LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016/2017

 

INFORMACION AOS PAIS/NAIS/TITORES E ALUMNADO

 

LIBROS DE TEXTO PARA O  CURSO 2016/2017

 

Estimados pais/nais/titores e alumn@s do IES Pontepedriña: como xa moitos de vós coñecedes, ao longo destes últimos anos veu funcionando con razoable resposta pola vosa parte o BANCO DE LIBROS da ANPA.

No presente curso  implantouse  en 1º e 3º ESO a nova Lei de Educación  (LOMCE), motivo polo cal houbo que renovar case a totalidade dos libros de texto. O vindeiro curso implantarase en 2º e 4º ESO, polo que, do mesmo xeito, se prevé a total renovación  dos libros.

Por este motivo, vaise dar unha circunstancia excepcional no funcionamento do BANCO, en colaboración co centro educativo:

Os alumnos de 1º e 3º ESO PODERÁN DONAR os libros que NON foron adquiridos co cheque ao persoal docente cando rematen as clases. Loxicamente non poderán recibir LIBROS do BANCO a cambio, pois os  de 2º e 4º serán de nova adquisición. Os libros entregados serán repartidos de maneira solidaria polo centro  entre os novos alumnos de 1º e 3º.

Posteriormente a Dirección daralle traslado a esta ANPA, unha relación co nome e número de libros doado por cada alumno, que pasará a formar parte dunha “LISTA PREFERENTE”, de tal xeito que no vindeiro banco para o curso 2017/18 teñan prioridade á hora de retirar libros, xunto cos socios da Anpa.

Facemos, polo tanto, un CHAMAMENTO Á VOSA COLABORACION E PARTICIPACION en esta entrega solidaria, que fará posible que no futuro continúe funcionando este sistema. Lembrade, así e todo, a ANPA traballa pola gratuidade universal dos libros no ensino público.

Para calquera dúbida podedes dirixir as vosas consultas ao seguinte correo:  anpa.pontepedrina@yahoo.es