Skip to Content

Plan de Limpieza 2019 - Urban Planet Jump

O alumnado voluntario do Plan de Limpieza do curso 2018-19 participou nunha actividade lúdica nas instalacións de Urban Planet Jump, como agasallo en recoñecemento da labor prestada ao longo de todo o curso.

Plan de Limpieza - Día do Medio Ambiente

O pasado martes 4 de xuño, entregáronse os premios aos alumnos partipantes voluntariamente no Plan de Limpieza do centro, que conta con unha subvención da empresa Repsol para as actividades que se desenvolven durante o curso, xunto cos actos de celebración do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño).

Nesta ocasión, continuando coa tradición dos cursos anteriores, o alumnado colaborou na plantación dunha árbore (castaño) no recinto escolar.

O luns 10 de xuño, 5 alumnos participantes no Plan de Limpieza foron entrevistados nos estudios de Radio Voz por Pablo Portabales, con motivo da V edición do Plan de Limpieza do centro. Achegamos unhas fotos do evento.

Os actos do Día do Medio Ambiente foron motivo de atención nos medios de Prensa:

Saída do Club de Lectura

Para celebrar o fin de curso, premiamos a colaboración do alumnado participante no Club de Lectura cunha saída cultural:

  • Safari fotográfico no Castelo de Vimianzo
  • Xincana en Torres do Allo
  • Comida nos Muíños de Mosquetín.

Achegamos álbum fotográfico do evento.

Convocatoria para o Fondo Solidario de libros 2019-20

Achegamos a seguinte información referente á convocatoria do Fondo Solidario de Libros de texto para o curso 2019-20

Conmeración día das letras galegas

Dende o departamento de música achegamos un vídeo para a conmeración do día das letras galegas.

Ponencia Arteixo Innovación 2019

Presentación para as xornadas de Arteixo Innovación 2019:

V Campeonato de Robótica na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo

O pasado venres 26 de abril, 7 equipos do IES de Pastoriza participaron na V edición do Campeonato de Robótica organizado pola Escola de Enxeñería Industrial de Vigo. Os resultados acadados nas dúas categorías nas que participamos foron excelentes:

  • Categoría 1º-2º ESO: 1º + 2º premios
  • Categoría 3º-4º ESO: premio

Achegamos un vídeo do evento, e un álbum de fotos.

Notas de Prensa: 

Representación da obra de teatro The End of the Begining, pola compañía inglesa Moving On.

Os alumnos e alumnas de 3º y 4º de ESO tomaron parte  nunha obra interactiva sobre o Brexit, coa que aprenderon sobre as consecuencias da saída do Reino Unido da Comunidade Europea, e pasáronno de medo.
 

Exames Pendentes Maio 2019

A semana do 21 o 24 de maio realizaranse os segundos exames de materia pendente do curso 2018-19, o calendario de exames esta no ficheiro adxunto

Distribuir contido


by Dr. Radut