ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Servizos complementarios (transporte e comedor escolar)
O comedor escolar do centro (que funciona os luns e terá un máximo de 17 prazas) foi creado no seu día, non como medio de conciliación. A súa función é a de dar servizo ao alumnado que non ten servizo de transporte de mediodía. Vila de Vares, Mañón, Grañas, Ribeiras, Ermo, Insua e toda a liña de Couzadoiro.
A seguinte prioridade é atender aquel alumnado que, aínda tendo servizo, vive moi lonxe das paradas, e non ten tempo, ou ten moi pouco tempo para camiñar, xantar, camiñar, tomar de novo o autobús.
A partir de aí as prazas vacantes, ofertánse a alumnado cuxos responsábeis teñan a necesidade de conciliar no mediodía do luns.
A asistencia ao coro escolar e ás actividades tecnolóxicas amplía, cun servizo que paga o centro, a posibilidade de quedar en Ortigueira ao mediodía, coa fin de que o lugar de residencia nunca sexa obstáculo para a participación nestas actividades.
Descarga AQUÍ o modelo de autodeclaración no que autorizades á Consellería a consultar os vosos datos da renda, para contrastar co declarado e comprobar a exactitude do importe a satisfacer, de ser o caso.
Instrucción de comedores para o curso 24-25
O alumnado de ensinanzas non obrigatorias que empregue transporte escolar debe solicitar a Tarxeta Xente Nova
Consulta no arquivo adxunto a relación de paradas dos servizos de transporte.
Transporte escolar
Circular de transportes para o curso 24/25
Solicitude de modificación de itinerario
Adxunto | Tamaño |
---|---|
TR005ParadasPorCentro.pdf | 1.04 MB |