Libros de texto
IBROS EN PRÉSTAMO DO IES A PONTEPEDRIÑA.
O IES A Pontepedriña informa que atópanse no centro as listaxes de libros concedidos nos Fondo do IES, Fondo AMPA e Fondo Solidario da Xunta de Galicia.
Pola Lei de protección de datos non podemos publicar as listaxes de libros concedidos. Para evitar acumulacións de persoas no centro poden chamar por teléfono e desde a secretaría do centro informaráselles dos libros concedidos.
O reparto dos mesmos produciráse entre os días 28 e 30 de setembro, agás dos libros que teñan que ser mercados ante a falta de existencias (nestes casos pode existir unha demora de varios días).
Listas provisionais de alumnos/as con libros e vales de material escolar. Curso 2020-21
Publicación das listaxes provisionais de alumnos e alumnas os que se lles concede libros en préstamo do Fondo Solidario da Xunta e vales para material escolar para o curso 2020-21.
- Listaxe de admitidos no fondo de libros da Xunta de Galicia- 1º ESO.
- Listaxe de admitidos no fondo de libros da Xunta de Galicia- 2º ESO.
- Listaxe de admitidos no fondo de libros da Xunta de Galicia- 3º ESO.
- Listaxe de admitidos no fondo de libros da Xunta de Galicia- 4º ESO.
- Listaxe de vales concedidos para axudas de material Escolar- 1º ESO.
- Listaxe de vales concedidos para axudas de material Escolar- 2º ESO.
- Listaxe de vales concedidos para axudas de material Escolar- 3º ESO.
- Listaxe de vales concedidos para axudas de material Escolar- 4º ESO.
- Listaxe de excluidos/as.
LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO PARA O CURSO 2020-21
A relación de libros de texto (pdf) para a ESO e bacharelato no curso 2020-2021 pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso.
Recoméndase que o alumnado de ESO e bacharelato que se matricula en xuño non merque ata setembro os libros da materia optativa, pois é entón cando se pode confirmar que se cumpren as condicións legais necesarias para poder impartila.
DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO EN PRÉSTAMO E LIBROS DA BIBLIOTECA
A devolución dos libros en préstamo realizarase entre o 16 e 19 de xuño. Traerán o mesmo día os libros que sexan de Fondo Xunta, Fondo IES, Fondo AMPA e Biblioteca.
- 1º de ESO: Día 16 de xuño
- 2º de ESO: Día 17 de xuño.
- 3º e 4º de ESO: Día 18 de xuño.
- Alumnado, con motivos xustificados, que non puido realizar a entrega o día marcado ou que realizaron entregas incompletas ou teñen libros de préstamo de bacharelato ou Formación Profesional Básica: Día 19 de xuño.
- Aqueles alumnos/as que non teñan que vir a devolver libros de texto en préstamo ou sexan de bacharelato e teñan libros da biblioteca para devolver: Día 19 de xuño.
O procedemento de entrega será o seguinte:
- A entrega realizaráse na entrada da Aula 0.
- O alumnado esperará, mantendo a distancia de seguridade, a ser chamado.
- O seu titor/a encargarase da recollida e comprobación do estado dos libros.
- É obrigatorio traer máscara de protección, lavarse as mans o entrar no centro e desinfectar o calzado.
- Un conserxe comprobará o entrar que o alumno/a pertence a ese grupo.
- Os/as titores recollerán os libros e comprobarán nas listaxes que a recollida é a correcta.
- Os/as alumnos/as ou os seus representantes traerán consigo a copia do rexistro dos libros que lle foron entregados e que recibiron no momento do reparto dos libros.
- Os libros serán recollidos comprobando somentes que fan unha entrega completa. Si posteriormente comprobase a existencia de libros en mal estado ou incompletos, as familias serán chamadas para que asuman as responsabilidades derivadas de participar no fondo solidario.
- De calquer discrepancia entre o entregado e o que figura nas listaxes tomarase nota para facer as pertinentes comprobacións e poder chamar as familias co que sexa.
- Aqueles/as alumnos/as que realicen unha entrega incompleta teñen o día 19 de xuño para entregar o que se atope pendente
HORARIOS DE DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO EN PRÉSTAMO E DA BIBLIOTECA
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2020-21
A Orde do 12 de maio de 2020 (DOG do 19 de maio de 2020) regula o procedemento para solicitar os LIBROS DO FONDO SOLIDARIO E AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
1. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 20/05/2020 ata o 19/06/2020, ambos os dous inclusive.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
3. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365( https://sede.xunta.gal/chave365).
4. Opcionalmente poderanse presentar no IES ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
5. O alumnado que ven para 1º de ESO debe presentar a solicitude polo procedemento electrónico ou na Secretaría do IES A Pontepedriña.
6. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
7. O anexo I que debe presentarse está dispoñible: no portal educativo ( http://www.edu.xunta.gal), na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ), ou na Secretaría do IES.
8. O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profe-sional básica no curso 2020/21 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non presentase solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.
9. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automáticamente os datos, agas que alguén se opoña a esta consulta. Neste caso deberán indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, Declaración do IRPF ou na súa falta Certificado tributario de imputacións no exercicio 2016. Se notifica discapacidade, Certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, referenciado a 31 de decembro de 2016.
10. Documentación complementaria que debe presentarse xunto co Anexo I:
- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a 31 de decembro de 2016.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado de Convivencia
- Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da famlia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial.
11. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
12. O centro publicará as listaxes provisionais o 10 de xullo de 2020. Contra esta resolución poderán presentar reclamación nos días seguintes a esta listaxe. As listaxes definitivas publicaránse o 14 de setembro.
AXUDA MATERIAL ESCOLAR
Tramitaranse na mesma instancia que a solicitude de libros. Ten os mesmos prazos e serve a mesma documentación.
Para mais información prema aquí.
AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2019-20
Publícanse as listas de admitidos, excluidos e pendentes para a concesión de axudas de material escolar para o curso 2019-20.
Os/as alumnos/as que se atopen en situación de pendentes, teñen pendente de realizar a súa matrícula. Ao formalizar a matrícula en setembro, sairá unha nova listaxe de entrega de vales.
Desde o día 16 de xullo e ata o día 31 poderán recollerse no centro os vales.
LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO PARA O CURSO 2019-20
A relación de libros de texto (pdf) para a ESO e bacharelato no curso 2019-2020 pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso.
Recoméndase que o alumnado de ESO e bacharelato que se matricula en xuño non merque ata setembro os libros da materia optativa, pois é entón cando se pode confirmar que se cumpren as condicións legais necesarias para poder impartila.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DA XUNTA DE GALICIA. CURSO 2018-19. LISTAS DEFINITIVAS DE LIBROS CONCEDIDOS.
As seguintes listaxes corresponden a concesión de libros para los alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria a través do sistema Fondo de libros da Xunta de Galicia. Non están contempladas nas mesmas nin os fondos do centro nin os fondos da AMPA. Estos fondos serán publicados entre o día 17 e 18 de setembro.
Estos libros serán repartidos entre o mércores, día 19 e o venres, dia 21 de setembro. Os fondos que o centro posue permite entregar casi todos os libros os/as alumnos/as que teñen as concesións. Tan só un número reducido deles ( concéntranse en 3º de ESO- uns 6 alumnos/as) pode verse afectado pola falta de fondos e a necesidade de encargalos as librerías e/ou editoriais. Isto pode retrasar a entrega dalgúns libros.
Listas provisionais de alumnos/as con libros e vales de material escolar. Curso 2018-19
Publicación das listaxes provisionais de alumnos e alumnas os que se lles concede libros en préstamo do Fondo Solidario da Xunta e vales para material escolar para o curso 2018-19.
FONDO DE LIBROS DO IES A PONTEPEDRIÑA
Estimados/as pais/nais/titores legais dos/as alumnos/as do IES A Pontepedriña:
O IES A Pontepedriña leva desenvolvendo nos últimos anos un fondo de libros de texto en préstamo propio que complemente o que ten a Consellería de Educación e a AMPA do centro.
O procedemento que vamos a seguir durante o curso 2018-19 é o seguinte:
- O reparto do fondo do IES vai estar coordinado pola Dirección do IES A Pontepedriña.
- As solicitudes faranse no modelo de impreso que se acompaña.
- O prazo de entrega da solicitude será do 03 de setembro ata o día 07 de setembro, ás 14:00 horas.
- A entrega realizaráse na Secretaría do IES.
- O reparto dos libros ao alumnado será despois do día 17 de setembro.
Criterios que utilizará o Centro para o préstamo.
-
Terán prioridade os/as alumnos/as que teñan máis necesidades económicas e por algún motivo non tiveran solicitado o Fondo da Xunta.
-
Para o alumnado que reciba libros do Fondo da Xunta e/ou do Fondo da AMPA será un complemento.
-
Por último atenderánse as solicitudes de alumnos/as non teñen dereito o Fondo da Xunta e/ou da AMPA.
Para descargar o impreso de solicitude, prema aquí.