Libros de texto

LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO PARA O CURSO 2024-25

A relación de libros de texto para a ESO e Bacharelato, no curso 2024-2025, pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023-24

O IES A Pontepedriña informa que atópanse no centro as listaxes definitivas de libros concedidos no Fondo Solidario da Xunta de Galicia, así como os excluídos do mesmo.

Tamén se atopan os cheques de material a disposición das familias.

Pola Lei de protección de datos non podemos publicar as listaxes na web.

Tamén poden consultarse a través da aplicación “Fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) coa chave365.

Repartiremos os cheques de material desde o día 27 de xullo en horario de oficina: 09:00 horas a 14:00 horas (preguntar en Conserxería).

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023-24

O IES A Pontepedriña informa que atópanse no centro as listaxes de libros concedidos (só aparece o número de libros concedidos) no Fondo Solidario da Xunta de Galicia, así como os excluídos do mesmo.

Pola Lei de protección de datos non podemos publicar as listaxes na web.

Tamén poden consultarse a través da aplicación “Fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) coa chave365.

Durante os días 13 e 14 de xullo ( ata as 14:00 horas) ábrese prazo de reclamación ás listaxes provisionais.

O día 26 de xullo publicaranse as listaxes definitivas. Desde este días poderanse recoller os vales de axuda para material escolar.

LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO PARA O CURSO 2023-24

A relación de libros de texto para a ESO e Bacharelato, no curso 2023-2024, pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso. Os libros de texto para ESO e Bacharelato son libros adaptados aos currículo LOMLOE. Isto implica que o centro xa non dispón de libros en préstamo do seu fondo para estes cursos.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023-24

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

 

1. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 20/05/2023 ata o 21/06/2023, ambos os dous inclusive.

2. O alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non teña praza en FPB no curso 2022/23 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda  poderán presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación informática fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros).

4. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Opcionalmente poderanse presentar no IES ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. O alumnado que ven para 1º de ESO debe presentar a solicitude polo procedemento electrónico ou na Secretaría do IES A Pontepedriña.

7. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

8. Os anexos I e II, que debe presentarse, está dispoñible: no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal), na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ), na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) ou na Secretaría do IES.

9. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos, agás que alguén se opoña a esta consulta. Neste caso deberán indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, Declaración do IRPF ou na súa falta Certificado tributario de imputacións no exercicio 2021. Se notifica discapacidade, Certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, referenciado a 31 de decembro de 2021.

10. Documentación complementaria que debe presentarse xunto co Anexo I:

  1. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) .
  2. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a 31 de decembro de 2021.
  3. Certificado de Convivencia, no caso de que o pai e a nai ou titor /es carezan de DNI e NIE.
  4. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello onde resida (se non pode ser polos medios anteriores).
  5. Certificado ou volante de convivencia (se non pode ser polos medios anteriores).
  6. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  7. Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia.
  8. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar. 
  9. Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  10. Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial. 
  11. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2021, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
  12. O centro publicará as listaxes provisionais o 12 de xullo de 2023. Contra esta resolución poderán presentar reclamación nos 2 días seguintes a esta publicación. As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2023.

AXUDA MATERIAL ESCOLAR

Tramitaranse na mesma instancia que a solicitude de libros. Ten os mesmos prazos e serve a mesma documentación.

Para mais información prema aquí.

LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO PARA O CURSO 2022-23

A relación de libros de texto para a ESO e bacharelato no curso 2022-2023 pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso.

Os libros de texto para 1º e 3º de ESO e 1º de Bacharelato son libros adaptados aos currículo LOMLOE. Isto implica que o centro xa non dispón de libros en préstamo do seu fondo para estos cursos.

 

Para os cursos de 2º e 4º de ESO e 2º de Bacharelato mantense os libros de cursos anteriores.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022-23

A Orde do 29 de maio de 2022 (DOG do 18 de maio de 2022) regula o procedemento para solicitar os LIBROS DO FONDO SOLIDARIO E AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.


1. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 19/05/2022 ata o 22/06/2022, ambos os dous inclusive.

2. O alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non teña praza en FPB no curso 2022/23 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda  poderán presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

4. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Opcionalmente poderanse presentar no IES ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. O alumnado que ven para 1º de ESO debe presentar a solicitude polo procedemento electrónico ou na Secretaría do IES A Pontepedriña.

7. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

8. O anexo I que debe presentarse está dispoñible: no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal), na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ), ou na Secretaría do IES.

9. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos, agás que alguén se opoña a esta consulta. Neste caso deberán indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, Declaración do IRPF ou na súa falta Certificado tributario de imputacións no exercicio 2020. Se notifica discapacidade, Certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, referenciado a 31 de decembro de 2020.

10. Documentación complementaria que debe presentarse xunto co Anexo I:

  1. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) .
  2. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a 31 de decembro de 2020.
  3. Certificado de Convivencia, no caso de que o pai e a nai ou titor /es carezan de DNI e NIE.
  4. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello onde resida (se non pode ser polos medios anteriores).
  5. Certificado ou volante de convivencia (se non pode ser polos medios anteriores).
  6. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  7.  Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia.
  8. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar. 
  9. Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 
  10. Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial. 
  11. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2020, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
  12. O centro publicará as listaxes provisionais o 11 de xullo de 2022. Contra esta resolución poderán presentar reclamación nos 2 días seguintes a esta publicación. As listaxes definitivas publicaranse o 22 de xullo de 2022.

Para mais información prema aquí.
 
AXUDA MATERIAL ESCOLAR


Tramitaranse na mesma instancia que a solicitude de libros. Ten os mesmos prazos e serve a mesma documentación.

LISTAS PROVISIONAIS DE ALUMNOS/AS CON LIBROS E VALES DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021-22

Publicación das listaxes provisionais de alumnos e alumnas que teñen concedidos libros en préstamo do Fondo Solidario da Xunta e vales para material escolar para o curso 2021-22.

Pola lei de protección de datos non podemos exponer as listaxes fora do centro educativo, nin na páxina web. Estarán nos taboleiros de anuncios do IES A Pontepedriña.

Ábrese un prazo de reclamación a estas listaxes que remata o día 14 de xullo.

As listaxes definitivas publicaránse entre os días 07 e 10 de setembro.

O reparto dos libros realizarase entre o 15 e o 24 de setembro.

Aqueles/as que teñan concedidos vales para material escolar poden pasar a recollelos polo centro desde o día 13 de xullo en horario de 10:00 a 13:30 horas.

LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO PARA O CURSO 2021-22

A relación de libros de texto (pdf) para a ESO e bacharelato no curso 2021-2022 pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso.

Recoméndase que o alumnado de ESO e bacharelato que se matricula en xuño non merque ata setembro os libros da materia optativa, pois é entón cando se pode confirmar que se cumpren as condicións legais necesarias para poder impartila.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021-22

A Orde do 06 de maio de 2021 (DOG do 20 de maio de 2021) regula o procedemento para solicitar os LIBROS DO FONDO SOLIDARIO E AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.

1. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 22/05/2021 ata o 22/06/2021, ambos os dous inclusive.

2. O alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non teña praza en FPB no curso 2021/22 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda  poderán presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

4. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Opcionalmente poderanse presentar no IES ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. O alumnado que ven para 1º de ESO debe presentar a solicitude polo procedemento electrónico ou na Secretaría do IES A Pontepedriña.

7. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

8. O anexo I que debe presentarse está dispoñible: no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal), na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ), ou na Secretaría do IES.

9. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automáticamente os datos, agás que alguén se opoña a esta consulta. Neste caso deberán indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, Declaración do IRPF ou na súa falta Certificado tributario de imputacións no exercicio 2019. Se notifica discapacidade, Certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, referenciado a 31 de decembro de 2019.

10. Documentación complementaria que debe presentarse xunto co Anexo I:

 1. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) .
 2. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a 31 de decembro de 2019. 
 3. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 
 4. Certificado de Convivencia, no caso de que o pai e a nai ou titor /es carezan de DNI e NIE
 5. Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia.
 6. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar. 
 7. Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 
 8. Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial. 

11. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2019, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

12. O centro publicará as listaxes provisionais o 09 de xullo de 2021. Contra esta resolución poderán presentar reclamación nos 2 días seguintes a esta publicación. As listaxes definitivas publicaránse o 15 de setembro de 2021.

AXUDA MATERIAL ESCOLAR

Tramitaranse na mesma instancia que a solicitude de libros. Ten os mesmos prazos e serve a mesma documentación.

Para mais información prema aquí.

Distribuir contido