ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
STEMBACH
Bacharelato de Excelencia STEM
Defensas orais dos proxectos do alumnadoda promoción 2021-23 do Bacharelato de Excelencia STEM no IES
O pasado mércores 22 de marzo, tivo lugar no Salón de Actos do IES, a defensa oral dos proxectos da segunda promoción do alumnado que finaliza o Bacharelato de Excelencia STEM.
O principal obxectivo de este bacharelato, é o de promover a vocación do alumnado fronte á investigación. Os 5 alumnos traballaron ao longo dos 2 cursos do Bacharelato en 4 proxectos de investigación en colaboración coa USC e a UDC. Estes proxectos, similares ao traballo fin de grao, foron co-dirixidos por un docente dun departamento do Sistema Universitario de Galicia (SUG), e titorizados por profesorado do IES que imparte a materia de “Iniciación á investigación”.
Os temas obxecto da investigación foron:
- “Cultivo in vitro de castaño: efecto de la ausencia de Mo y Mn en la multiplicación de Ilex x Koehneana: efecto de la inversión basal en auxina durante el enraizamiento”, de Ana Giz Grandío e Bruno Fojón Fernández.
- “Mulleres e política: Estereotipos de xénero no estudantado do IES de Ortigueira”, de Marcos Iglesias Díaz.
- “A óptica aplicada a situacións da vida cotiá”, de Sara Calvo Álvarez.
- “Diseño, construcción y ensayos de una máquina simuladora de pliegues”, de Uxía Murias Martínez.,
O equipo docente do Bacharelato STEM do IES de Ortigueira, dende aqui, quere dar a noraboa e moitos parabéns para os 5 alumnos e as súas familias.
Bacharelato STEM 23 24
Os pasados 12 e 18 de abril o alumnado matriculado no Bacharelato STEM, que no presente curso coordinou no centro a profesora Rosana Pita, fixo as defensas dos seguintes proxectos:
Raúl Doce Pernas e Xián Martínez Galdo "Ciberseguridade: ferramentas de Blue Team"
Diego López Area "Utilización de bioabsorbentes para o control de contaminantes emerxentes"
Ángela Suárez Pernas "Plataforma didáctica para o estudo do control de estabilidade dunha aeronave de ala fixa"
Aroa Miranda Castañeda "Redefinindo o patio escolar moderno. Propostas de mellora"
Tomás López Castiñeiras "Identificación de microplásticos na ría de Ortigueira"
Isabel Fustes Balseiro "Cambio e continuidade social, política e económica do século XX"
DEFENSA DE PROXECTO STEMBACH
O mércores 23 de febreiro, no Salón de actos, tivo lugar a defensa oral do proxecto STEMBACH da alumna de 2° de Bacharelato Nerea González. Para a realización do proxecto "Aplicacións biotecnolóxicas: Cultivo in vitro de un cultivar de Morus alba (Tigrenda)" Nerea foi coordinada dende a Universidade de Santiago de Compostela por Juan Luis Fernández Lorenzo, profesor do Departamento de Producción Vexetal da Escola Politécnica Superior no Campus de Lugo; e dende o IES de Ortigueira pola profesora de Bioloxía María Xosé Leiras García.
Esta defensa é a primeira que realiza un alumno do instituto dende a implantación do STEMBACH no curso 2020-2021.
PARABÉNS