BANCO DE LIBROS – SETEMBRO 2013

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DO IES PONTEPEDRIÑA

BANCO DE LIBROS – SETEMBRO 2013

Estimadas familias:
A ANPA puxo en marcha no curso 2011-12  un “banco de libros”.  En xuño deste curso 2012-13, volvemos repetir o intercambio. A iniciativa tivo moi boa collida, pero botamos en falta libros de 1º e 2º de BACHARELATO, pola contra o alumnado de 4º ESO foi exemplar na súa solidariedade, pois, a pesar de non ter opción a recibir libros de 1º de Bacharelato, participou activamente neste banco de libros, que seguirá á vosa disposición en Setembro.

Como podedes imaxinar, organizar isto non  foi un proceso sinxelo e requeriu da boa vontade e colaboración de todas as persoas interesadas.

Pedimos desculpas se nalgún caso se produciron problemas de comunicación entre as familias e  os membros das distintas ANPAS implicadas no proceso ou se non foron satisfeitas todas as vosas demandas ou necesidades.

A ANPA tomou nota das persoas que entregaran libros, das que viñeron a recollelos e das que están pendentes de recollelos e/ou entregalos despois dos exames extraordinarios.

Polo que queremos informarvos das datas nas que estaremos á vosa disposición no BANCO DE LIBROS de SETEMBRO:

? A  mañá do  venres 6 de setembro, para RECOLLIDA DE LIBROS

? A tarde do luns 9 de setembro, para a ENTREGA DE LIBROS

SE ALGUNHA PERSOA ESTIVESE INTERESADA E NON PUIDESE PASAR POLO INSTITUTO  ALGÚN DESES DOUS DÍAS NAS HORAS INDICADAS, PODE POÑERSE EN CONTACTO COA ANPA :

? TEL: 639975156 (Sofia)

? TEL: 663588556 (Luísa)

? Correo-e: anpa.pontepedriña@yahoo.es

Pontepedriña, martes 3 de Xullo de 2012

Moitas grazas pola vosa colaboración!

A ANPA

(http://www.edu.xunta.gal/centros/iespontepedrina/ )