Skip to Content

Recollida de material do alumnado no centro

Segundo as últimas instrucións recibidas, permitirase a entrada dos proxenitores do alumnado dende o momento en que se levanten as restricións de movemento, coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as.

Para estes efectos será preciso concertar cita previamente por vía telefónica, para o establecemento de quendas co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo. A presencia das nais e pais cumprirá as medidas de seguridade e sanitarias que se establezan (serán informados ao concertar a cita).



page | by Dr. Radut