ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Física e química
Á caza do Higgs por un día
Dous estudantes do IES de Ortigueira e outros case sesenta estudantes de secundaria de Galicia analizan na USC datos reais do maior acelerador de partículas do mundo. Na Masterclass conectan en directo co CERN e comparan resultados con rapaces doutros países
O bosón de Higgs, a partícula de Deus, existe para o mundo enteiro dende o 4 de xullo de 2012. Foi o día escollido polo Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) para anunciar que o Gran Colisionador de Hadróns (LHC), o maior acelerador de partículas do mundo, atopara, case con total seguridade, a peza clave para completar o modelo estándar da física. Pero as colisións de partículas nas que os investigadores atoparon o bosón máis famoso xa se rexistraran entre 2010 e 2011. Con parte deses datos, 60 estudantes de institutos de Galicia participaron o 17 de marzo na Facultade de Física de Santiago no programa International Masterclasses, no que poideron descubrir pola súa conta distintos candidatos a Higgs, xunto a outros tipos de partículas elementais.
Do IES de Ortigueira participaron Adrián Cora e Isabel Pereira, estudantes de 2º de bacharelato, acompañados polo profesor de Física Luis Freire. Os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer datos reais proporcionados polo CERN das colisións de partículas feitas co acelerador LHC de Xinebra
Según lles pedíron os profesores, os alumnos tiveron que identificar as partículas, e este ano por primeira vez tamén analizaron datos reais que conteñen o boson de Higgs e poden ver si existe algún novo candidato a esta partícula.
Aos rapaces impresionoulles traballar con algúns dos investigadores que participaron no descubrimento da partícula de Higgs.