ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Novas
Outras actividades de Dinamización do curso 18-19
Nesta LIGAZÓN á galería de imaxes podes ver algunhas actividades de dinamización realizadas no curso 18-19, que non constan en entrada específica.
Como arquivos adxuntos podes ver os vídeos dos grupos participantes no concurso de disfraces de antroido.
Concurso de Microrelatos 18-19
Podes ver no arquivo adxunto a relación de MICRORELATOS premiados no corcurso organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua galega.
A relación de persoas premiadas é:
Primeira categoría:
Lucía Cao 3º ESO 1º premio
Erika Iglesias 3º ESO 2º premio
Carmen Penabad 3º ESO 3º premio
Segunda categoría: (premio compartido)
María Beceiro 4º ESA 1º premio
Álvaro Sampayo 4º ESO 1º premio
PARABÉNS
Actividades do Día do Libro 18-19
Organizado polo Departamento de Lingua castelá e polo equipo de dinamización lingüística do centro, desenvolveuse no Salón de Actos unha actividade de lectura continuada de diversos textos, levada a cabo polo alumnado de 1º de ESo e da F.P. Básica. Na entrada do centro fíxose unha exposición de composicións escritas realizadas polo alumnado de 2º de ESO. Nas seguintes ligazóns, podes ver imaxes da actividade.
LIGAZÓNS
Visitas a Compostela, Museo do Pobo Galego e TVG 18-19
Concurso de decoración de portas Samaín-Haloween 18-19
Así quedaron as portas das aulas trala marabillosa decoración realizada polo alumnado e
coordinada pola Equipa de Dinamización lingüística e o Departamento de Inglés.
E na Biblioteca "Rosalía de Castro". LIBROS DE MEDO
Conmemorando o Día de Rosalía
As actividades literarias realizadas nas aulas polo Departamento de Galego,
e na Biblioteca polo Equipo de Dinamización lingüística,
remataron coa composición desta imaxe na entrada do centro.
ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 16-17
CURSO 16-17
No documento que acompaña a este inclúese un cadro resumen coas actividades que finalmente desenvolvemos, que non son todas as programadas en decembro, pois o proxecto elaborado daquela só se puido cumprir parcialmente.
Algunhas das actividades foron suprimidas por razóns económicas, outras por cuestións de carácter organizativo. Entre as primeiras destaca a contratación do contacontos, o encontro co escritor ou a segunda das representacións teatrais. A do primeiro trimestre puido facerse porque foi organizada e costeada polo Concello.Entre as segundas podemos citar avisita ao Museo do Pobo Galego, que finalmente o departamento de Xeografía e Historia non programou.
Á hora de ir desenvolvendo as actividades tivemos en conta a dotación económica do curso pasado, considerándose tamén a posibilidade de que o centro costease en parte algunha actividade no caso de que o aportado pola Consellería non fose suficiente. É por iso que a suma das contías das actividades é superior á aportada.
TEMPORIZACIÓN |
TÍTULO DA ACTIVIDADE |
MATERIAL NECESARIO |
DESTINATARIOS |
ORZAMENTO |
20-21 de outubro |
Excursión ao Casón. Visita guiada, en galego, ao Castro e ao Castelo |
Autocar |
Alumnado de 1º e 2º de ESO |
330 euros |
Outubro |
Teatro en galego. Organizado polo Concello |
|
Todo o alumnado |
0 euros |
20 a 24 de febreiro |
Actividades de Entroido; exposición de persoeiros propios de Entroido galego, actuacións musicais e concurso de disfraces. |
Manequí, disfraces, gravadoras, fotocopias a cor, folios, paneis de exposición. |
Todo o alumnado |
20 euros |
Primeira quincena de maio |
Concurso de microrrelatos. |
|
Todo o alumnado |
100 euros |
31 de maio |
Excursión a Gaiás. Visita á exposición “da madeira á cadeira” |
Autocar |
Alumnado de 2º de ESO |
407 euros |
A Coordinadora de Equipo de Dinamización da Lingua Galega Vº e P do Director
Mª Xosé Leiras García Carlos E. Rodríguez Legarreta
Nesta LIGAZÓN podes ver varias imaxes das actividades realizadas , e premendo abaixo podes ler os traballos premiados no Concurso de Microrelatos.
CATEGORÍA 1 CATEGORÍA 2
Manuel María, autor homenaxeado o Día das Letras
Este ano o Día das Letras adícase á figura de Manuel María. No IES de Ortigueira, están a programarse diferentes actividades para conmemorar esta celebración. Hai uns días, o alumnado de 4º de ESO fixo unha visita guiada a Outeiro de Rei, para coñecer espazos importantes na súa obra e acudir á Casa Museo. Preme AQUÍ para ver varias imaxes da visita. Pola tarde visitaron Mondoñedo, terra de Cunqueiro.
Tamén está a programarse, para finais de maio, outra visita guiada, para o alumnado de 2º de ESO, que ampliará a saída cunha excursión á Granxa Marcelle.
Na imaxe podedes observar a Manuel María impartindo unha Conferencia sobre Otero Pedrayo no Salón de Actos do IES de Ortigueira, no ano 1988. O "Poeta da Terra Chá" fora presentado por un novísimo, entón, escritor desta terra, Manuel López Foxo, amigo e antólogo do autor homenaxeado este ano.
Escursión do alumnado de Lingua Francesa
TEATRO EN FRANCÉS E VISITA AO CGAI (CENTRO GALEGO DE ARTES DA IMAXE)
O luns 18 de xaneiro os alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que cursan Francés acudiron ao IES Universidade Laboral de Culleredo á representación de Dom Juan ou le festin de pierre.
Máis tarde, no CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) xa na Coruña, por iniciativa do equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, asistiron á proxección de catro curtametraxes galegas: Fendetestas (1975), de Antonio Simón, baseada na obra de Wenceslao Fernández Flórez O bosque animado; Mamasunción (1984), de Chano Piñeiro (recomendamos premer no nome da obra, ao pé da imaxe da carátula que aparece máis abaixo, para acceder á ficha artística que hai no Soportal do Audiovisual Galego); e dúas obras creadas por rapaces de 6º de Primaria e ESO de dous centros educativos da nosa Comunidade que foron premiadas recentemente. Estas últimas, de carácter documental, exploran unha realidade tristemente pasada, a da fábrica de conservas Massó en Cangas, e unha realidade fabril aínda viva, a de Cerámicas do Castro en Sada.