FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2020-21

A Orde do 12 de maio de 2020 (DOG do 19 de maio de 2020) regula o procedemento para solicitar os LIBROS DO FONDO SOLIDARIO E AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.

1.     O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 20/05/2020 ata o 19/06/2020, ambos os dous inclusive.

2.     As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

3.     Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365( https://sede.xunta.gal/chave365).

4.      Opcionalmente poderanse presentar no IES ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5.     O alumnado que ven para 1º de ESO debe presentar a solicitude polo procedemento electrónico ou na Secretaría do IES A Pontepedriña.

6.     A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

7.     O anexo I que debe presentarse está dispoñible: no portal educativo ( http://www.edu.xunta.gal), na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ), ou na Secretaría do IES.

8.     O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profe-sional básica no curso 2020/21 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non presentase solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

9.     Para a tramitación deste procedemento consultaranse automáticamente os datos, agas que alguén se opoña a esta consulta. Neste caso deberán indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, Declaración do IRPF ou na súa falta Certificado tributario de imputacións no exercicio 2016. Se notifica discapacidade, Certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, referenciado a 31 de decembro de 2016.

10.  Documentación complementaria que debe presentarse xunto co Anexo I:

    1. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
    2. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a 31 de decembro de 2016.
    3. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
    4. Certificado de Convivencia
    5. Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da famlia.
    6. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
    7. Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
    8. Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial.

11.  En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

12.  O centro publicará as listaxes provisionais o 10 de xullo de 2020. Contra esta resolución poderán presentar reclamación nos días seguintes a esta listaxe. As listaxes definitivas publicaránse o 14 de setembro.

AXUDA MATERIAL ESCOLAR

Tramitaranse na mesma instancia que a solicitude de libros. Ten os mesmos prazos e serve a mesma documentación.

Para mais información prema aquí.