ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Novas
I Edición do concurso "CIFRAS E LETRAS"
VISITA DE ANDREA MACEIRAS
Dentro do marco das actividades organizadas polo Equipo de Biblioteca e o departamento de Lingua galega e Literatura do IES de Ortigueira, o pasado 5 de marzo recibimos a visita da autora de literatura infantil e xuvenil Andrea Maceiras para presentar a súa obra “Alma de elefante”, premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil, 2022, con ilustracións de Jordi Solano.
A autora fixo unha presentación específica para o alumnado de 1º da ESO mais tamén recibiu alumnado doutros niveis que leu algunhas das súas obras no que vai de curso. Ao final da presentación asinoulle os seus libros moi amablemente.
MOITAS GRAZAS A ANDREA MACEIRAS E AO GRUPO ANAYA-XERAIS POLA ACTIVIDADE! GRAZAS AO ALUMNADO POR ESTAR Á ALTURA DA VISITA!
Concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva"
Viaxe a Compostela
O pasado 19 de abril o alumnado de 1º de ESO viaxou a Santiago de Compostela. O programa da xornada incluía unha visita guiada á Cidade da Cultura, unha exposición sobre surrealismo, un paseo polo casco histórico da capital de Galicia e, pola tarde, unha visita ao Museo das peregrinacións. As actividades, incluidas no Proxecto de Dinamización da lingua, serán completadas no centro cun traballo de afondamento sobre os contidos traballados na visita.
Participación de alumnado do centro no concurso organizado polo CIM do Concello
O equipo de dinamización da lingua fomentou entre o alumnado do centro a participación no concurso organizado polo Centro de Información á muller do Concello de Ortigueira.
Na imaxe podedes ver o relato gañador, elaborado por unha alumna que prefire manter o anonimato.
Concurso de microrrelatos 20-21
Preme no arquivo adxunto para ler os escritos premiados.
Actividade de coñecemento da regueifa
Neste mes de marzo, o alumnado da ESO está a realizar unha actividade interactiva sobre a regueifa, impartida no salón de actos por Carme, unha das guías do Museo do Pobo Galego. O alumnado tivo a ocasión de coñecer esta manifestación cultural galega e mesmo relacionala con outras máis modernas de características similares e moito calado na xuventude.
A actividade, organizada polo equipo de dinamización da lingua, remata coa composición e interpretación colectiva dunha pequena copla.
DÍA DE ROSALÍA
Alumnado do IES de Ortigueira participou o pasado luns 24 de febreiro, Día de Rosalía, nunha actividade na Residencia de persoas maiores de Ortigueira, coordinada polo Equipo de dinamización da lingua galega, en colaboración co Concello de Ortigueira, a asociación Ortigueira entre fogóns, e a asociación ASPROMOR.
Alumnas e alumnos do centro acompañaron a elaboración do "Caldo de gloria" coa lectura de poemas da nosa universal escritora. Ao rematar o acto as persoas maiores foron agasalladas cunha fermosa edición dun libro, coa que poderán ter máis presente a poesía galega no seu tempo de lecer.
Preme AQUÍ para ver máis imaxes da actividade.
Concurso de postais de Nadal 2019
Presentación do libro "Viaxe ao alén"
O luns 12 de decembro, no Salón de Actos, tivo lugar a presentación da novela "Viaxe ao Alén" de Luly Dopico, para o alumnado de Bacharelato e 2º ciclo de ESO. En primeiro lugar o profesor de Lingua Galega Sindo Martínez presentou á escritora, que xa era coñecida polo alumnado por ter exercido de mestra no CEIP "José Mª Lage" e polas súas novelas anteriores. A continuación proxectouse un audiovisual montado por Toñi Girón, con fermosas imaxes de Álvaro Fernández Polo que trataban de introducir aos futuros lectores no ambiente no que se desenvolve a historia. Finalmente tomou a palabra o cura párroco Francisco Javier Martínez, para introducir ao alumnado na trama, e a propia autora, que propuxo un reto para os lectores. O acto forma parte da programación do EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA para o curso 2019-2020.