CONVOCATORIA ANPA 2013

 

 

 

            tlf.659555109 

anpa.pontepedrina@yahoo.es

 

 

 

NAIS, PAIS E/OU TITORES DO ALUMNADO DO IES PONTEPEDRIÑA: 


 

Desde a directiva da ANPA Amor Ruibal, queremos  convocarvos a unha asemblea  coa seguinte orde do día: 


 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 


 

Día e Hora: Martes, 30 de Abril de 2013 ás 19,30h. en primeira convocatoria e ás 20,00h. en segunda.  

Punto único da orde do día: 

1. Aprobación, se procede, da integración da nosa ANPA na Federación de ANPAS de Compostela.  


 

CONVOCATORIA ORDINARIA 


 

Día e Hora: Martes, 30 de Abril de 2013, celebrarase a continuación da Asemblea Extraordinaria. 

Orde do día: 

1. Lectura e aprobación da acta anterior. 

2. Charla arredor da ORIENTACIÓN PARA OS ESTUDOS UNIVERSITARIOS. 

3. Actividade de TEATRO 

4. Banco de libros. 

5. Convocatoria de Folga no Ensino para o 9 de Maio de 2013. 

6. Suxerencias e preguntas. 


 

Quixeramos
lembrarvos que na derradeira Asemblea Xeral de Socios/as, celebrada en
Outubro de 2012, os/as alí presentes acordaron que, no presente curso,
terán preferencia á hora de participar no Banco de Libros os socios/as
da ANPA. A cota é de 20€ e pode realizarse o pagamento en prazos ou
adiarse até o trimestre do curso que mellor conveña a cada familia. Polo
que vos rogamos que vos asociededes para facer oír a vosa voz. Os
acordos poden cambiarse participando nas xuntanzas e opinando arredor
das decisións tomadas.
 

Tamén
queremos lembrarvos que as formacións sindicais (de estudantes e
profesorado), a CONFAPA, a Federación de ANPAS e as Plataformas que
defenden o ensino público galego, convocaron para o vindeiro 9 de maio
unha Folga Xeral no Ensino como medida de loita contra os recortes pero
tamén, moi especialmente, para tentar paralizar a entrada en vigor da
nova lei educativa, LOMCE.
 

Engadimos
a esta convocatoria a FICHA DE INSCRICIÓN, a CONVOCATORIA DA CHARLA DE
ORIENTACIÓN, e o MANIFESTO DA PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO
PÚBLICO.
 


 

FAI OÍR A TÚA VOZ! VEN E PARTICIPA!


 

ANPA I.E.S. Pontepedriña anpa.pontepedrina@yahoo.es
R/ Amor Ruibal 28 CIF: G15345366

15702 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Nº conta ANPA: 3070 0035 21 6105421629 (Santiago de Guayaquil nº 1)       Cota 20€

CAIXA RURAL GALEGA


 

BOLETÍN DE INSCRICIÓN

Nai/pai, titor-a, Dna/D…………………………………………………………………………........

Rúa…………………………………………………………............Nº……..Portal…….Piso……...

C.Postal………..…...Poboación……....……..…………Concello……........…………………


 

DATOS D@ ALUMNADO

Nome

Apelidos

Curso


 

 

 

 

 

 

 



Tfno……......…………………Móbil.......…...…………e-mail……………………………………

……................……………………, a…....de…………………………do 20............….

O/A, pai/nai, titor/a  (sinatura)



(Selo do Banco)                     (Exemplar para Buzón da ANPA)

……………………………………………


*

ANPA I.E.S. Pontepedriña

anpa.pontepedrina@yahoo.es

R/ Amor Ruibal 28 CIF: G15345366

15702 Santiago de Compostela

(A Coruña)



A EQUIPA DE ORIENTACIÓN E A ANPA DO IES  PONTEPEDRIÑA


infórmanlle da actividade

dirixida principalmente para nais/pais

ORIENTACION DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS D@ ALUMNADO

Lugar:  IES Pontepedriña (Aula de usos múltiples)
Día e Hora:
Xoves 23 de maio ás 19.35 h.
Ponente:
Luis Mª Hervella Torrón, Profesor da USC e coordinador do programa A PONTE