No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a dirección do centro informa do seguinte:
- O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 9 a 14h na secretaría do colexio.
- A presentación pode ser telemáticamente a traves da web admisionalumnado
- Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo
NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO INSTITUTO.
- Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.
- Seguir indicacións na entrada, e manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto.
NOTA IMPORTANTE: O instituto abre o luns 11, exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites e necesario concertar unha cita previa por medio do teléfono do centro 981647517 ou a traves do mail do centro ies.pastoriza@iesdepastoriza.edu.es