Blogues

LIBROS DE TEXTO

 

NAIS, PAIS , TITORES e ALUMNOS DO IES PONTEPEDRIÑA:

 

 

 

Estimados pais/nais/titores e alumn@s do IES Pontepedriña: lémbrase que os alumnos de 1º e 3º ESO que aproben en xuño PODERÁN DONAR os libros de texto que NON foron adquiridos co cheque ao persoal docente o día 27de xuño no momento da entrega das notas. Os libros entregados serán repartidos de maneira solidaria polo centro  entre os novos alumnos de 1º e 3º.

 

Os alumnos con materias pendentes para SETEMBRO poderán facelo tamén  o día da entrega das notas de setembro.

 

Posteriormente a Dirección daralle traslado a ANPA, unha relación co nome e número de libros doado por cada alumno, que pasará a formar parte dunha “LISTA PREFERENTE”, de tal xeito que no vindeiro banco para o curso 2017/18 teñan prioridade á hora de retirar libros, xunto cos socios da Anpa. PEDIMOS A VOSA COLABORACION E PARTICIPACION en esta entrega solidaria, que fará posible que no futuro continúe funcionando o sistema de banco de libros.

 

Lembrade, que a ANPA traballa pola gratuidade universal dos libros no ensino público.

 

Para calquera dúbida podedes dirixir as vosas consultas ao seguinte correo:  anpa.pontepedrina@yahoo.es

 

PORTAS ABERTAS BALONMAN

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA FUNDACION SECRETARIADO XITANO

CHARLA EDUCACION SEXUAL

 

 

 

O próximo martes,7 de xuño ás 18:00h, na Biblioteca pública de Santiago, na Avda Xoán XXIII,  terá lugar a conferencia EDUCACIÓN SEXUAL PARA UNHA EDUCACIÓN EN IGUALDADE E DIVERSIDADE.

 

Esta conferencia, organizada conxuntamente polo Concello de Santiago de Compostela e a Federación de ANPAS de Compostela, vai dirixida a nais e pais é consistirá nunha sesión de dúas horas con profesionais especializados que tratan de reflexionar sobra a inclusión das diversidades sexuais dende as familias.

 

Educar na igualdade e na diversidade non sempre é cousa sinxela, pero a Educación Sexual perfílase como unha ferramenta eficaz que permite entender a diversidade dos sexos e as súas interaccións, para así construír relacións sans, igualitarias e facer as vivencias de cada quen positivas. O obxectivo deste encontro é que cada un/ha de nós atopemos as chaves para educar ás nosas crianzas do xeito que cremos mellor.

 

A entrada é libre e non precisades inscribirvos, pero se queredes traer ás vosas crianzas, para as que teremos organizado un servizo de ludoteca, necesitamos sabelo de antemán. Podedes comunicalo a anpascompostela@gmail.com       

 

 

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016/2017

 

INFORMACION AOS PAIS/NAIS/TITORES E ALUMNADO

 

LIBROS DE TEXTO PARA O  CURSO 2016/2017

 

Estimados pais/nais/titores e alumn@s do IES Pontepedriña: como xa moitos de vós coñecedes, ao longo destes últimos anos veu funcionando con razoable resposta pola vosa parte o BANCO DE LIBROS da ANPA.

No presente curso  implantouse  en 1º e 3º ESO a nova Lei de Educación  (LOMCE), motivo polo cal houbo que renovar case a totalidade dos libros de texto. O vindeiro curso implantarase en 2º e 4º ESO, polo que, do mesmo xeito, se prevé a total renovación  dos libros.

Por este motivo, vaise dar unha circunstancia excepcional no funcionamento do BANCO, en colaboración co centro educativo:

Os alumnos de 1º e 3º ESO PODERÁN DONAR os libros que NON foron adquiridos co cheque ao persoal docente cando rematen as clases. Loxicamente non poderán recibir LIBROS do BANCO a cambio, pois os  de 2º e 4º serán de nova adquisición. Os libros entregados serán repartidos de maneira solidaria polo centro  entre os novos alumnos de 1º e 3º.

Posteriormente a Dirección daralle traslado a esta ANPA, unha relación co nome e número de libros doado por cada alumno, que pasará a formar parte dunha “LISTA PREFERENTE”, de tal xeito que no vindeiro banco para o curso 2017/18 teñan prioridade á hora de retirar libros, xunto cos socios da Anpa.

Facemos, polo tanto, un CHAMAMENTO Á VOSA COLABORACION E PARTICIPACION en esta entrega solidaria, que fará posible que no futuro continúe funcionando este sistema. Lembrade, así e todo, a ANPA traballa pola gratuidade universal dos libros no ensino público.

Para calquera dúbida podedes dirixir as vosas consultas ao seguinte correo:  anpa.pontepedrina@yahoo.es

 

 

 

REPRESENTACION DA OBRA DE TEATRO

 

A equipa de Normalización Lingüística e a Anpa do IES Pontepedriña convídante á representación da obra de teatro “A Farsa de Bulubú” do autor  Manuel María. A obra está dirixida por Fran Rei e protagonizada por alumnado do instituto.

 

Vindeiro xoves 26 de maio, na sala de usos múltiples do Centro.

 

  •   11:45 horas para os alumnos

  •   20:00 horas para familiares e amigos

 

 

 

Agardámosche.

 

HORARIO DEFINITIVO NAS CLASES DE APOPIO DA AAVV

CLASES DE APOIO AO ESTUDO DE BALDE no Centro Socio Cultural de Pontepedriña

A Asociación Veciñal de Pontepedriña  comunícanos que a partir do martes 8 de marzo haberá clases de apoio ao estudo de balde para estudantes de Primaria, ESO e BACHARELATO no Centro Socio Cultural de Pontepedriña (Rúa Amor Ruibal, nº 26), no seguinte horario:

- Martes de 18.30 a 19.30

- Mércores de 16.30 a 18.00 h.

As clases estarán a cargo de dúas voluntarias, estudantes da USC coordinandas dende o SEPIU, que atenderán a área lingüística (galego, castelán, inglés, ciencias sociais...).
Están  xestionando co SEPIU a posibilidade de que se incorpore tamén unha persoa que poda atender a área científica, para que este apoio sexa máis completo.

Non é necesario apuntarse, abonda con pasar polo centro neste horario e falar con Alba e Laura, as dúas monitoras.
 

ABANDONO ESCOLAR PREMATURO E DIFICULTADES DA APRENDIZAXE

Remitimos esta información  por se fose do vose interese .
 
http://www.agadix.es/index_archivos/superior_1.jpg
 

CHARLA: Abandono Escolar Prematuro e Dificultades Específicas da Aprendizaxe (DEA): A Dislexia e Outras Diversidades.

 FECHA:  17 de Febreiro as 18:00

LUGAR:  Cruz Roxa Santiago de Compostela

PONENTE   Claudia Fernández Fdez.Psicóloga especializada en contextos educativos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido