ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Latín
Benvidos
In memoriam Xiao Roel
Ata sempre compañeiro
Instituto de Orballeira
Calan os rapaces o ár cala e lonxe cala o tempo primario coma un orballo para sempre perdido nas arestas certas da Capelada.
A aula é agora o lugar sagrado dun misterio alén nós onde son posibeis contos cantos cavilacións, o ensoño de Ortigueira.
Nen os nenos son eles nen eu o aburrido profe de latín, senón oficiantes dun rito seguro alén da conciencia. Perdémonos xuntos sos espallados polo indeciso aquí entre meras, allures a soñarmos festas imposíbeis.
Que fame de viaxes, da viaxe total e absoluta, da aventura onde enchermos das marabillas, baixo ceos de nós matinados, soldados dunha anábase certa polo campo arelado do lecer.
Soa o timbre e voltamos na desilusión do aquén. Rosa rosae. Carpe diem. Logo son ollos de xiz, a monodia agatuñando costas arriba do ensoño a penas albiscado.
Aos meus compañeiros na vida do Instituto. Sempre estades comigo.
Xiao Roel. Vigo 2004.
Escrito por Xiao para a revista publicada polo centro co gallo do seus primeiros 25 anos de funcionamento.
Blog de latín
Podes acceder ó blog de latín pinchando neste enlace
A mellor clase de latín da Historia
Accede a unha clase práctica e efectiva de latín
Material para ler ou descargar
Algúns materiais a empregar durante o presente curso
BREVIARIO de Eutropio (libro I)