ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Taboleiro xeral
15 de novembro do "Día Mundial Sen Alcohol"
Con motivo da celebración o próximo 15 de novembro do Día Mundial Sen Alcohol, o programa de Estilos de Vida Saudable da Dirección Territorial de Sanidade da Coruña está organizando unha Campaña de Sensibilización en Redes Sociais e na rúa a través dunha enquisa cun soporte QR, o que permite unha rápida e ampla difusión.
Son 7 preguntas que se responden en menos de 1 minuto sobre o consumo de alcohol e a repercusión que isto poida ter en menores. A enquisa é anónima, e non deixa ningún dato referente a número de teléfono ou email desde o que se contesta. Só poden contestar maiores de idade, o que quere dicir que a enviamos para a súa difusión entre o profesorado e as familias.
Pedimos a vosa colaboración para coñecer a vosa opinión. PREME no cartaz para acceder ao cuestinario.
Como tratar a PEDICULOSE (Infestación de piollos na cabeza)
Nesta LIGAZÓN podedes consultar as indicacións do SERGAS para o tratamento desta infestación.
Primeiros auxilios (Escola galega de saúde para cidadáns)
Preme na imaxe para acceder ao contido
Taboleiro para a renovación do Consello Escolar 2024
Primeira comunicación 11 de outubro de 2024
Acta do sorteo da Xunta electoral 18 de outubro de 2024
Primeira Acta da Xunta electoral 28 de outubro de 2024
Convocatoria para nais, pais e responsábeis do alumnado modificada o 15 de novembro de 2024 para dar cumprimento ao disposto pola xunta electoral. (ver modificación)
Convocatoria para o profesorado modificada o 15 de novembro de 2024 para dar cumprimento ao disposto pola xunta electoral. (ver modificación)
Segunda acta da Xunta electoral 14 de novembro de 2024. Corrixido erro no segundo apelido dun dos candidatos a representante do profesorado Acta modificada
Calendario escolar e de avaliacións 2024-2025
As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e réxime especial realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.
A maiores dos días subliñados en vermello, non haberá clase o 4 de novembro e o 2 de maio, escollidos polo centro como festivos locais.
Guía de uso seguro da internet e as redes sociais
Relación de libros de texto aprobados para o curso 2024-2025
Premendo nos diferentes enlaces podes ver a relación de libros de texto aprobados.
INSTRUCCIÓNS PARA A CONEXIÓN Á REDE EDU XUNTA
Preme na imaxe para ver o documento
Servizos complementarios (transporte e comedor escolar)
O comedor escolar do centro (que funciona os luns e terá un máximo de 17 prazas) foi creado no seu día, non como medio de conciliación. A súa función é a de dar servizo ao alumnado que non ten servizo de transporte de mediodía. Vila de Vares, Mañón, Grañas, Ribeiras, Ermo, Insua e toda a liña de Couzadoiro.
A seguinte prioridade é atender aquel alumnado que, aínda tendo servizo, vive moi lonxe das paradas, e non ten tempo, ou ten moi pouco tempo para camiñar, xantar, camiñar, tomar de novo o autobús.
A partir de aí as prazas vacantes, ofertánse a alumnado cuxos responsábeis teñan a necesidade de conciliar no mediodía do luns.
A asistencia ao coro escolar e ás actividades tecnolóxicas amplía, cun servizo que paga o centro, a posibilidade de quedar en Ortigueira ao mediodía, coa fin de que o lugar de residencia nunca sexa obstáculo para a participación nestas actividades.
Descarga AQUÍ o modelo de autodeclaración no que autorizades á Consellería a consultar os vosos datos da renda, para contrastar co declarado e comprobar a exactitude do importe a satisfacer, de ser o caso.
Instrucción de comedores para o curso 24-25
O alumnado de ensinanzas non obrigatorias que empregue transporte escolar debe solicitar a Tarxeta Xente Nova
Consulta no arquivo adxunto a relación de paradas dos servizos de transporte.
Transporte escolar
Circular de transportes para o curso 24/25
Solicitude de modificación de itinerario
Nova normativa sobre teléfonos móbiles
PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á ORDE
(Recoméndase ler especialmente o disposto nas páxinas 10 e 11)
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »