FOLGA CONTRA A LOMCE

O próximo 9 de maio está convocada unha xornada de folga e
mobilizacións contra a LOMCE. Nesta ocasión todo o mundo está
convocando, e toda a comunidade educativa está convocada; e aínda que
para todos nós ese día sexa, casualmente, non lectivo; isto non quere
dicir que non teñamos a intención de apoiar publicamente, e de
participar coa nosa presenza, os actos que se realicen. Por iso:


A Federación Compostela de Anpas de ensino público Galego, diante das
convocatorias de folga xeral do ensino realizadas para o próximo 9 de
maio, comunicamos que:

- Apoiamos totalmente a convocatoria de folga no ensino público para o 9 de maio.
- Animamos á participación na concentración que se ha realizar ás 11:30 do mesmo día na praza do Toural, en Compostela.
- Rexeitamos, unha vez máis e coa mesma forza ca sempre, o que se coñece como Lei Wert, ou LOMCE, porque é un proxecto profundamente negativo para a nosa sociedade.
- Queremos unha educación pública integradora, laica,
igualitaria, garante de valores democráticos e fornecedora de cohesión
social.
- Entendemos a educación como un valor colectivo
que nos mellora como individuos e como partes do grupo social, e non
podemos concebila organizada sobre criterios mercantilistas ou
empresariais.


Por todo iso estaremos o día 9 apoiando todo aquilo que
se faga en calquera punto da nosa xeografía, e que serva para dicir moi
alto, que non queremos esta lei, que non a necesitamos, e que
pelexaremos contra dela ata que desapareza do noso futuro.