ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
DEFENSA DE PROXECTO STEMBACH
O mércores 23 de febreiro, no Salón de actos, tivo lugar a defensa oral do proxecto STEMBACH da alumna de 2° de Bacharelato Nerea González. Para a realización do proxecto "Aplicacións biotecnolóxicas: Cultivo in vitro de un cultivar de Morus alba (Tigrenda)" Nerea foi coordinada dende a Universidade de Santiago de Compostela por Juan Luis Fernández Lorenzo, profesor do Departamento de Producción Vexetal da Escola Politécnica Superior no Campus de Lugo; e dende o IES de Ortigueira pola profesora de Bioloxía María Xosé Leiras García.
Esta defensa é a primeira que realiza un alumno do instituto dende a implantación do STEMBACH no curso 2020-2021.
PARABÉNS