Filosofía
FILOSOFÍA
Todo el alumnado del Departamento de Filosofia, tanto de 1º y 2º de bachillerato como el alumnado de Valores de todos los cursos de ESO tienen en el Aula Virtual el material para trabajar y las indicaciones para realizar las actividades que se proponen para estos días sin clase presencial. Las dudas también se resolverán a través del blog del aula virtual".
En loita contra a violencia machista
Enviado por Visitante o Dom, 25/11/2018 - 05:28Co gallo de amosar o apoio de toda a comunidade educativa á loita contra a violencia machista, o departamento de filosofía animou o alumnado de Valores Éticos a levar a cabo esta dramatización. Foi realmente emocionante!!! Descargar fotos
Campaña solidaria "Gotas para Níger"
Enviado por Visitante o Dom, 03/06/2018 - 05:16V Olimpíada de Filosofía
Enviado por Visitante o Xov, 05/04/2018 - 13:21Silvia Ferro Álvarez (1º Bacharelato) obtivo o 3º posto na modalidade de Curta de Vídeo. Parabéns!!!
16 de novembro: Día Mundial da Filosofía 2017
Enviado por Visitante o Ven, 17/11/2017 - 14:05Como vén sendo costume, o Departamento de Filosofía conmemora o seu día mundial cunha exposición da vida e obra dos filósofos e filósofas máis relevantes e cun estupendo photocall que fixo as delicias do noso alumnado máis novo. En palabras da Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, "... a filosofía é un baluarte contra a estreitura de miras..."
GAÑADORA DO 2º PREMIO DOS V PREMIOS DE ENSAIO SUBVERSIVO
SOFÍA SÁNCHEZ-BRUNETE, ALUMNA DE 1º DE BACHARELATO GAÑADORA DO 2º PREMIO DOS V PREMIOS DE ENSAIO SUBVERSIVO, CONVOCADOS POLO IES XELMÍREZ I.
O día 20 de xuño foi entregado o 2º Premio dos V Premios de Ensaio Subversivo a Sofía Sánchez-Brunete, alumna de 1º de Bacharelato, grupo B, polo seu ensaio “ Os refuxiados desde unha perspectiva crítica”. Este traballo foi realizado en colaboración con Carmen Aguilera Paredes, Carla Gómez Bertoa, Victor López Sayans e Xoán Domíngues San José, alumnos/as de 1º de Bacharelato, grupo A.
Día mundial da filosofía (17/11/2016)
Enviado por Visitante o Ven, 18/11/2016 - 20:17No IES Pontepedriña celebrouse o Día Mundial da Filosofía. Con este motivo, o alumnado de bacharelato preparou unha exposición sobre os/as principais filósofos/as da historia. Por outra banda, Berta Bueno e Alejandro Pazos presentaron unha coreografía baseada no mito de Sísifo.
######## III Olimpíada Filosófica de Galicia #######
Enviado por lopezrico o Xov, 03/03/2016 - 07:25________________________________________________________________
PARABÉNS á nosa alumna Victoria Gutiérrez Robles, de 2º de Bacharelato, gupo C, GAÑADORA da III Olimpíada de Filosofía de Galicia, na modalidade de Disertación Filosófica, na final que se celebrou o pasado xoves 3 de Marzo na Facultade de Filosofía de Santiago.
Victoria representará a Galicia na fase final da III Olimpíada Filosófica na que participará alumnado de toda España, e que se celebrará en Oviedo os días 15 e 16 de Abril.
________________________________________________________________
" da violencia de xénero ós Dereitos Humanos"
Enviado por mgborrajo o Xov, 12/12/2013 - 15:07Na entrada do instituto estará durante dúas semanas, ata o xoves 19 de decembro, a exposición cedida por Amnistía Internacional sobre violencia de xénero.