ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Filosofía
BENVIDA.
Benvidos ó departamento de Filosofía do IES de Ortigueira.
Propoñovos un xogo inicial. Adiviñade de quen son cada unha destas caras.
MATERIAIS DE APOIO PARA PREPARAR A NIETZSCHE
1.Facede unha lectura atenta do capítulo correspondente do libro de texto.
2. Para iniciarvos no tema enlazovos varios vídeos de Fernando Savater:
3. Para profundizar engado un enlace a unha presentación de power point sobre a filosofía de Nietzsche.
4. Para rematar lede e esquematizade os textos da CIUGA relacionandoos coa teoría
VISITA Ó PARLAMENTO DE GALICIA E Ó MUSEO DO POBO GALEGO
Os alumnos de 1º Bac, sentados nos escanos dos parlamentarios, escoitan con moita atención as explicacións sobre o funcionamento desta institución.
Na escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego, única en Europa, comezou a explicación sobre a sociedade tradicional galega.
A nosa guía Marta, explicounos como as mulleres mantiñan a casa en pé, traballando dentro e fóra da casa e como o tempo de ocio e as festas veñen determinados polo ritmo dos diferentes traballos.
O Departamento de Filosofía, en colaboración co Departamento de Economía, organizou o pasado 21 de Abril unha excursión a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia e o Museo do Pobo Galego.
MATERIAIS DE APOIO SOBRE MARX
A continuación dous enlaces para axudarvos a preparar a Marx:
- Uns apuntamentos sinxelos tirados do blog dun profesor andaluz.
- Uns apuntamentos máis completos. Esta páxina pode servos útil tamén para outros autores: ten contextos, apuntamentos, textos e glosarios.