, en galego ou castelán e nunha lingua estranxeira.

O profesorado que imparte as clases, ademais de ser titular da materia correspondente, posúe a titulación mínima no idioma que determina a normativa anteriormente citada.

No caso do noso centro, as Seccións bilingües autorizadas son as seguintes, todas elas pertencentes ao idioma inglés:

  • Bioloxía e xeoloxía (3º e 4º de ESO)
  • Música (3º ESO)
  • Ciencias sociais, xeografía e historia (3º e 4º de ESO)

A introdución da lingua estranxeira en cada sección faise de xeito progresivo, co propósito de asegurar, ademais do reforzo das aprendizaxes do idioma, a adquisición dos contidos propios da materia obxecto da sección.

Para incorporarse aos grupos de seccións bilingües tan só se require a autorización escrita dos pais (pode descargarse un modelo nesta ligazón). Porén, a experiencia amosa que é moi recomendable que o alumnado posúa uns coñecementos aceptables, para o seu nivel educativo, da lingua estranxeira, principalmente para non poñer en risco a súa aprendizaxe dos contidos das áreas de ESO nas que se desenvolven as seccións.

Distribuir contido