Blogues

COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN VECIÑAL PONTEPEDRIÑA

 


Estimadas familias veciñas ou usuarias do barrio de Pontepedriña:


Os cursos de fotografía a cargo de Víctor Barro (http://www.fotosconletra.com/) son unha das moitas actividades que se veñen desenvolvendo no Centro Socio Cultural de Pontepedriña. Como é lóxico, en moitas ocasións, os alumnos e alumnas fan as súas prácticas nas inmediacións do barrio, polo que xurdiu a posibilidade de facer unha exposición coas fotografías que estas alumnas e alumnos realicen.
Un dos aspectos que máis nos interesa aos representantes da asociación é retratar o día a día do noso barrio e retratalo coma un barrio vivo, un lugar no que conviven xentes de todas as idades e condicións. Veciñas e veciños que nos atopamos na rúa, que saímos a traballar, a comprar, a facer deporte ou a tomar algo nun bar... pequenas e pequenos que xogan no parque, que van ao colexio, mozas e mozos que estudan no instituto, maiores que pasean sós ou acompañados...

Tamén nos interesa conectar o pasado do barrio co presente e as súas xentes, polo que é posible que expoñamos algunhas das fotografías históricas do barrio contrastándoas co presente.


O obxecto desta exposición fotográfica, que se custearía con fondos da asociación, é amosala no Centro Sociocultural e, posiblemente, no Facebook da Asociación (  https://www.facebook.com/pontepedrina.asocvecinal) para disfrute da veciñanza.

 Para levar a cabo este proxecto precisamos da súa colaboración, xa que para fotografar persoas recoñecibles, máis aínda menores e dependentes, necesitamos unha autorización de cesión de imaxe dos titores. Por elo, rogámoslle que se desexan participar nesta actividade nos fagan chegar a través dos responsables dos centros educativos e/ou residencia a cesión que se adxunta. Tamén poden depositala na caixa de correos da asociación que está ao lado da entrada principal do centro socio cultural. Moitas grazas pola súa colaboración e apoio.

En Santiago de Compostela, a 8 de decembro de 2016


 Asdo: Susana Losada Soto

Presidenta da Asociación Veciñal Pontepedriña

Pódese descargar o formulario no documento adxunto

CORRIXIMOS

O vindeiro martes 3 de novembro  arranca o  obradoiro de teatro, en horario de 15:15 - 16:15.

 

AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE PARTICIPAR. APÚNTATE!

CORRIXIMOS!

O vindeiro martes 3 de novembro  arranca o  obradoiro de teatro, en horario de 15:15 - 16:15.

 

AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE PARTICIPAR. APÚNTATE!

ARRANCA O TEATRO

O vindeiro martes 2 de novembro  arranca o  obradoiro de teatro, en horario de 15:15 - 16:15.

 

AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE PARTICIPAR. APÚNTATE!

 

 

OBRADOIRO DE TEATRO

 


 


OBRADOIRO   DE  TEATRO


 


A Equipa de Normalización Linguística e a ANPA do IES Pontepedriña poñen a andar un ano máis o obradoiro de teatro, os martes en horario de 15:15 - 16:15.


Os alumnos interesados deberán poñerse en contacto con Víctor.


A actividade é libre e  gratuíta para todo o alumnado, pero animámosvos a facervos socios para continuar facéndoa sostible. Grazas.


 

COTA SOCI@ 2015-16

A cota de socio/a é de 20€  por familia, podendo realizarse o pagamento en prazos ou adiarse a calquera momento do ano escolar  en curso.  


Podedes descargar o modelo no ficheiro adxunto

ASEMBLEA ORDINARIA

NAIS, PAIS E/OU TITORES DO ALUMNADO DO IES PONTEPEDRIÑA:


 


Desde a directiva da ANPA Amor Ruibal, convocámosvos a unha asemblea ordinaria  coa seguinte orde do día:


 


CONVOCATORIA ORDINARIA


 


Día e hora: mércores, 7 de outubro de 2015 ás 19:00h. en primeira convocatoria e ás 19:30h. en segunda.


 


Puntos da orde do día:


·         Aprobación, se procede, da  acta da  asemblea anterior.


·         Aprobación, se procede, das contas 2014-15 e orzamento previsto para o curso 2015-16.


·         Modificación da Xunta Directiva: dimisión da secretaria e elección de novo representante.


·         Avaliación das actividades realizadas:


-        Obradoiro de teatro


-        Banco de libros


·         Inicio do curso: Libros,  dotación de profesorado, obras, camiños escolares. Toma de decisións se procede.


·         Rogos e preguntas.

Orlas do alumnado Curso 2015-2016

Nos arquivos inferiores están as orlas do alumnado.

 

LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias: estamos a recibir peticións de axuda de familias que necesitan libros de texto para este curso. Logo de agotar tódolos  que tiñamos á nosa disposición no banco facemos este chamamento: precisamos libros de 1º ESO E 1º BACHARELATO.
 
Se alguén está interesado en donar libros que se poña en contacto a través deste correo.
 
Aproveitamos para lembrarlles,  que o vindeiro martes día 15 en horario de 16:30-18:30 , no vestíbulo do instituto, se colocarán os libros sobrantes do  banco a disposición de tódolos alumnos.
 
 
Moitas grazas pola vosa colaboración. A Anpa

BANCO DE LIBROS DA ANPA

 

BANCO DE LIBROS DA ANPA DO IES PONTEPEDRIÑA

 

 Lembrade que en SETEMBRO as datas para o banco de libros da Anpa son as seguintes:

 

·          Data para a recollida dos libros de texto: día 4 de setembro entre as 11:00h. e as 14:00h.

·          Data para a entrega dos libros de texto:   día 8 de setembro entre as 17:00h. e as 20:00h.

 

 

 

Se estades interesados e non podedes pasar nas datas sinaladas poñédevos en contacto coa ANPA no Correo-e: anpa.pontepedrina@yahoo.es

 

Distribuir contido