Skip to Content

Recollida de material do alumnado no centro

Segundo as últimas instrucións recibidas, permitirase a entrada dos proxenitores do alumnado dende o momento en que se levanten as restricións de movemento, coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as.

Para estes efectos será preciso concertar cita previamente por vía telefónica, para o establecemento de quendas co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo. A presencia das nais e pais cumprirá as medidas de seguridade e sanitarias que se establezan (serán informados ao concertar a cita).

Convocatoria para o fondo solidario de libros de texto 2020-21

Achegamos a seguinte información referente á convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2020-21.

O prazo para a presentación das solicitudes inicia o 20/maio e remata o 19/xuño 2020, incluído.

 

Documento Guia Adaptación programación do terceiro trimestre do curso 2019/20

Adxuntamos o  Documento Guia Adaptación programación do terceiro trimestre do curso 2019/20 dos departamentos do IES de Pastoriza, tamen foi publicado en cada departamento individualmente.

Información relativa o Fin de curso 19/20

Debido as numerosas solicitudes de información que recibimos no centro respecto a varias cuestión deste fin de curso, a dirección do IES de Pastoriza quere facer as seguintes aclaracións.

1 A AVALIACIÓN ORDINARIA DE XUÑO mantense nas datas previstas de finais de xuño, cando teñamos aprobado o calendario de fin de curso se notificara as datas concretas, tamen se notificara vía mail, tokapp e publicación na páxina web como sera a entrega de boletíns, sobre de matricula 20/21 e entrega dos libros do Fondo de libros.

2 AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL 20/21: Estas dependen da Xunta e solicítanse no centro ou electrónicamente. A convocatoria todavía non está publicada. Agardamos que sexa a partir de mediados de maio. Se informara na paxina web da apertura da convocatoria.

 

Reapertura do prazo de admisión de alumnado

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a dirección do centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 9 a 14h na secretaría do colexio.
  • A presentación pode ser telemáticamente a traves da web admisionalumnado
  • Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo 

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO INSTITUTO.

  1. Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.
  2. Seguir indicacións na entrada, e manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto.

 NOTA IMPORTANTE: O instituto abre o luns 11, exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites e necesario concertar unha cita previa  por medio do teléfono do centro 981647517 ou a traves do mail do centro ies.pastoriza@iesdepastoriza.edu.es

Indicacións e materiais para o traballo durante o periodo de ALARMA

Achegamos indicacións por niveis para todas as materias: 

En caso de necesidade, solicitar informaciòn por correo electrónico, ao centro (ies.pastoriza@edu.xunta.gal) ou ao profesorado.

Permanencia do persoal nos centros educativos durante o periodo de ALARMA

Diante das modificacións derivadas da declaración do estado de alarma, acláranse as últimas instrucións remitidas pola Consellería de Educación:

Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas.

Ao longo dos próximos días, publicaremos información na páxina web do centro respecto das tarefas e dos materiais para o traballo do alumnado durante o tempo de suspensión das clases.

No caso de necesidade, contactar ao teléfono do centro (de 10 a 13h) ou preferiblemente por correo electrónico (ies.pastoriza@edu.xunta.gal).

 

Celebración do Entroido

O pasado venres celebramos o Entroido no centro, achegamos un recordo visual:

Grazas a Pablo Añón polo traballo realizado. 

Exposición de Cacharrófonos (Instrumentos musicais caseiros)

Un curso máis o alumnado de 2º ESO, convertidos en luthiers, realizaron unha morea de instrumentos musicais caseiros aproveitando materiais diversos baixo a batuta do departamento de Música.

Como pode apreciarse na exposición que durante estes días ten lugar no propio centro educativo a creatividade e a imaxinación dos alumnos e alumnas é mais que evidente. 

Achegamos unhas fotos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut