ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Último número
Revista do 40 aniversario do centro
Neste apartado iremos colocando novas, artigos, e entrevistas realizadas a diferentes persoas que dun xeito ou doutro tiveron relación cos primeiros anos do Instituto. O conxunto constituirá a Revista do 40 Aniversario, que só estará dispoñible neste formato dixital.
1 Iniciamos a serie cunha entrevista que Bernardo Penabad fixo a Miguel A. García Fustes (Maikol). Preme AQUÍ.
2 Entrevista ao director do centro publicada en "La Voz de Ortigueira" do 3 de novembro de 2018. Preme AQUÍ
3 Apertura do acto polo Director do IES de Ortigueira. Preme AQUÍ
4 Imaxes da visita guiada e da comida. Preme AQUÍ
5 Presentación das "Palabras da Memoria", por Santiago Rodríguez, alumno da primeira promoción. Preme AQUÍ
6 Intervención de Bernardo Penabade no acto realizado no centro. Preme AQUÍ
7 Intervención de Inmaculada Soto alumna nos primeiros anos de funcionamento do Instituto. Preme AQUÍ
8 Mensaxe enviado por Xoan Ignacio Taibo, antiguo profesor, que foi lido por Maikol no acto realizado no centro. Preme AQUÍ
9 Imaxe da comida e agradecemento ao persoal do restaurante. Preme AQUÍ
10 Novas sobre o acto nos diarios: "La Voz de Galicia" "Diario de FERROL"
11 LIGAZÓN á galería de imaxes da Marathon Popular realizada no ano 1980.
12 Para ver a Presentación de fondo proxectada o día do acto, en formato PDF, descarga o primeiro arquivo adxunto.
14 No segundo arquivo adxunto podes escoitar unha interesante entrevista realizada polo Proxecto NEO a Santiago Suárez, profesor nos primeiros anos do centro
15 Parabéns da Consellaría de Educación co motivo desta celebración. Preme AQUÍ
SE TEDES MÁIS IMAXES DESTES ACTOS PODEDES ENVIALAS A
ies.ortigueira@edu.xunta.gal Asunto:Imaxes do 40 aniversario
CELEBRAMOS OS 40 ANOS DO INSTITUTO DE ORTIGUEIRA-PROGRAMA
Encontro da Comunidade Educativa Sábado, 3 de novembro de 2018
11:00 Recepción de participantes. (persoal e antiguo alumnado que desexe asistir)
11:30 Visita guiada ás instalacións.
13:30 Fotografía de grupo.
13:35 Palabras de Memoria.
15:00 Comida (Restaurante Orillamar)
Organiza: Comisión formada por antiguo profesorado do centro Colabora abrindo as instalacións: IES de Ortigueira
Imaxes cedidas por Modesto Cheda e Álvaro F. Polo
40 ANOS DE BACHARELATO EN ORTIGUEIRA
Neste curso 18-19 o Bacharelato cumpre 40 anos en Ortigueira. O IES de Ortigueira, daquela INB de Ortigueira iniciou o seu funcionamento no curso 1978-1979 nas instalacións onde hoxe está situada a Escola Municipal de Música, pois o edificio actual non puido ser inaugurado ata o curso 79-80. No ano 2003, co motivo do 25 aniversario, o centro elaborou unha revista, na que se recollen novas daqueles tempos publicadas na prensa local, e artigos de antiguo profesorado e alumnado do centro. As persoas que gostades das lembranzas podedes atopar información na Ligazón á revista que hai nesta páxina web, e neste artigo de Bernaldo Penabade, exalumno e exprofesor do centro, que amosa de xeito inequívoco a importancia do acceso universal á educación secundaria, que naqueles tempos aínda non fora acadado nestas terras. Tamén podedes observar a galería de imaxes. Debemos destacar que daqueles inicios aínda queda unha persoa en activo, a nosa administrativa Esther Garcinuño, que leva eses 40 anos de servizo público na Secretaría, acollendo con amabilidade e axudando a todas as persoas (alumnado e familias, profesorado, e persoal de administración e servizos) que foron pasando polo centro ao longo de todos estes anos.
1978 O primeiro claustro de profesorado co Director Enrique Tello. O claustro con Esther Garcinuño Fotos de Modesto Cheda (Conserxe do centro)
Foto de Esther con parte do persoal do centro o día da xubilación