ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva"
O pasado 2 de marzo tivo lugar o concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva", que organiza cada ano a Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei, no que participou alumnado do noso centro.
Para a selección das nosas e dos nosos representantes realizouse unha fase inicial no centro na que o alumnado tivo que recitar un poema de Rosalía de Castro ou de Manuel María, segundo a súa libre elección. Nesta fase presentáronse un total de 20 alumnas e alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO, 1º BACH e 1º CB. O xurado, formado por profesorado do instituto, valorou o recitado e o alumnado que acadou maior puntuación foi o que nos representou no certame: Alba Pereira, Carlos Morán, Elián Martínez, Amelia Cortés e Brandán Castellanos. As 3 mellores puntuacións recibiron un agasallo do EDLG e do Equipo de biblioteca nesta fase inicial do concurso.
Á fase final de Outeiro de Rei acudiron 4 dos 5 representantes, debido a unha baixa por enfermidade.
Cómpre salientar o esforzo que fixeron estas alumnas e alumnos para chegar a representarnos no recital de Lugo. Sodes dignas e dignos representantes do noso centro e o IES de Ortigueira séntese orgulloso coas vosas fantásticas actuacións. PARABÉNS!